
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1314/0
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
07/05/2026 – 31/05/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Director/a:
Olalla García Fuentes/ Manuela Raposo Rivas
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
olalla.garcia.fuentes@uvigo.gal/ mraposo@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
21/04/2026 – 04/05/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
27/04/2026 – 05/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
24 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Teams
Horario
Formación virtual síncrona
07, 14, 21, 28 de maio de 16.30h a 20.30h
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 94 € | 84.6 € | 79.9 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 28,20 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
- Coñecer os condicionantes legais e os elementos clave dun programa de formación dual así como o papel que desempeñan os distintos axentes implicados (centro educativo, empresa/institución, titoría académica e titoría na entidade colaboradora).
- Analizar as funcións, responsabilidades e condicións da titoría en contextos duais, identificando necesidades de coordinación interinstitucional.
- Deseñar un plan básico de acollida e de seguimento do estudantado na entidade colaboradora, articulado co proxecto formativo.
- Seleccionar e empregar instrumentos de avaliación formativa (rexistros de seguimento, rúbricas e portafolios electrónicos, …) axeitados ao desenvolvemento de competencias profesionais en formación dual.
- Elaborar un proxecto formativo en alternancia que integre, entre outros, obxectivos e competencias, actividades, momentos de titoría e criterios de avaliación.
Destinatarios
Esta microcredencial está dirixida a persoas interesadas en adquirir ou mellorar competencias para a titorización, coordinación e acompañamento de programas de formación dual e prácticas en alternancia entre a institución educativa e a entidade colaboradora.
En particular, está orientada a:
- Titores e titoras de empresas ou entidades colaboradoras que participan en programas de formación dual ou en prácticas formativas en alternancia.
- Profesorado e persoal de centros educativos implicados na planificación, coordinación e seguimento de proxectos de formación dual, tanto no ámbito da Formación Profesional como no ámbito universitario.
- Profesionais interesados en iniciar ou mellorar a súa participación como axentes titoriais en programas de formación en alternancia, incluíndo funcións de acompañamento, orientación e avaliación do alumnado.
- Equipos directivos e persoal con responsabilidades de xestión educativa interesados en implementar, consolidar ou mellorar programas de formación dual desde unha perspectiva pedagóxica e organizativa.
Saídas Profesionais
A persoa egresada desta microcredencial disporá das capacidades, coñecementos e habilidades necesarias para exercer funcións de titoría, acompañamento e coordinación en programas de formación dual e prácticas en alternancia entre o centro educativo e a entidade colaboradora. Estará capacitada para comprender o modelo de formación dual desde unha perspectiva pedagóxica, organizativa e normativa, así como para situar o seu labor titorial como eixo vertebrador do proceso formativo do estudantado.A persoa egresada será quen de planificar e organizar itinerarios formativos duais adaptados ao contexto específico da empresa ou institución, deseñar plans de acollida e de seguimento do estudantado e acompañar os procesos de aprendizaxe en contornos profesionais reais, favorecendo a integración progresiva do alumnado e a reflexión sobre a experiencia formativa.Así mesmo, contará con competencias para establecer canles eficaces de comunicación e coordinación entre o centro educativo e a entidade colaboradora, promovendo unha visión compartida da aprendizaxe e garantindo a coherencia entre os obxectivos formativos, as actividades desenvolvidas e os procesos de avaliación. A persoa egresada poderá empregar instrumentos de avaliación coherentes cun enfoque competencial e formativo, tales como rexistros de seguimento, rúbricas e portafolios electrónicos ou outras ferramentas de apoio á titorización.Este perfil de egreso capacita para desempeñar funcións como titor/a académico/a, titor/a de empresa ou entidade colaboradora, coordinador/a de programas de formación dual, responsable de seguimento de prácticas en alternancia ou membro de equipos directivos e técnicos implicados na implantación, xestión e mellora de programas formativos duais, contribuíndo á calidade, á coherencia pedagóxica e á sustentabilidade deste modelo formativo.
Idioma
- Castelán 33.33%
- Galego 66.67%
Competencias Específicas
CE1 Planificar e organizar itinerarios formativos duais, adaptándoos ao contexto específico dunha empresa ou institución.
CE2 Acompañar ao estudantado en prácticas duais, facilitando a súa integración, observando o seu progreso e promovendo a reflexión sobre a experiencia vivida.
CE3 Establecer canles de comunicación e coordinación entre a institución educativa e a entidade colaboradora, favorecendo unha visión compartida do proceso de aprendizaxe.
CE4 Empregar ferramentas de avaliación coherentes cun enfoque competencial e co carácter formativo das prácticas
CE5 Revisar a propia actuación titorial e propoñer melloras desde unha perspectiva ética e reflexiva.
Competencias Transversais
CT1 Empatía e comunicación interpersoal
CT2 Colaboración e traballo en equipo
CT3 Habilidades de comunicación
CT4 Competencia dixital
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Copia do título universitario
Certificado de estudos previos
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Criterios de selección
Título de acceso preferente 40%
Experiencia laboral previa 40%Formación de posgrao específica 20%
Metodoloxía
- Formación Dual Universitaria
- Formación Profesional Dual
- Plan de acollida do estudantado no contorno profesional.
- Planificación de actividades e tarefas formativas en alternancia.
- Estratexias de seguimento: entrevistas, rexistros de observación, reunións de coordinación.
- Instrumentos de avaliación formativa e competencial na formación dual.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200827 | Módulo I. Marco legislativo y pedagógico de la formación dual | Obligatoria | 1.0 |
| 200828 | Módulo II. Diseño del acompañamiento y la evaluación en la formación dual | Obligatoria | 1.0 |
Profesorado
- Olalla García Fuentes
- Manuela Raposo Rivas
- Erlantz Allur Aramburu
- Mª del Carmen Sarceda Gorgoso
- Ma del Mar Sajuan Roca
- Milena Villar Varela
Avaliación
A microcredencial desenvolverase mediante un sistema de avaliación continua, integramente virtual, baseado na realización de actividades aplicadas vinculadas a cada módulo formativo. A avaliación estará orientada a comprobar a adquisición das competencias necesarias para a titorización, o acompañamento e a avaliación en programas de formación dual.
Exercicio de análise do propio contexto de formación dual e do rol titorial (Módulo I), que suporá o 10 % da cualificación final.
Deseño dun esquema dun plan de acollida e de seguimento do estudantado na entidade colaboradora (Módulo II), que suporá o 10 % da cualificación final.
Elaboración final dun proxecto formativo dual (produto integrador), que incluirá obxectivos, actividades, cronograma, roles titoriais e instrumentos de avaliación, e que suporá o 80 % da cualificación final.
Titulación
Microcredencial en ” Tutorizar a Formación Dual: deseño, acompañamento e avaliación en entornos compartidos”
