
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1313/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Xurídico Social
Inicio e fin
05/05/2026 – 31/05/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Nos últimos anos, a investigación educativa ten sinalado a necesidade de avanzar cara a enfoques de avaliación máis formativos, reflexivos e centrados no proceso, especialmente en contextos de titoría, acompañamento persoal, orientación académica e seguimento do desenvolvemento competencial do alumnado. Estes espazos educativos requiren estratexias avaliativas específicas que permitan comprender e apoiar procesos complexos de aprendizaxe, máis alá da simple medición de resultados académicos.
A literatura subliña a necesidade de empregar ferramentas avaliativas máis flexibles e coherentes cos enfoques pedagóxicos actuais, como o e-portafolio, as rúbricas e a análise de evidencias audiovisuais, que favorecen a avaliación formativa, a autorregulación da aprendizaxe e a toma de decisións fundamentadas por parte do profesorado.
Neste contexto, a titoría emerxe como un espazo privilexiado para unha avaliación auténtica e personalizada, na que o profesorado acompaña ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe e desenvolvemento integral.
Director/a:
Olalla García Fuentes/ Manuela Raposo Rivas
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
olalla.garcia.fuentes@uvigo.gal/ mraposo@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
21/04/2026 – 29/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
05/05/2026 – 31/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
24 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Teams
Horario
17 horas virtual síncrona
05, 12, 19, 26 de maio de 16.15h a 20.30h
Data límite de entrega do traballo: 31/05/2026
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 94 € | 84.6 € | 79.9 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 24,20 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
Comprender os fundamentos teóricos, funcións e finalidades da avaliación educativa, especialmente na titoría.
Identificar evidencias relevantes nun proceso de acompañamento e avaliación continuada.
Deseñar e aplicar portafolios electrónicos como instrumentos de avaliación formativa.
Construír rúbricas electrónicas fiables e adaptadas á avaliación de competencias persoais e profesionais.
Utilizar a vídeo-anotación como ferramenta para analizar interaccións, condutas, procesos cognitivos e seguimento reflexivo.
Destinatarios
O perfil ideal para esta formación é profesorado en exercicio nas distintas etapas educativas, incluíndo ensino obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional, FP Dual e universidade, así como persoas que desempeñan funcións de titoría, mentoring ou acompañamento educativo, demanda formacións breves, especializadas e de aplicación inmediata ao seu contexto profesional
Requisitos adicionales específicos de acceso ao título:
a) Ter experiencia docente ou desempeñar funcións relacionadas coa titoría, o acompañamento educativo, o mentoring, a orientación académica ou profesional, ou o seguimento competencial en calquera etapa ou contexto formativo (educación obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, FP Dual, educación superior ou formación non formal).
b) Poderán acceder preferentemente persoas con titulación universitaria no ámbito da Educación así como profesionais doutros ámbitos que acrediten experiencia vinculada á formación, á docencia ou ao acompañamento educativo.
c) No caso de persoas sen titulación universitaria oficial, poderase valorar o acceso en función da experiencia profesional acreditada en tarefas de titoría, formación, orientación, mentoring ou acompañamento educativo, de acordo coa normativa vixente e previa autorización da Comisión de Estudos Propios.
d) Non se requiren coñecementos técnicos avanzados nin experiencia previa no uso de ferramentas específicas de avaliación dixital, sendo suficiente un manexo básico das tecnoloxías da información e da comunicación e dispoñer de ordenador con conexión a Internet.Requirimentos de acceso a títulos modulares (microcredencial): solicitantes que, no acceso, teñan unha idade comprendida entre os 25 e os 64 anos.
Saídas Profesionais
A persoa egresada desta microcredencial será unha profesional capacitada para deseñar, aplicar e xestionar procesos de avaliación da aprendizaxe en contextos de titoría e acompañamento educativo, desde un enfoque formativo, reflexivo e orientado ao desenvolvemento competencial. A formación adquirida permitiralle empregar instrumentos avaliativos actuais e coherentes cos principios da avaliación formativa e auténtica, adaptándoos ás características do alumnado e aos distintos contextos educativos e formativos.
Ao rematar a microcredencial, a persoa titulada será quen de identificar, seleccionar e interpretar evidencias relevantes dos procesos de aprendizaxe e acompañamento, integrando información cualitativa e cuantitativa para realizar unha avaliación máis xusta, fundamentada e personalizada. Disporá, así mesmo, das competencias necesarias para deseñar e utilizar portafolios como ferramenta central de seguimento, reflexión e avaliación do desenvolvemento competencial do alumnado.
Ademais, a persoa egresada poderá construír e aplicar rúbricas válidas e fiables orientadas á avaliación de competencias persoais e profesionais, definindo criterios e niveis de logro claros, progresivos e observables. Tamén será capaz de empregar técnicas básicas de vídeo-anotación para a análise de interaccións educativas, condutas, procesos cognitivos e comunicativos, integrando esta información na reflexión sobre a práctica titorial e de acompañamento educativo.
Este perfil de egreso capacita á persoa titulada para desempeñar funcións de titoría, orientación, mentoring e seguimento competencial en diferentes etapas e ámbitos educativos (ensino obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional, FP Dual, educación superior e outros contextos formativos) contribuíndo á mellora da calidade educativa, á atención á diversidade e á toma de decisións avaliativas éticas e fundamentadas.
En consecuencia, esta microcredencial reforza o desenvolvemento profesional doprofesorado e doutros perfís vinculados á formación e ao acompañamento educativo, mellorando a súa empregabilidade e o seu desempeño profesional no marco da aprendizaxe ao longo da vida.
Idioma
- Castelán 66.7%
- Gallego 33.3%
Competencias Específicas
CE1 Deseñar, planificar e xestionar procesos de avaliación educativa en contextos de titoría.
CE2 Recoller, seleccionar e interpretar evidencias cualitativas e cuantitativas en procesos de acompañamento e avaliación continuada.
CE3 Deseñar e utilizar portafolios electrónicos como instrumento de avaliación formativa e de seguimento competencial do estudantado.
CE4 Construír rúbricas electrónicas válidas e fiables orientadas á avaliación de competencias persoais e profesionais, definindo criterios e niveis observables.
CE5 Empregar a vídeo-anotación na análise de interaccións, condutas e procesos cognitivos, integrando esta información na reflexión sobre a práctica.
CE6 Competencia reflexiva e ética para revisar a propia acción avaliativa, tomar decisións fundamentadas e axustar o acompañamento educativo ao perfil da persoa estudante.
Competencias Transversais
CT1 Pensamento crítico e analítico: capacidade de interpretar respostas e resultados con rigor, avaliando o seu impacto na toma de decisións estratéxicas.
CT2 Resolución de problemas: Aplicar metodologías e ferramentas para identificar e resolver desafíos
CT3 Comunicación eficaz: Capacidade de transmitir información técnica e resultados analíticos de forma clara e comprensible mediante visualizacións atractivas.
CT4 Adaptación ao cambio tecnolóxico: Aprender e actualizarse constantemente no uso de ferramentas avanzadas
CT5 Traballo en equipo e liderado
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Copia do título universitario
Certificado de estudos previos
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Criterios de selección
Título de acceso preferente 40%
Experiencia laboral previa 40%
Formación de posgrao específica 20%
Metodoloxía
- Conceptualización da avaliación educativa: que é e que non é avaliar.
- Finalidades: diagnóstica, continua, formativa e auténtica.
- O papel da titoría como espazo de avaliación e acompañamento.
- A avaliación como diálogo, reflexión e mellora continua.
- A avaliación como proceso ético e profesional: fiabilidade, validez e equidade.
- Elaboración e Tipos de rúbricas.
- Rúbricas para avaliar procesos socioemocionais, competencias, actitudes ou habilidades.
- Ferramentas para a elaboración de rúbricas electrónicas.
- Que é un portafolio e para que serve.
- Tipos de portafolios aplicables á titoría.
- Evidencias que poden integrarse.
- Estrutura básica dun portafolio de seguemento.
- Ferramentas para a elaboración do portafolio electrónico.
- Que é a vídeo-anotación.
- Ferramentas básicas accesibles.
- Como observar e anotar interaccións.
- A vídeo-anotación como evidencia avaliativa.
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200825 | I: Fundamentos de la evaluación educativa en la tutoría y la rúbrica como herramienta | Obligatoria | 1.0 |
| 200826 | II: El portafolio como instrumento de evaluación formativa y las vídeo-anotaciones para evaluar interacciones y reflexiones | Obligatoria | 1.0 |
Profesorado
- Olalla García Fuentes
- Manuela Raposo Rivas
- Manuel Cebrián de la Serna
- Violeta Cebrián Robles
- Ana Pérez Torregrosa
- Norma Torres Hernández
Avaliación
A avaliación da microcredencial realizarase mediante un sistema de avaliación continua (100 %).
O portafolio final constitúe o eixo central do proceso avaliativo e supón o 70 % da cualificación final. Este portafolio recollerá de maneira integrada as catro tarefas desenvolvidas ao longo dos distintos bloques da microcredencial: a reflexión inicial sobre a avaliación en titoría (15 %), o deseño dun prototipo de portafolio adaptado a un contexto real de titoría (20 %), a elaboración dunha rúbrica orientada á avaliación de competencias (20 %) e a realización dunha actividade de vídeo-anotación acompañada dunha reflexión crítica (15 %).
Ademais, valorarase a participación activa nas sesións síncronas e nas actividades curtas propostas ao longo do curso, que suporá o 30 % da cualificación final.
Para a superación da microcredencial, será necesario acadar unha cualificación mínima do 50 % do total, así como a entrega e superación de todas as tarefas obrigatorias incluídas no portafolio final. Este sistema de avaliación garante unha valoración continua, coherente e xusta do proceso de aprendizaxe, favorecendo a reflexión, a mellora progresiva e a transferencia do aprendido ao contexto profesional das persoas participantes.
Titulación
Microcredencial en “A avaliación da aprendizaxe en titoría: fundamentos e instrumentos”
