
Microcredenciales
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopediaCódigo: TCS:1309/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
23/05/2026 – 24/05/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
O Reformer destaca pola súa versatilidade e eficacia na rehabilitación, permitindo programas seguros, progresivos e personalizados. Esta formación especializada axudarache a integrar esta ferramenta na práctica fisioterapéutica, capacitándote para avaliar pacientes e deseñar exercicios terapéuticos adaptados con criterios de seguridade e evidencia científica. Responde así á demanda de profesionais capaces de incorporar o movemento como elemento central da rehabilitación. Inclúe a entrega dun traballo final
Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.
Director/a:
rocioabalo@uvigo.es
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
Mª Rocío Abalo Núñez
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
06/04/2026 – 11/05/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
13/04/2026 – 19/05/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
20 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Studio Pilates Pontevedra
Horario
Sábado e domingo de 9:00 a 14:00 a 15:00 a 20:00 horas.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 188 € | 169.2 € | 159.8 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 56,4 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
- Comprender os fundamentos biomecánicos, neurofisiológicos e terapéuticos do método Pilates e do uso do Reformer como ferramenta clínica aplicada á rehabilitación musculoesquelética.
- Aplicar de forma segura, razonada e técnicamente precisa os exercicios do Pilates Reformer, adaptándoos ao estado funcional e á evolución do paciente.
- Diseñar e progresar programas terapéuticos individualizados, integrando o Reformer dentro dun plan global de fisioterapia basado na evidencia
- Integrar o Pilates Reformer en contextos clínicos complexos, tomando decisións fundamentadas para optimizar os resultados funcionais e minimizar os riscos.
Destinatarios
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia
Saídas Profesionais
Coñecementos:
- Comprender os fundamentos do método Pilates Reformer aplicados á rehabilitación.
- Coñecer o repertorio de exercicios e as súas adaptacións clínicas.Habilidades:
- Aplicar e adaptar exercicios do Reformer segundo a valoración clínica.
- Programar sesións terapéuticas integradas nun plan de fisioterapia.
Capacidades profesionais:
- Deseñar intervencións individualizadas con Reformer en contextos sanitarios.
- Tomar decisións clínicas seguras e fundamentadas na práctica profesional.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Identificar os principios biomecánicos e neurofisiolóxicos do método Pilates Reformeraplicados á rehabilitación musculoesquelética
- Recoñecer o repertorio de exercicios e as súas progresións para a súa adaptaciónclínica en diferentes perfís de pacientes
- Executar e adaptar correctamente os exercicios do Reformer, axustando a técnica,carga e resistencia segundo a avaliación clínica
- Programar sesións terapéuticas estruturadas, integrando o Reformer dentro dun plande tratamento baseado na evidencia
- Deseñar plans terapéuticos individualizados que incorporen o Pilates Reformer deforma segura e orientada a obxectivos funcionais
Competencias Transversais
- Explicar con claridade instrucións e obxectivos ao paciente
- Colaborar con outros profesionais na planificación terapéutica
- Analizar información clínica e escoller a mellor intervención
- Actualizar coñecementos e mellorar a práctica de forma continua
- Identificar riscos e aplicar medidas de seguridade na sesión
Condicións de acceso
Documentación requerida para o acceso:
Documento de identificación
Título Universitario
Curriculum Vitae
Vida laboral
Criterios de selección
Criterios de admisión:
Anos de experiencia laboral (50%)
Curriculum Vitae (50%)
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200813 | Pilates Reformer para fisioterapeutas | Obligatoria | 2.0 |
Profesorado
Sebastián Jesús Aboial Quintás
Avaliación
A avaliación consistirá na entrega de un traballo realizado en parellas co desenvolvemento dunha sesión no método Pilates Reformer para un caso clínico exposto polo docente. Tamén se esixirá a asistencia ao 80% das horas do curso.
Titulación
Pilates Reformer para fisioterapeutas
