Ecografía musculoesquelética básica en fisioterapia

Microcredenciales

Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopediaCódigo: TCS:1306/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde

Inicio e fin

24/04/2026 – 24/05/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

5.0 ECTS

Estado

Matrícula

18 prazas

 

Descrición

A microcredencial está deseñada para dar resposta ás necesidades formativas actuais no ámbito da fisioterapia clínica, especialmente nas áreas de rehabilitación musculoesquelética, deportiva e funcional. A incorporación da ecografía como ferramenta de avaliación e apoio ao razoamento clínico representa un avance significativo na práctica profesional, ao permitir unha visualización directa, dinámica e en tempo real dos tecidos do aparato locomotor. A ecografía musculoesquelética converteuse nun recurso técnico fundamental para ampliar a capacidade diagnóstica e mellorar a precisión terapéutica dos fisioterapeutas. Sen embargo, a pesar do seu crecemento e utilidade contrastada, unha parte importante dos profesionais non dispón da formación necesaria para empregala de maneira eficaz na práctica diaria.

Esta microcredencial nace co obxectivo de achegar unha capacitación básica, rigorosa e aplicable, que permita aos fisioterapeutas integrar esta técnica na súa actividade asistencial de forma segura, eficiente e baseada na evidencia científica. É recomendable asistir en roupa deportiva

Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada. 

 

Director/a:

Mª Mercedes Soto González

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

m.soto@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
26/03/2026 – 16/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
17/04/2026 – 22/04/2026

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

50 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Fisioterapia Pontevedra

 

Horario

O curso desenvolverase en dúas fins de semana: 

– Do 24 ao 26 de abril

– Do 22 ao 24 de maio

Formación presencial, venres de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas, sábado de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas e o domingo de 9:00 a 14:00 Horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
470 € 423 € 399.5 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 141 euros (*)

*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)

**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.

 

Obxectivos

Adquirir coñecementos avanzados en ecografía musculoesquelética aplicada á fisioterapia.

Aplicar técnicas ecográficas básicas para a avaliación funcional dos tecidos.

Interpretar imaxes ecográficas no contexto da patoloxía musculoesquelética.

Integrar os achados ecográficos no razoamento clínico avanzado.

Utilizar a ecografía como apoio á toma de decisións en contornos clínicos complexos.

Desenvolver criterios críticos sobre a utilidade, indicacións e limitacións da ecografía na práctica fisioterapéutica.

Comunicar de forma clara e profesional os resultados da exploración ecográfica.

Promover a aprendizaxe autónoma e a actualización continua nesta técnica de imaxe

 

Destinatarios

Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia 

 

Saídas Profesionais

Coñecementos- Coñecer os fundamentos técnicos da ecografía musculoesquelética e os parámetros quecondicionan a calidade da imaxe.- Identificar a sonoanatomía básica e distingue imaxes normais de alteracións frecuentes entecidos brandosHabilidades- Manexar o ecógrafo, selecciona sondas e axusta parámetros para optimizar a imaxe durantea avaliación funcional.-Localizar estruturas anatómicas en tempo real e comunica os achados de forma clara e útilpara paciente e equipo asistencialCapacidades profesionais-Realizar exploracións ecográficas básicas aplicando protocolos sistematizados ereproducibles.-Integrar achados ecográficos no razoamento clínico para sustentar decisións terapéuticas

 

Idioma

Castelán 87,5% e galego 12.5%

 

Competencias Específicas

Manexar o ecógrafo de forma segura e axusta os parámetros básicos (sonda, profundidade, foco, ganancia, doppler) para obter imaxes de calidade

Realizar exploracións sistemáticas de músculos, tendóns, ligamentos e articulacións seguindo protocolos recoñecidos de varrido.

Identificar estruturas anatómicas normais e recoñece alteracións ecográficas frecuentes relevantes en fisioterapia

Recoñecer artefactos ecográficos habituais (anisotropía, reverberación, sombra…) e modifica a técnica para reducilos.

Integrar os achados ecográficos coa avaliación clínica para fundamentar hipóteses, priorizar intervencións e apoiar a toma de decisións

Comunicar os achados ecográficos de forma clara a profesionais e pacientes, empregando a imaxe como ferramenta de educación e biofeedback

 

Competencias Transversais

Comunicar de maneira clara, precisa e adaptada ao paciente ou profesional sanitario os achados clínicos e ecográficos, favorecendo unha comprensión compartida do proceso asistencial.

Analiza información clínica e técnica procedente de diferentes fontes, valóraa de forma crítica e toma decisións fundamentadas na evidencia científica e na boa práctica profesional.

Abordar situacións clínicas cambiantes ou pouco definidas aplicando métodos de resolución de problemas, adaptándose ás necesidades do paciente e integrando datos obxectivos como a imaxe ecográfica.

Identificar as súas propias necesidades formativas, busca literatura científica relevante e actualiza os seus coñecementos de forma autónoma, asegurando unha práctica baseada na evidencia

Actúar en consonancia cos principios éticos da fisioterapia, garantindo a seguridade, privacidade e benestar da persoa atendida, e empregando a ecografía e os datos clínicos de forma responsable e dentro das competencias profesionais.

 

Condicións de acceso

Documentación requerida para o acceso:

Documento de identificación

Título Universitario

Curriculum Vitae

Vida laboral

 

Criterios de selección

Criterios de admisión:

Anos de experiencia laboral (50%)

Curriculum Vitae (50%)

 

Metodoloxía

MÓDULO TEÓRICO:
a. Principios básicos e bases físicas da ecografía 
b. Terminoloxía da ecografía (imaxe, frecuencia, transdutores, foco, ganancia, artefactos)
c. Exame ecográfico (Doppler cor, Doppler cor de potencia, panorámico, 3D, elastografía)
d. Vantaxes e desvantaxes
e. Ecografía do sistema musculoesquelético
f. Anatomía ecográfica de músculo, tendón, ligamento, tecido sinovial e bolsa, óso, cartilaxe, nervios, pel, tecido subcutáneo e vascular.

MÓDULO PRÁCTICO:
a. Extremidade superior: Anatomía, función, localización e monitorización ecográfica, musculatura (cintura escapular, cóbado). Cintura escapular: infraespiñal, supraespiñal, subescapular, redondo menor e maior, pectoral maior, coracobraquial, bíceps braquial e deltoide. Cóbado: tríceps braquial, braquiorradial, pronador redondo, pronador cuadrado, extensor longo dos dedos, extensor longo radial do carpo.
b. Extremidade inferior: anatomía, función e localización ecográfica e seguimento da musculatura (cadeira, xeonllo, nocello). Cadeira: Tensor da fascia latae, glúteo maior, mínimo e medio, piriforme, pectíneo, iliopsoas, aductor longo, aductor curto, aductor grande e gracilis, cuádriceps, recto femoral, isquiotibiais. Xeonllos: cuádriceps, recto femoral, banda iliotibial, isquiotibiais. Nocello: peroneo corto, peroneo longo, tibial anterior, gastrocnemio, sóleo e plantar.
c. Columna lumbar: anatomía, función e musculatura extensora e estabilizadora do tronco (lumbopélvica). Lumbar: multífido, iliolumbar, cadrado lumbar.

 

Materias

id nome caracter créditos
200803 Ecografía básica en fisioterapia Obligatoria 5.0

 

Profesorado

  • Mª Mercedes Soto González
  • Iria Da Cuña Carrera
  • Juan Antonio Doce González

 

Avaliación

Observación sistemática

 

Titulación

Microcredencial en Ecografía musculoesquelética básica en fisioterapia