Soporte Vital Básico yedesfibrilador externo semiautomático. SVB+DESA

Microcredenciales

Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopediaCódigo: TCS:1303/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde

Inicio e fin

18/04/2026 – 19/04/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

2.0 ECTS

Estado

Finalizado

14 prazas

 

Descrición

Nesta Microcredencial exponse unha formación breve e orientada á práctica para responder á necesidade crecente de capacitación no ámbito da atención urxente e emerxente. O programa céntrase en dotar ao persoal de enfermería de competencias básicas para identificar situacións de urxencia, emerxencia e catástrofe, recoñecer signos de gravidade e realizar unha valoración inicial adecuada.

Inclúese a comprensión da organización de dispositivos asistenciais e a integración efectiva nos equipos durante os primeiros momentos da atención e responde a unha demanda social e profesional vinculada á actualización competencial e á mellora continua requirida no ámbito sanitario. Axústase aos principios da formación continuada, orientada á actualización de coñecementos e á adaptación ás necesidades reais do sistema asistencial.

Ademais conta co respaldo de referentes profesionais e científicos do campo das urxencias e emerxencias, que avalan a pertinencia e especificidade desta formación. Presenta un carácter introdutorio, práctico e complementario, atendendo unha necesidade formativa non cuberta por outras ofertas de maior extensión ou especialización.

 

Director/a:

María del Rocío Abalo Núñez

Teléfono contacto:

986 130 304

Email contacto:

rocioabalo@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
23/03/2026 – 12/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/04/2026 – 16/04/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Fisioterapia Pontevedra

 

Horario

Sábado e domingo de 9:00 a 14:00 a 15:00 a 20:00 horas.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
188 € 169.2 € 159.8 €

 

Obxectivos

Identificar de maneira rápida e precisa unha parada cardiorrespiratoria e activar correctamente a cadea de supervivencia.

Realizar manobras de Soporte Vital Básico seguindo as recomendacións actualizadas e garantindo a seguridade da contorna.

Empregar o desfibrilador externo semiautomático segundo os procedementos establecidos para unha desfibrilación eficaz.

Intervir de forma organizada e eficiente en situacións de emerxencia, priorizando as accións críticas.

Comunicarse de maneira clara e coordinarse adecuadamente con outros intervintes duranteun proceso de reanimación.

 

Destinatarios

Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia que no curso 2025-26 teñan cumplidos entre25 e 64 anos

 

Saídas Profesionais

Coñecementos:

– Coñecer os principios da cadea de supervivencia e identificar unha parada cardiorrespiratoria.

– Comprender os procedementos actualizados de SVB e o funcionamento básico do DESA.

Capacidades profesionais:

– Executar manobras de RCP básica con calidade e utilizar correctamente un DESA.

– Comunicarse de forma efectiva co equipo asistencial e cos servizos de emerxencias.

Habilidades:

– Actuar con autonomía e responsabilidade en situacións críticas tempo-dependentes.

– Tomar decisións rápidas e coordinarse adecuadamente con outros profesionais sanitarios.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

Recoñecer con precisión unha situación de parada cardiorrespiratoria, identificando sinais clínicos e valorando o estado da vítima conforme aos criterios establecidos en contornas sanitarias.

Aplicar correctamente as técnicas de Soporte Vital Básico (SVB), executando compresións torácicas e ventilacións segundo as guías europeas para garantir unha intervención segura e eficaz.

Manexar un desfibrilador externo semiautomático (DESA), seguindo as instrucións do dispositivo e os protocolos de actuación para realizar unha desfibrilación axeitada.

Coordinarse eficazmente con outros profesionais sanitarios, comunicando indicacións, necesidades e procedementos durante a atención a unha emerxencia tempo-dependente.

Actuar de maneira autónoma e estruturada ante situacións críticas, priorizando intervencións, garantindo a seguridade do entorno e aplicando procedementos normalizados de asistencia.

 

Competencias Transversais

Comunicación clara en emerxencias.

Toma de decisións rápidas en situacións críticas.

Coordinación eficaz co equipo asistencial.

Actuación autónoma con responsabilidade profesional.

Actualización continua segundo guías vixentes

 

Condicións de acceso

Documentación requerida para o acceso:

Documento de identificación

Título Universitario

Curriculum Vitae

Vida laboral

 

Criterios de selección

Criterios de admisión:

Anos de experiencia laboral (50%

Curriculum Vitae (50%)

 

Materias

id nome caracter créditos
200803 Ecografía básica en fisioterapia Obligatoria 5.0

 

Profesorado

Paloma díaz Vila

 

Avaliación

A avaliación consistirá na realización en parellas dun caso clínico exposto polo docente.
Tamén se esixirá a asistencia ao 80% das horas do curso

 

Titulación

Microcredencial Soporte Vital Básico e desfibrilador externo semiautomático. SVB+DESA