Ferramentas de comunicación para PEMES

Microcredenciales

Ámbito: Periodismo, comunicación, publicidade e relacións públicasCódigo: TCS:1300/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

15/04/2026 – 21/05/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

5.0 ECTS

Estado

En curso

30 prazas

 

Descrición

Cun enfoque eminentemente práctico, o curso fará un percorrido polas principais ferramentas de comunicación corporativa.

Para quen? Autónomos, PEMES, emprendedores e profesionais interesados en formarse en comunicación

Para que? As persoas que estean a comezar, ou a piques de comezar, a súa actividade profesional, aprenderán como enfocar e planificar a súa comunicación; e as empresas ou profesionais que queran facer medrar o seu negocio, lograrán atraer a un grupo maior  dentro dos seus públicos potenciais

De que falaremos? Branding, identidade gráfica, creatividade, publicidade, relacións públicas, eventos, comunicación dixital, redes sociais, planificación de medios, entre outros.

 

Director/a:

Carmen Maíz Bar

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

maizbar@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
18/03/2026 – 12/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/03/2026 – 13/04/2026

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

46 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Clases presenciais no Edificio Redeiras en Vigo

 

Horario

Mércores, xoves e venres en horario de tarde. 

15/04/2026- Mércores 16:00 – 18:00 : Introdución á comunicación corporativa 

16/04/2026- Xoves 16:00 – 19:00 : Ferramentas de comunicación corporativa 

17/04/2026- Venres 16:00 – 19:00 Relacións públicas e eventos 

22/04/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Formatos publicitarios

23/04/2026- Xoves 16:00 – 18:00 : Branding

24/04/2026- Venres 16:00 – 19:00 Creatividade 

29/04/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Identidade gráfica 1 

30/05/2026- Xoves 16:00 – 19:00 : Identidade gráfica 2 

06/05/2026- Mércores 16:00 – 18:00 : Canles e medios 

07/05/2026- Xoves 16:00 – 19:00 Planificación de medios 1 

08/05/2026- Venres 16:00 – 19:00 : Planificación de medios 2

13/05/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Planificación de medios 3 

14/05/2026- Xoves 16:00 – 19:00 : Comunicación dixital 

15/05/2026- Venres 16:00 – 19:30 : Ferramentas dixitais 

20/05/2026- Mércores 16:00 – 19:00 : Redes sociais

21/05/2026- Xoves 16:00 – 19:30 : Plan de contidos dixitais 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
325 € 292.5 € 276.25 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 97,5 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

O obxectivo xeral do título Ferramentas de comunicación corporativa para PEMES é capacitar ao alumnado para deseñar, xestionar e implantar estratexias de comunicación corporativa adaptadas á realidade das pequenas e medianas empresas.

Así mesmo, o título ten como obxectivos:

  • Facilitar a transferencia directa de coñecementos e competencias da contorna académica á contorna profesional.
  • Contribuír á profesionalización da comunicación en PEMES, favorecendo a súa visibilidade e competitividade.
  • Dotar ao alumnado dunha visión integral da comunicación corporativa, entendida como ferramenta estratéxica de xestión empresarial.

 

Destinatarios

Autónomos, PEMES, emprendedores, profesionais interesados en formarse en comunicación.

 

Saídas Profesionais

Emprendedor/a ou empresario/a con competencias en comunicación corporativa

 

Idioma

  • Castelán 75%
  • Galego 25%

 

Competencias Específicas

CE1 Comprender a función estratéxica da comunicación corporativa no contexto das pequenas e medianas empresas.

CE2 Deseñar e executar accións elementais de relacións públicas e comunicación publicitaria.

CE3 Xestionar os elementos esenciais do branding e da identidade corporativa gráfica.

CE4 Seleccionar e planificar canles e medios de comunicación adecuados aos obxectivos e públicos da organización.

CE5 Xestionar a comunicación dixital e as redes sociais desde unha perspectiva estratéxica e profesional.

 

Competencias Transversais

CT1 Capacidade para planificar e organizar tarefas e proxectos en contextos profesionais.

CT2 Habilidade para a toma de decisión e a resolución de problemas en contornas empresariais.

CT3 Capacidade para traballar de xeito autónomo e aplicar os coñecementos á prácticaprofesional.

CT4 Capacidade para comunicarse de xeito eficaz en contextos profesionais.

CT5 Capacidade para utilizar ferramentas dixitais de forma básica e funcional no eido laboral.

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición

 

Metodoloxía

– Introdución á comunicación corporativa (2h)
– Ferramentas de comunicación corporativa (3h)
– Relacións públicas e eventos (3h)
– Formatos publicitarios (3h)
– Branding (2h)
– Identidade gráfica (6h)
– Creatividade (3h)
– Canles e medios (2h)
– Planificación de medios (9h)
– Comunicación dixital (3h)
– Ferramentas dixitais (3,5h)
– Redes sociais (3h)
– Plan de contidos dixitais (3,5h)

 

Profesorado

  • Vicente Badenes Plá 
  • Carmen Máiz Bar 
  • Julinda Molares Cardoso
  • Raquel López Castro 
  • Patricia Ricón Rodríguez

 

Avaliación

Avaliación continua durante a impartición do curso con exercicios na aula.

 

Titulación

Microcredencial en Ferramentas de comunicación para PEMES