Fabricación de elementos para construcción industrializada

Microcredenciales

Ámbito: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñaría civilCódigo: TCS:1299/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

09/04/2026 – 25/04/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

5.0 ECTS

Estado

En curso

50 prazas

 

Descrición

Esta microcredencial ten como obxectivo ofrecer unha resposta formativa estruturada e orientada ao exercicio profesional, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades técnicas para desempeñar funcións clave na nova cadea de valor da construcción.
O curso capacita para comprender e aplicar procesos e estratexias de fabricación industrializada de elementos para a construción, incluíndo tipoloxías 2D, 3D e híbridas, organización da produción en planta, control de calidade, integración BIM‐CAD‐CAM, loxística JIT, automatización e sostibilidade. Destaca a precisión, eficiencia e seguridade que achega a produción en planta, e o rol estratéxico do fabricante na cadea de valor.
Esta microcredencial forma parte do bloque optativo do programa de “Experto Universitario en Construción Industrializada”. 

 

Director/a:

Jorge Cerqueiro

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

jcerquei@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
23/03/2026 – 08/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
06/04/2026 – 08/04/2026

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

40 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, Sede Campus

 

Horario

Xoves e venres de 16.00 a 21.00 horas. Sábados de 9.00 a 14.00 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
470 € 423 € 399.5 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 141 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

Primarios: Capacitar no deseño e fabricación de elementos prefabricados para construciónindustrializada. Implantar sistemas de produción en planta, control de calidade, integración BIM e loxística.Secundarios: Aplicar criterios de sostibilidade e seguridade en planta. Analizar casos reais e boas prácticas.

 

Destinatarios

Profesionais titulados: enxeñeiros/as, arquitectos/as e técnicos/as relacionados coa construción, interesados en adquirir competencias na fabricación de compoñentes para a construción industrializada.

 

Saídas Profesionais

Deseño e fabricación de elementos prefabricados, xestión de produción en planta, control de calidade, integración BIM‐CAD‐CAM e loxística JIT.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Deseñar e fabricar elementos prefabricados.

CE2 Organizar procesos de produción en planta.

CE3 Implantar control de calidade e trazabilidade.

CE4 Integrar BIM‐CAD‐CAM na fabricación.

CE5 Aplicar criterios de sostibilidade e PRL.

 

Competencias Transversais

CT1 Capacidade de traballo en equipo multidisciplinar.

CT2 Comunicación técnica efectiva oral e escrita.

CT3 Resolución de problemas complexos en contextos industriais.

CT4 Adaptación tecnolóxica continua.

CT5 Ética profesional e responsabilidade social.

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título Universitario

Curriculum vitae

 

Criterios de selección

No caso que existan máis solicitudes que prazas, teñen preferencia para matricularse os titulados en Arquitectura e Enxeñaría.

 

Metodoloxía

Tema 1. Introdución á Construción Industrializada.
‐ Principios do deseño industrial.
‐ Sistemas 2D/3D/híbridos.
‐ Vantaxes da fabricación en planta.
‐ DfMA.
‐ Rol do fabricante.
Tema 2. Tipoloxías de Elementos Prefabricados.
‐ Elementos estruturais.
‐ Paneis e fachadas.
‐ Módulos volumétricos.
‐ Elementos MEP integrados.
‐ Cálculo de prefabricados.
Tema 3. Procesos de Produción en Planta.
‐ Organización de liñas.
‐ Corte, moldeo e ensamblaxe.
‐ Equipamento industrial.
‐ Control de tempos.
‐ Lean Manufacturing.
Tema 4. Xestión de Calidade na Fabricación.
‐ Protocolos de inspección.
‐ Control de materiais.
‐ Ensaios e probas.
‐ Certificación CE.
‐ Documentación técnica.
Tema 5. Fabricación con Modelos BIM.
‐ Lectura de modelos.
‐ Listas de materiais.
‐ Integración BIM‐CAD‐CAM.
‐ Produción guiada por datos.
Tema 6. Loxística e Preparación.
‐ Embalaxe e etiquetaxe.
‐ Secuenciación de montaxe.
‐ Transporte especial.
‐ Control de entregas JIT.
Tema 7. Automatización e Dixitalización.
‐ Robótica e CNC.
‐ Trazabilidade QR/RFID.
‐ Integración ERP/MES.
‐ Fábrica 4.0.
Tema 8. Sostibilidade e Seguridade en Planta.
‐ Xestión de residuos.
‐ Economía circular.
‐ Avaliación ambiental (ACV).
‐ PRL en planta.
Prácticas: Análise de casos reais de fabricación e boas prácticas.

 

Profesorado

  • Jorge Cerqueiro Pequeño 
  • Francisco Javier De La Puente Crespo
  • Daniel Hermosilla Hermida 
  • Emma Romero Brey 
  • Evelio Eduardo Sánchez Juncal

 

Avaliación

Traballos prácticos: 80%.

Participación activa nas sesións: 20%.

A avaliación se fará a partires da corrección das entregas demandadas.

 

Titulación

Microcredencial en Fabricación de elementos para a construción industrializada