Neurodiverxencias na aula. Ferramentas para unha educación inclusiva

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1292/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Arte e humanidades

Inicio e fin

18/05/2026 – 22/05/2026

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

2.0 ECTS

Estado

Preinscrición

40 prazas

 

Descrición

Esta microcredencial ofrece unha formación especializada sobre as neurodiverxencias na aula e proporciona ferramentas prácticas para promover unha educación inclusiva en contextos educativos formais e non formais. O curso aborda a diversidade neurocognitivadesde un enfoque baseado en dereitos, inclusión e atención á diversidade.

Ao longo da formación, o alumnado adquirirá coñecementos para identificar barreiras á aprendizaxe e á participación, analizar as necesidades educativas do alumnado neurodiverxente e deseñar estratexias pedagóxicas inclusivas. Traballaranse metodoloxías activas, adaptacións curriculares, deseño universal para a aprendizaxe (DUA) e ferramentas de avaliación flexibles que favorezan a participación e o benestar de todo o alumnado.

A microcredencial ten un enfoque aplicado e orientado á práctica profesional, combinando fundamentos teóricos coa análise de casos reais, o deseño de propostas inclusivas e a reflexión sobre a práctica docente. A avaliación realizarase mediante portafolio e estudos de caso, favorecendo a transferencia das aprendizaxes a contextos educativos reais.Esta formación está dirixida a docentes, profesionais da educación, da orientación e do apoio educativo, así como a persoas interesadas en desenvolver competencias para construír contornos de aprendizaxe máis equitativos, accesibles e inclusivos.

Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.

 

Director/a:

Sara Domínguez Lloria

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

saradominguez.lloria@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
06/03/2026 – 08/05/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
13/04/2026 – 13/05/2026

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

20 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
O curso e virtual síncrono e as clases desenvolveranse a través da plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

18 de maio 16:00 a 20:00 online 
19 de maio 16:00 a 20:00 online 
20 de maio 16:00 a 19:30 online 
21 de maio 16:00 a 20:30 online 
22 de maio 16:00 a 20:00 online 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
50 € 45 € 42.5 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 15 euros (*)

*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)

**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.

 

Obxectivos

  • Especializarse na comprensión da diversidade neurocognitiva e na resposta educativa inclusiva en contextos formais e non formais, desde un enfoque baseado en dereitos, evidencia e benestar.
  • Identificar e analizar perfís de neurodivergencia e as principais barreiras á aprendizaxe xa a participación vinculadas ao contexto (organizativas, metodolóxicas, comunicativas, sensoriais e emocionais).
  • Deseñar intervencións e axustes razoables baseados no DUA (Deseño +Universal para a Aprendizaxe) e na evidencia, axustados ás necesidades do alumnado e ás condicións do centro.
    Implementar metodoloxías activas e apoios (incluídas tecnoloxías de apoio) que favorezan a participación, a accesibilidade e o benestar, minimizando prácticas excluíntes.
  • Desenvolver procedementos de avaliación flexibles, formativos e xustos, con criterios explícitos e instrumentos adaptables, garantindo validez e equidade.
  • Coordinar a resposta educativa con familias e equipos interprofesionais, aplicando criterios éticos, confidencialidade e boas prácticas de acompañamento.

 

Destinatarios

Dirixido prioritariamente a profesorado en exercicio (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas artísticas) e a profesorado en formación (grao e máster deformación do profesorado) interesado en adquirir competencias para unha resposta educativa inclusiva ante a neurodiversidade.

 

Saídas Profesionais

Ao rematar, o alumnado estará capacitado para:

  • Deseñar, implementar e avaliar medidas inclusivas baseadas no DUA e en axustes razoables para alumnado neurodiverxente en contextos de aula.
  • Planificar apoios e adaptacións en organización, metodoloxía, comunicación e accesibilidade sensorial, favorecendo participación e benestar.
  • Aplicar avaliación inclusiva e flexible (criterios claros, instrumentos adaptables, feedback formativo) garantindo equidade e validez.
  • Elaborar protocolos e materiais de aula (guías, rúbricas, secuencias didácticas, recursos accesibles) transferibles ao centro.
  • Coordinar actuacións con titoría, orientación, equipos de apoio e familias, contribuíndo ámellora da convivencia e da resposta educativa.

 

Idioma

Castelán e galego

 

Competencias Específicas

CE1 Analizar as necesidades de aprendizaxe e as barreiras educativas en contextos diversos para adaptar as prácticas docentes que favorezan a inclusión do alumnado neurodiverxente

CE2 Deseñar estratexias pedagóxicas inclusivas que integren axustes razoables e enfoques didácticos baseados en evidencia para facilitar a participación e a aprendizaxe de estudantes con neurodiverxencias

CE3 Aplicar métodos e ferramentas de avaliación formativa e sumativa para valorar o progreso educativo e axustar as prácticas profesionais cun enfoque inclusivo

CE4 Comunicar conclusións, adaptacións e recomendacións educativas de forma efectiva a diferentes públicos (comunidade educativa, familias, equipos de apoio), empregando formatos escritos e orais axeitados

CE5 Integrar principios éticos, culturais e de dereitos humanos no deseño e na implementación de prácticas educativas inclusivas que respecten a diversidade neurocognitiva e promovan a igualdade de oportunidades

 

Competencias Transversais

CT1 Traballar de forma colaborativa con equipos docentes e de apoio, asumindo responsabilidades e coordinando actuacións inclusivas.

CT2 Tomar decisións profesionais fundamentadas na evidencia e na reflexión crítica sobre a práctica educativa

CT3 Empregar recursos dixitais e tecnoloxías de apoio de maneira segura e accesible para mellorar a participación e a aprendizaxe

CT4 Comunicar de forma clara, empática e efectiva con alumnado, familias e profesionais, adaptando mensaxes e formatos ás necesidades

CT5 Actuar con compromiso ético e perspectiva de dereitos, respectando a diversidade, garantindo confidencialidade e promovendo o benestar

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Título universitario

Curriculum vitae

 

Criterios de selección

Relación do CV coas características do curso 75%

Público en xeral por orde de inscrición 25%

 

Metodoloxía

Tema 1. Neurodiversidade e enfoque de dereitos na aula (0,5 ECTS): conceptos clave, mirada non patologizante e benestar, marco normativo, ética e confidencialidade. E barreiras á aprendizaxe e á participación: dimensión comunicativa, sensorial, emocional e organizativa.

Tema 2. Perfís neurodiverxentes e avaliación contextual de necesidades (0,5 ECTS): TEA, TDAH, dislexia/DAE, altas capacidades, perfís sensoriais diversos, función executiva, autorregulación, interacción social e comunicación, identificación de fortalezas e necesidades; análise de tarefas e do contexto (aula/centro).

Tema 3. Prácticas inclusivas mediante expresión corporal e música (0,5 ECTS): DUA aplicado ás artes: accesibilidade, participación e compromiso, estratexias corporais e musicais para a autorregulación, a atención e a interacción (ritmo, movemento, estruturación temporal, xogos musicais, percusión corporal, sonorización), adaptacións sensoriais e axustes razoables (volume, previsibilidade, opcións de participación, apoios visuais/temporais) e deseño de secuencias didácticas inclusivas e recursos (rúbricas sinxelas, guías de tarefa, roles).

Tema 4. Prácticas inclusivas na didáctica da lingua e da literatura e avaliación flexible (0,5 ECTS): estratexias de acceso e expresión: lectura fácil, apoios multimodais, andamiaxe, elección de produtos (oral/escrito/multimodal). narrativa, poesía e literatura como mediación: comprensión, inferencia, expresión emocional e identidade, avaliación inclusiva: criterios claros, rúbricas, evidencias diversas e feedback formativo, produto aplicado: proposta integrada (lingua + artes) e estudo de caso/portafolio.

 

Materias

id nome caracter créditos
200754 Neurodiversidad y enfoque de derechos en el aula Obligatoria 0.5
200755 Perfiles neurodivergentes y evaluación contextual de necesidades Obligatoria 0.5
200756 Prácticas inclusivas mediante expresión corporal y música Obligatoria 0.5
200757 Prácticas inclusivas en la didáctica de la lengua y la literatura y evaluación flexible Obligatoria 0.5

 

Profesorado

Profesorado da UVigo:

  • Margarita Rosa Pino Juste, 
  • Sara Domínguez Lloria 
  • María Eulalia Agrelo Costas 
  • Susana Blanco Novoa 
  • Myriam Alvariñas Villaverde 

Profesorado externo:

  • Julia Criado del Rey Morante

 

Avaliación

A microcredencial desenvolverase cun enfoque aplicado e reflexivo, combinando fundamentación breve con deseño e experimentación de prácticas inclusivas.

Empregaranse metodoloxías activas: aprendizaxe baseada en casos, obradoiros de deseño didáctico, microensino (simulación/posta en práctica de actividades), traballo cooperativo e análise de evidencias.

Ao remate pedirase a resolución dun estudo de caso final real/simulado, elaborando un plan de resposta educativa con medidas universais (DUA), medidas específicas (axustes) e proposta de avaliación flexible.

Entrega do traballo de avaliación proposto a 7 de maio de 2026

 

Titulación

Título na microcredencial ” Neurodiverxencias na aula. Ferramentas para unha educación inclusiva”