Habilidades Blandas (Ourense), accesible a persoas con discapacidade intelectual

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1286/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

06/04/2026 – 30/04/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

En curso

15 prazas

 

Descrición

Esta microcredencial está pensada para ofrecer unha formación práctica e accesible, dirixida a persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O obxectivo é reforzar as súas capacidades persoais e sociais, promovendo unha maior autonomía, inclusión e participación activa tanto no ámbito laboral, como no social .

A proposta aposta por unha metodoloxía baseada na linguaxe clara e sinxela, materiais visuais e un enfoque práctico, que facilita a comprensión e a posta en práctica dos contidos.

 

Director/a:

Breixo Martins Rodal, María Isabel Doval Ruiz

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

breixo.martins@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
02/03/2026 – 20/03/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
18/03/2026 – 26/03/2026

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

24 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Edificio de ferro de Ourense

 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
282 € 253.8 € 239.7 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 84,60 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

  • Favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas.
  • Reforzar a capacidade de traballar en equipo en contornas diversas.
  • Estimular a creatividade e o pensamento crítico como ferramentas de autonomía.
  • Introducir e mellorar as competencias dixitais básicas para a vida cotiá e profesional.
  • Potenciar a confianza persoal e a participación activa na comunidade.

 

Destinatarios

Persoas coa síndrome de Down e con outras discapacidades intelectuais, interesadas en mellorar as súas competencias persoais, sociais e dixitais, tanto para a vida diaria como para unha futura inserción laboral.

 

Saídas Profesionais

Capacidade para empregarse en traballos que requiran atención ao público

 

Idioma

  • Castelán 50%
  • Galego 50% 

 

Competencias Específicas

CE1 Comunicarse con maior claridade en diferentes contextos sociais.

CE2 Participar activamente en equipos de traballo, asumindo responsabilidades.

CE3 Propoñer ideas creativas e aplicalas en situacións reais.

CE4 Recoñecer problemas sinxelos e propoñer solucións prácticas.

CE5 Empregar ferramentas dixitais básicas para mellorar a autonomía e a inclusión

 

Competencias Transversais

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

– Documento de identificación

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Materias

id nome caracter créditos
200729 Comunicación Obligatoria 0.5
200730 Trabajo en equipo Obligatoria 0.5
200731 Creatividad Obligatoria 0.5
200732 Pensamiento crítico Obligatoria 0.5
200733 Nuevas tecnologías y competencias digitales Obligatoria 1.0

 

Profesorado

 

Avaliación

Traballo desenvolvido na aula.

Avaliación contínua

 

Titulación

Título na microcredencial ” Habilidades Brandas (accesible a persoas con discapacidade intelectual)”