
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1285/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Arte e humanidades
Inicio e fin
25/05/2026 – 29/05/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
2.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Esta microcredencial ofrece unha formación especializada no deseño, a implementación e a avaliación de programas educativos e socioculturais a través de prácticas artísticas. Ocurso proporciona ferramentas teóricas e metodolóxicas para integrar a música, o teatro, a danza e as artes visuais como recursos pedagóxicos en contextos educativos formais e non formais. Ao longo da formación, o alumnado aprenderá a analizar necesidades educativas, deseñar programas coherentes con obxectivos e resultados de aprendizaxe, seleccionar metodoloxías artísticas axeitadas e desenvolver sistemas de avaliación formativa esumativa. Traballarase especialmente o uso de metodoloxías activas, a aprendizaxe baseada en proxectos, o estudo de casos e o deseño de instrumentos de avaliación adaptados a procesos creativos. A microcredencial ten un enfoque eminentemente práctico e aplicado, orientado á elaboración de propostas transferibles a contextos profesionais reais.
Consulta máis abaixo o apartado “Observación aos prezos”. Existe subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos e bolsas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada.
Director/a:
Margarita Rosa Pino Juste
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
mpino@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
02/03/2026 – 18/05/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
17/03/2026 – 21/05/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
34 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Asociación Érguete e plataforma de teleformación Moovi
Horario
25 de maio 16:00 a 20:00 online
26 de maio 16:00 a 20:00 online
27 de maio16:00 a 20:00 presencial
28 de maio 16:00 a 20:00 online
29 de maio 16:00 a 20:00 presencial
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 50 € | 45 € | 42.5 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 15 euros. (*)
*70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Obxectivos
- Fundamentar o deseño, implementación e avaliación de programas educativos e socioculturaissustentados en prácticas artísticas (música, teatro, danza e artes visuais) en contextos formais e non formais.
- Diagnosticar e analizar necesidades educativas e comunitarias, formulando obxectivos eresultados de aprendizaxe coherentes e avaliables, axustados ao contexto e á poboacióndestinataria.
- Deseñar programas baseados en metodoloxías activas (ABP, estudo de casos, proxectoscreativos), seleccionando e adaptando prácticas artísticas como estratexias pedagóxicaspertinentes.
- Desenvolver sistemas e instrumentos de avaliación formativa e sumativa que integrenmétodos cualitativos e cuantitativos, adecuados á natureza dos procesos creativos e á evidenciade aprendizaxe.
- Analizar criticamente o impacto educativo, cultural e social dos programas, interpretando evidencias obtidas durante a implementación real ou simulada e formulando melloras fundamentadas.
- Comunicar e xustificar decisións de deseño e avaliación mediante formatos escritos, visuais e audiovisuais, adaptando a mensaxe a públicos profesionais, institucionais e comunitarios.
Destinatarios
Esta formación está dirixida a profesionais da educación, a cultura e a intervención social interesados en desenvolver competencias para crear e avaliar programas educativos innovadores baseados en prácticas artísticas.
Saídas Profesionais
Ao rematar a microcredencial, o alumnado estará capacitado para deseñar, implementar e avaliar programas educativos e socioculturais baseados en prácticas artísticas (música, teatro, danza e artes visuais), en contextos formais e non formais, empregando metodoloxías activas e instrumentos de avaliación adaptados a procesos creativos.
Os perfís e ámbitos de inserción profesional habilitarán aos egresados no:
- Deseño e coordinación de programas artístico-educativos en centros educativos (infantil, primaria, secundaria, formación profesional), escolas municipais e conservatorios, e proxectos de educación non formal.
- Xestión, dinamización e mediación cultural en concellos, casas da cultura, auditorios, museos, entidades culturais e proxectos de participación cidadá.Intervención socioeducativa e comunitaria a través das artes en ONG, fundacións e entidades do terceiro sector (programas de inclusión, benestar, cohesión social e prevención).
- Avaliación de programas (deseño de indicadores, instrumentos e procedementos de avaliación formativa/sumativa) en proxectos educativos e culturais con base artística.
- Asesoramento e consultoría para o deseño e mellora de proxectos artístico-educativos (institucións, entidades locais, equipos directivos, asociacións e profesionais).
- Formación e acompañamento profesional (obradoiros, formación interna e mentorización) en metodoloxías artísticas aplicadas á educación e á acción comunitaria.
Competencias Específicas
CE1 Deseñar programas educativos e socioculturais baseados en prácticas artísticas, integrando metodoloxías creativas (música, artes visuais, teatro, danza) en función de necesidades educativas identificadas.
CE2 Aplicar procesos artísticos como ferramentas pedagóxicas, seleccionando e adaptando prácticas creativas a distintos contextos educativos e comunitarios.
CE3 Desenvolver instrumentos de avaliación formativa e sumativa para programas educativos con base artística, utilizando métodos cualitativos e cuantitativos axeitados.
CE4 Analizar críticamente o impacto educativo, cultural e social de programas artísticos, interpretando evidencias recollidas durante procesos de implementación real ou simulada.
CE5 Comunicar e xustificar decisións de deseño e avaliación de programas artísticos, empregando formatos escritos, visuais e audiovisuais dirixidos a distintos públicos.
Competencias Transversais
CT1 Analizar información, evidencias e marcos teórico-metodolóxicos para tomar decisións fundamentadas no deseño e avaliación de programas educativos e socioculturais baseados nas artes
CT2 Colaborar de forma eficaz con perfís diversos (educación, cultura, intervenciónsocial), asumindo roles, negociando acordos e co-construíndo propostas e produtos profesionais
CT3 Empregar ferramentas dixitais para a procura e xestión de información, a documentación do proceso e a elaboración/presentación de materiais (escritos, visuais e audiovisuais) vinculados ao proxecto
CT4 Integrar principios éticos, perspectiva inclusiva e enfoque de dereitos no deseño, implementación e avaliación, atendendo á diversidade e minimizando barreiras de participación
CT5 Organizar o propio traballo, planificar tarefas e tempos, xestionar recursos e revisar criticamente o desempeño para mellorar iterativamente a proposta e os resultados
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Certificado estudos previos
Curriculum vitae
Criterios de selección
Relación do CV coas características do curso 75%
Público en xeral por orde de inscrición 25%
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200724 | Fundamentación y análisis de necesidades | Obligatoria | 0.4 |
| 200725 | Diseño de programas a través de prácticas artísticas | Obligatoria | 0.6 |
| 200726 | Metodologías activas y diseño de intervenciones | Obligatoria | 0.4 |
| 200727 | Evaluación formativa, sumativa y de impacto | Obligatoria | 0.4 |
| 200728 | Trabajo final integrador | Obligatoria | 0.2 |
Profesorado
Profesorado da UVigo:
- Margarita Rosa Pino Juste
- Sara Domínguez Lloria
- María Eulalia Agrelo Costas
- Susana Blanco Novoa
Persoal docente doutras universidades:
- Iago Portela Pino
- Mario Diz Otero
Persoal docente externo:
- Sara Fernández Aguayo
Avaliación
Portafolio de evidencias (60 %). O portafolio debe incluir: deseños de programas (diarios de deseño, mapificacións de obxectivos, decisións metodolóxicas); instrumentos de avaliación construidos; xustificacións teóricas e reflexións persoais; resultados de implementación ou simulación; material audiovisual (videos de obradoiros, entrevistas, arte producido).
Estudo de caso aplicado (40 %). O estudantado ou grupo responderá a un caso real ou simulado de deseño e avaliación dun programa. Actividades posibles: diagnose de necesidades, deseño duhna intervención con artes ,avaliación proposta (cuantitativa e cualitativa) e presentación oral ou video con xustificación. Entrega de deseño de programa de intervención ata o 7 de maio de 2026
Titulación
Título na microcredencial ” Deseño e avaliación de programas a través de prácticas artísticas”

