Mobilidade e transporte de H2

Microcredenciales

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1282/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

23/03/2026 – 24/04/2026

Modalidade

Presencial / virtual

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

En curso

50 prazas

 

Descrición

Esta formación responde á necesidade urxente de capacitar a profesionais en aspectos clave da cadea de valor do hidróxeno, en especial no relativo a mobilidade sostible, un sector estratéxico en expansión.

Considérase fundamental o desenvolvemento de competencias técnicas en pilas de combustible, infraestruturas de distribución e transporte seguro do hidróxeno, para avanzar cara a unha economía descarbonizada.

 

Director/a:

Fernando Cerdeira Pérez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

nano@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
26/02/2026 – 16/03/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
12/03/2026 – 17/03/2026

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

12 horas

Docencia non presencial

30 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

Sesións virtuais síncronas xoves 26 de marzo, 9 e 16 de abril de 16:00 a 20:00.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
240 € 216 € 204 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 72 euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

Profundar nas tecnoloxías de conversión (Pila de Combustible), infraestrutura de recarga (Hidrolineras) e loxística do hidróxeno

 

Destinatarios

Profesionais de industrias relacionadas co o sector do H2 e afíns.

Enxeñería industrial, transporte e loxística, mobilidade sostible, enerxías renovables, mantemento de infraestruturas enerxéticas.

 

Idioma

  • Castelán 50%
  • Galego 50%

 

Competencias Específicas

  •  Tipos de pilas de combustible (K0714)
  •  Fornecer información sobre o hidróxeno (S1.4.2)

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Curriculum Vitae

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición

 

Metodoloxía

Bloque 1. Pilas de combustible
1.1. Fundamentos e Tipoloxías: Termodinámica básica. Comparativa operativa: PEM (Baixa temperatura – mobilidade) vs SOFC (Alta temperatura – auxiliar/marítimo) vs Alcalinas.
1.2. Estrutura e Materiais: Membranas (PFSA/Nafion), carga de catalizadores (Platino), GDL e placas bipolares.
1.3. Balance de Planta (BoP): Subsistemas críticos: xestión térmica, xestión de aire (compresores), humidificación e xestión de auga.
1.4. Rendemento: Curvas de polarización, eficiencia, durabilidade (ciclos start-stop) e obxectivos de custos UE 2030.
1.5. Aplicacións: Vehículos lixeiros vs. Heavy Duty (Camións/Trens).
Bloque 2. Estacións de servizo. Hidrolineras
2.1. Deseño e Enxeñería: Diagramas de fluxo (PFD), tipos de compresores (pistón vs diafragma/iónico), almacenamento en fervenza (baixa, media, alta presión) e chillers (-40ºC).
2.2. Seguridade e Protocolos: Normativa SAE J2601. Protocolos de enchido H35 vs H70. Comunicación infravermella vehículo-estación.
2.3. Normativa e Infraestrutura: Norma ISO 19880-1. Regulamento Europeo de Infraestrutura de Combustibles Alternativos (AFIR).
2.4. Modelos de Negocio: CAPEX/OPEX e subvencións (CEF Transport).
Bloque 3. Transporte de hidróxeno a pequena e gran escala
3.1. Transporte Gaseoso: Tube trailers, niveis de presión (200, 300, 500 bar) e capacidades de carga.
3.2. Transporte de Derivados: Cadea de valor do H2 Líquido (LH2), Amoníaco verde (NH3) e Líquidos Orgánicos Portadores de Hidróxeno (LOHC).
3.3. Loxística a Gran Escala: Hidroductos (conversión de rede de gas natural), loxística portuaria e corredores internacionais (H2Med).

Actividades síncronas
Bloque 1
Seminario práctico (2h): Cálculo de dimensionamiento. Determinación do número de celdas, área activa e potencia auxiliar para un vehículo pesado baseándose en curvas de polarización reais.
Tutoría grupal (3h): Debate sobre degradación de materiais e resolución de dubidas específicas sobre o BoP.
Bloque 2
Seminario práctico (2h): Análise de Enxenaría. Interpretación dun diagrama P&ID real dunha hidrolinera. Identificación de fallos críticos, venteos e zonas de seguridade.
Tutoría grupal (3h): Sesión enfocada na seguridade operativa, distancias de seguridade e resolución de dubidas normativas.
Bloque 3
Seminario práctico (2h): Caso de negocio (TCO). Cálculo comparativo de costes de transporte (€/kg) para mover 10 toneladas a 500 km: ¿Camión comprimido vs. líquido vs. LOHC?
Tutoría grupal (3h): Discusión sobre retos loxísticos, blending en redes de gas e peche do módulo.

 

Materias

id nome caracter créditos
200708 Pila de combustible Obligatoria 1.0
200709 Estaciones de servicio. Hidrolineras Obligatoria 1.0
200710 Logística y transporte Obligatoria 1.0

 

Profesorado

  • Andrés Súarez García
  • Ángel Manuel Sánchez Bermúdez
  • Víctor Alfonsín Pérez
  • José Luis Salgueiro Fernández
  • Fernando Cerdeira Pérez

 

Avaliación

Avaliación continua mediante test de autoavaliación e entrega dun traballo final:

  • Tests de Coñecementos (Asíncronos). Un test online ao rematar a teoría de cada bloque (10% cada un) (30%).
  • Casos Prácticos (Entregables). Entrega dos exercicios iniciados nos seminarios (Dimensionamiento FC, Análisis P&ID, Cálculo TCO) (50%).
  • Participación Síncrona. Asistencia activa e calidade das intervenciones nas titorías e Seminarios (20%).

 

Titulación

Título na microcredencial ” Mobilidade e transporte de H2″