
Microcredenciales
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1277/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
17/03/2026 – 23/04/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Esta microcredencial é unha formación deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos, estadías académicas no país ou que traballen directamente con empresas coreanas.
A formación destaca polo seu enfoque intercultural aplicado, que combina análise académica cunha comprensión práctica dos marcos sociais, culturais, lingüísticos e comunicativos que estruturan a vida cotiá e o eido universitario en Corea do Sur, así como os contextos laborais e empresariais.
“La pasión por Corea del Sur llega a la UVigo” Faro de Vigo 8/3/2026
Director/a:
Óscar Ferreiro Vázquez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
oferreiro@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/03/2026 – 13/03/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
09/03/2026 – 14/03/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
30 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Traducción e plataforma Zoom
Horario
Calendario : do 17 de marzo de 2026 ao 23 de abril de 2026
- Horas síncronas presenciais: 8h 30min
- Horas síncronas virtuais: 21h 30min
Marzo:
martes – 17 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
xoves – 19 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
venres – 20 mar : 16 hrs – 18 hrs (1 hrs 30 mins ) online
martes – 24 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
xoves – 26 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
vernes – 27 mar : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) – presencial*
Abril:
martes – 07 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs ) online
xoves – 09 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
venres – 10 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) ‐ presencial
martes – 14 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
xoves – 16 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
venres – 17 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) ‐ presencial
martes – 21 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs) online
xoves – 23 abr : 16 hrs – 18 hrs (2 hrs 30 min) ‐ presencial
*As persoas que non poidan asistir ás sesións presenciais poderán facelo online.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 282 € | 253.8 € | 239.7 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 84,60 euros (*)
*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Desenvolver competencias interculturais, lingüísticas e comunicativas que permitan ás persoas profesionais hispano falantes e galego falantes interactuar con eficacia con empresas e institucións de Corea do Sur, comprendendo os códigos culturais, lingüísticos e estratéxicos propios do contorno empresarial coreano
Destinatarios
- Estudantado de grao, mestrado ou doutoramento da Universidade de Vigo. Persoas interesadas na cultura coreana, nos estudos asiáticos ou na comunicación intercultural.
- Estudantado e profesionais de enxeñarías de todas as ramas, Relacións Internacionais, CC. Políticas, administración e dirección de empresas, educación, humanidades e ciencias sociais…
- Persoas que participen en programas de mobilidade internacional (Erasmus+, KA171, convenios con Asia).
- Profesionais ou estudantado que desexen mellorar a súa empregabilidade en contornos globais.
Saídas Profesionais
- Capacidade para xestionar relacións comerciais e institucionais con Corea do Sur
- Competencia para actuar como enlace intercultural en equipos internacionais
- Coñecemento aplicado de etiqueta, protocolo e dinámicas empresariais coreanas
- Habilidade para adaptar estratexias de comunicación en contextos de negocio global
- Competencia básica en lingua coreana para interaccións profesionais sinxelas
Idioma
Castelán 100%
Competencias Específicas
- Analizar os fundamentos culturais coreanos aplicados ao ámbito empresarial
- Interpretar códigos comunicativos coreanos en situacións profesionais
- Adaptar estratexias de comunicación intercultural a contextos empresariais coreanos
- Aplicar normas de etiqueta e protocolo empresarial coreano
- Empregar expresións básicas en lingua coreana en interaccións profesionais sinxelas
Competencias Transversais
- Competencia intercultural, integrando perspectivas diversas na súa actuación profesional
- Comunicación efectiva en contextos profesionais, axustando o seu estilo comunicativo segundo a situación, a persoa interlocutora e as normas culturais do contorno
- Pensamento crítico e análise contextual desde unha perspectiva global
- Traballo en equipo e colaboración internacional con persoas de diferentes orixes culturais para construír relacións profesionais positivas
- Resolución de problemas en contextos interculturais
Condicións de acceso
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título Universitario
Criterios de selección
Por orde de inscrición
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200706 | Introducción a Corea del Sur: contexto global y diplomacia. | Obligatoria | 0.8 |
| 200707 | Lengua, comunicación y negociación con Corea del Sur | Obligatoria | 2.3 |
Profesorado
- Luís Velasco Martínez
- Luz Dámaso López
Avaliación
Simulación de negociación 23/04/2026 (2 hrs 30 mins)
Titulación
Título na microcredencial ” Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios”
