A xestión dos recursos humáns nas entidades públicas ante o reto da integridade pública

Microcredenciales

Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1274/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

23/03/2026 – 14/04/2026

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

2.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao tecido institucional. A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión dos fondos públicos e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos. 

 

Director/a:

Mónica Legaspi Díaz

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

monica.legaspi@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
25/02/2026 – 13/03/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/03/2026 – 19/03/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

18 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Horario

23,24,25 Marzo: 17:15-20:15h; 6,7,8 Abril: 17:15-20:15h 13 Abril: 17:15-20:15h

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
180 € 162 € 153 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención:: 54 euros (*)

**Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

  • Fortalecer as competencias dos profesionais do sector público para xestionar os recursos humanos con criterios de integridade pública, promovendo a ética, a transparencia, a prevención da corrupción e o bo goberno nas entidades públicas.
  • Comprender o concepto de integridade pública e a súa relevancia na xestión dos recursos humanos dentro das entidades públicas.
  • Identificar os principais riscos éticos e da integridade asociados aos procesos de xestión de persoas no sector público (selección, provisión de postos, avaliación do desempeño, carreira profesional, retribucións, etc.).
  • Analizar o marco normativo e os instrumentos de integridade pública aplicables á xestión de recursos humanos nas administracións públicas.
  • Aplicar principios éticos e de integridade na toma de decisións relacionadas coa xestión do persoal público.
  • Deseñar e propoñer medidas preventivas e boas prácticas para reforzar a integridade nos sistemas de xestión de recursos humanos.
  • Recoñecer o papel do liderado, da cultura organizativa e da responsabilidade individual na promoción da integridade pública.
  • Empregar ferramentas prácticas (códigos éticos, mapas de riscos, canles de denuncia, plans de integridade) vinculadas á xestión de recursos humanos.
  • Avaliar casos prácticos e situacións reais para detectar conflitos de intereses, prácticas irregulares e dilemas éticos no ámbito dos recursos humanos públicos.

 

Destinatarios

Empregados públicos, órganos electos e xestores privados que traballan coa Administración Pública

 

Saídas Profesionais

Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e xestión pública

 

Idioma

Galego e castelán

 

Competencias Específicas

S4.3.0 Asignar e controlar recursos públicos

S4.3.1 Xestionar orzamentos e finanzas públicas

S4.0.0 Competencias de xestión

S4.1.0 Desenvolver obxectivos e estratexias

S4.3.2 Xestionar e administrar recursos humanos

 

Competencias Transversais

T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais

T1.2 Traballar con números e medidas

T2.2 Planificar e organizar

T2.3 Lidiar con problemas

T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación

Certificado de estudos previos

Certificado de experiencia profesional ou equivalente

 

Criterios de selección

Estudos superiores 20%

Estudos medios 15%

Experiencia superior a 10 anos 20%

Órgano electo 25%

Posto desempeñado na Administración Pública 20%

 

Materias

id nome caracter créditos
200686 La gestión de los recursos humanos en las entidades públicas ante el reto de la integridad pública Obligatoria 2.0

 

Avaliación

Test de 20 preguntas, suman as respostas correctas 0,5 e restan as respostas incorrectas 0,20

13 de Abril, proba presencial ás 17:15 horas.

14 de Abril, proba presencial ás 17:15 horas.

 

Titulación

Título na Microcredencial “A xestión dos recursos humanos nas entidades públicas ante o reto da integridade pública”