Curso de iluminación de espectáculos

Microcredenciales

Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1256/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

12/01/2026 – 13/02/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

5.0 ECTS

Estado

Finalizado

35 prazas

 

Descrición

Formación de 5 ECTS altamente especializada en iluminación de espectáculos respaldada pola AGATEC (Asociación de empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia) centrada na actualización de competencias dos técnicos do sector e na formación dos que inician a súa vida laboral.

 

Director/a:

Fernando Martín Rodríguez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

fmartin@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
23/12/2025 – 08/01/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
07/01/2026 – 11/01/2026

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

67 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Enxañería de telecomunicacións e plataforma de teleformación da Facultade de telecomunicacións

 

Horario

Horas síncronas presenciais: 55.5 horas

Horas síncronas virtuais: 10 horas

12,15,19 xaneiro 16:00-19:00; 13,14,20,21 xaneiro 17:30-19:30;16 e 23 xaneiro de 16:00-21:00;22 xaneiro, 2 o 4 febreiro de 16:00 a 18:00; 26 a 30 xaneiro 9 a 13 febreiro de 16:00 a 18:30

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
470 € 423 € 399.5 €

Observacións aos prezos

Prezo subvencionado: 141 euros (*)

(*) As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

 

Obxectivos

  • Coñecer as tecnoloxías aplicadas á realización de espectáculos en vivo
  • Planificar e deseñar proxectos de iluminación de espectáculos seguindo criterios artísticos e técnicos e adaptándose a un orzamento
  • Estruturar e orzamentar un proxecto escénico ou creativo de forma integral, definindo recursos, identificando fontes de financiamento e planificando a súa distribución
  • Operar equipos profesionais de son e iluminación para espectáculos en vivo, sendo capaz de interpretar, deseñar e cumprir cos requirimentos dun rider técnico
  • Xestionar equipos humanos e técnicos de forma eficiente durante as fases de montaxe, execución e desmontaxe dun evento, garantindo a seguridade e a correcta coordinación
  • Aplicar a normativa laboral, os convenios colectivos e a lexislación de prevención de riscos específica do sector de espectáculos en vivo para garantir unhas condicións de traballo seguras e xustas

 

Destinatarios

Esta proposta formativa está deseñada para un perfil diverso de participantes que busquen especializarse na produción técnica e xestión de espectáculos. Por unha banda, diríxese a profesionais do sector (técnicos, artistas, xestores) que necesiten reciclar os seus coñecementos tecnolóxicos e adquirir ferramentas de xestión para mellorar a súa empregabilidade e profesionalización. Por outra banda, oriéntase a titulados de ciclos de Formación Profesional da familia de Imaxe e Son, que desexen unha formación especializada e práctica que lles facilite o acceso cualificado ao mercado laboral das industrias creativas.

 

Saídas Profesionais

As relacionadas no Perfil profesional ESCO 3435.15 “Performance lighting technician” descritas así: Os técnicos de iluminación de espectáculos configuran, preparan, comproban e manteñen equipos para proporcionar unha calidade de iluminación óptima para actuacións en directo. Colaboran con el personal de la gira o espectáculos para descargar, instalar e operar equipos e instrumentos de iluminación. No sector galego do espectáculo en vivo estas capacidades e competencias son útiles nas seguintes ocupacións laborais: produtor/a técnico/a, stage manager, técnico/a de iluminación (iluminador/a), riggertécnico/a de vídeo e visuais (visualista)

 

Idioma

Castelán e galego

 

Competencias Específicas

CE1 Elaborar un plan de produción integral, definindo recursos técnicos, humanos e financeiros necesarios para un espectáculo en vivo, baseado nas esixencias do proxecto.

CE2 Deseñar e executar plans de iluminación de espectáculos, seleccionando e operando o equipamento axeitado para crear a atmosfera requirida e garantir a calidade artística e visual.

CE3 Xestionar a loxística dun evento, coordinando a montaxe e desmontaxe de estruturas (Rigging), escenografía e equipos audiovisuais de forma segura e eficiente.

CE4 Integrar contidos dixitais e visuais (proxeccións, LED, video mapping) nun espectáculo, utilizando software especializado para a súa creación e reprodución en tempo real.

CE5 Coñecer e aplicar a normativa aplicable de riscos laborais na instalación de estruturas temporais e voadura de elementos de iluminación.

 

Competencias Transversais

CT1 Comunicación eficaz e negociación en contornos profesionais

CT2 Traballo en equipo e liderado de equipos multidisciplinares baixo presión

CT3 Planificar e organizar

CT4 Tomar e realizar medidas en instalacións de traballo

CT5 Expresarse creativamente

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para el acceso:

  • Documento de identidade
  • Curriculum vitae
  • Vida laboral
  • Acreditación de pertenza á comunidade universitaria UVIGO

 

Criterios de selección

Experiencia laboral no sector de espectáculos (puntuación máxima a partir de 2 anos) 40%

Traballadores das empresas socias da AGATEC (binario) 30%

Pertenza á comunidade universitaria UVIGO (binario) 30%

 

Materias

id nome caracter créditos
200626 Fundamentos de redes applicadas al mundo audiovisual Obligatoria 1.4
200627 Taller de perfeccionamiento en luminotecnia aplicada al espectáculo Obligatoria 1.2
200628 Diseño de iluminación Obligatoria 1.2
200629 Fundamentos del Rigging Obligatoria 1.2

 

Profesorado

 

Avaliación

Entrega online de exercicios. Test de competencias ao remate de cada módulo

As probas serán presenciais ao final de cada módulo:

  • Fundamentos de redes aplicadas ao mundo audiovisual 6 de febreiro
  • Taller de perfeccionamento en luminotecnia aplicada ao espectáculo 23 de xaneiro
  • Fundamentos do Rigging 30 de xaneiro
  • Deseño de iluminación 13 de febreiro
  • Segunda oportunidade para todos os módulos 19 de febreiro

 

Titulación

Microcredenciai no “Curso de iluminación de espectáculos”