Iniciación aos sistemas de información xeográfica e modelado do risco de incendios forestais

Microcredenciales

Ámbito: Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio naturalCódigo: TCS:1253/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

16/02/2026 – 13/03/2026

Modalidade

Virtual

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

Finalizado

25 prazas

 

Descrición

Este curso ofrece unha formación introdutoria e práctica no uso dos sistemas de información xeográfica (SIX) aplicados á análise e modelado do risco de incendios forestais. O alumnado adquirirá competencias básicas no manexo de ferramentas SIX para a xestión, representación e interpretación de datos espaciais, así como na elaboración de modelos que permitan avaliar e prever o perigo de incendios no territorio.

 

Director/a:

Fernando Veiga López

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

fernando.veiga@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/12/2025 – 31/01/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
05/02/2026 – 12/02/2026

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

35 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataforma de teleformación campus remoto da UVigo 

 

Horario

Luns, mércores e xoves de 18:00 a 20:00h

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
282 € 253.8 € 239.7 €

Observacións aos prezos

Prezo subvencionado: 84,60 euros (*)

*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

  • Comprender os fundamentos teóricos dos Sistemas de Información Xeográfica.
  • Manexar software SIG libre e profesional (como QGIS).
  • Empregar datos xeoespaciais para o estudo do medio natural.
  • Aplicar técnicas de análise espacial ao modelado do risco de incendios forestais utilizados comunmente na xestión forestal.
  • Integrar información procedente de diferentes fontes (cartografía, teledetección, bases de datos) para xerar análises espaciais completas.
  • Elaborar mapas temáticos e produtos cartográficos que faciliten a toma de decisións na planificación e prevención de incendios forestais.

 

Destinatarios

Este curso está orientado principalmente a profesionais e persoal técnico interesado en iniciarse no uso dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) como ferramentas para a xestión forestal e a prevención de incendios. É tamén de interese para estudantado de grao ou similares que desexen orientar o seu perfil profesional cara á xestión de incendios.

 

Saídas Profesionais

    li>Técnico/a en xestión forestal e prevención de incendios

  • Analista SIG / especialista en cartografía
  • Consultor/a ambiental ou de recursos naturais
  • Investigador/a ou técnico/a en administración ambiental

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Uso de sistemas de información xeográfica (SIX)

CE2 Avaliar riscos ambientais

CE3 Toma de decisións na xestión de recursos

 

Competencias Transversais

CT1 Alfabetización informática

CT2 Uso de ferramentas informáticas

 

Condicións de acceso

Documentación requirida:

  • Documento identificativo.
  • Acreditación de estudos previos.
  • Currículo vitae.
  • Vida laboral.

 

Criterios de selección

  • Curriculum Vitae 60%
  • Certificado de estudos previos 20%
  • Vida laboral 20%

 

Materias

id nome caracter créditos
200617 Iniciación a los sistemas de información geográfica y modelado del riesgo de incendios forestales Obligatoria 3.0

 

Avaliación

Entrega de traballos e proxectos.O trabajo final que integra todo o contido desenvolvido ao longo do curso entregarase o 27/03/2026.

 

Titulación

Microcredencial “Iniciación aos sistemas de información geográfica e modelado do risco de incendios forestais”