
Microcredenciales
Ámbito: Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisualCódigo: TCS:1252/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
21/01/2026 – 29/04/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
6.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Programa de 6 ECTS (150 h) orientado a creación e desenvolvemento de guións para series detelevisión e plataformas dixitais. Ensina estrutura narrativa, creación de personaxes, diálogo edinámicas de sala de guión. Combina teoría e práctica, preparando ao alumnado para traballar enequipos profesionais de ficción seriada.
Director/a:
José Manuel López Fernández
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
josemlopez@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/12/2025 – 15/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
13/01/2026 – 18/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
70 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de comunicación de Pontevedra e plataforma de teleformación: campus remoto/Moovi
Horario
Mércores e xoves de 16:30 a 20:00 dos meses de xaneiro a abril
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 564 € | 507.6 € | 479.4 € |
Observacións aos prezos
Prezo subvencionado: 169,2 euros (*)
(*) As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Obxectivos
O curso ten como obxectivo formar profesionais capaces de crear, escribir e desenvolver proxectos de ficción seriada, dominando técnicas narrativas e estruturais. Promove o traballo en equipo en salas de guión profesionais, estimula a creatividade e a voz autoral, e ofrece coñecementos sobre o funcionamento da industria audiovisual tanto a nivel nacional coma internacional.
Destinatarios
Persoas con vocación creativa, que queiran especializarse na creación de contidos seriados, con ou sen titulación universitaria.
Saídas Profesionais
Guionista en series para televisión ou plataformas dixitais; analista de guion; membro de equipos de escritura en produtoras audiovisuais.
Idioma
Castelán e galego
Competencias Específicas
CE1 Escritura artística e creativa
CE2 Crear materiais artísticos, visuais ou docentes
CE3 Comunicación, colaboración y creatividad
CE4 Traballar en equipo
CE5 Recopilar información procedente de fontes físicas ou electrónicas
Competencias Transversais
CT1 Capacidade para traballar en equipo e comunicar as propias ideas creando un ambiente de apoio.
CT2 Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento de proxectos.
CT3 Capacidade para comprender o significado e a aplicación da perspectiva de xénero en diferentes áreas do coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT4 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito.
CT5 Capacidade para adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organizativos.
Condicións de acceso
Requisitos de acceso:
- Documento de identificación.
- Currículo vitae.
- Proba de guion. Dialogar a secuencia dunha serie que lle guste (máximo 2 páxinas)
- Carta de motivación (máximo 1 páxina)
Criterios de selección
- Curriculum Vitae 25%
- Carta de motivación 25%
- Proba de guion 50%
Metodoloxía
- A procura de ideas (Teoría)
- Pitch de ideas/proxecto de serie (Práctica)
- Evolución e realidade do mercado. Diferentes formas de contar (Teoría e práctica)
- Xéneros e formatos en TV (Teoría)
- Emoción e personaxes (Teoría)
- Protagonista, antagonistas e secundarios (Teoría)
- Fichas básicas de personajes (Práctica)
- Introducción ás Estructuras Narrativas (Teoría)
- A escaleta (Teoría e práctica)
- Edición da escaleta(Práctica)
- Mapa de tramas de tempada (Práctica)
- Análise colectivo dun capítulo piloto (drama) (Práctica)
- Que é e como se construe unha biblia (Teoría e práctica)
- A Biblia – sinopse e personaxes (Práctica)
- Xestión das axudas públicas á escritura de guión (Teoría)
- Diálogo e tono na televisión (Teoría e práctica)
- Escritura de secuencias (Práctica)
- A montaxe como ferramenta narrativa (Teoría)
- Industria e mercados. Introdución ó pitch. (Teoría e práctica)
- Aspectos legais (I): dereitos e rexistros. (Teoría)
- Aspectos legais (II): contratos. (Teoría)
- Desenvolvemento do piloto. (Práctica)
- A tecnoloxía como xeradora dun novo contexto creativo (Teoría)
- Revisión e simulacro de Pitch (Práctica)
- Defensa de proxectos (Práctica)
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200616 | Creación y escritura de series | Obligatoria | 6.0 |
Profesorado
- Jose Manuel López
- Beli Martínez
- Beatriz Legerén
- Oswaldo García Crespo
- Alberto Guntín
- Lidia Fraga
- Ángel Manzano
Avaliación
60% proxecto final (biblia da serie creada durante o curso),
20% participación nos obradoiros,
20% pitching final.
Entrega do proxecto final: 22/04/26 (virtual). Segunda oportunidade: conforme normativa UVigo.
Titulación
Microcredencial ” Creación e escritura de series”
