
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1244/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
08/06/2026 – 26/06/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
3.0 ECTS
Estado
Descrición
Este programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos participantes para xestionar proxectos e activos tecnolóxicos así como as bases para a creación de empresas de base tecnolóxica. A Cátedra NextChip (http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.O programa completo, que consta de catro microcredenciais leva á obtención do título de Experto en desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada sen custo para os participantes.Dentro do mercado global de semiconductores, a demanda de dispositivos fotónicos está medrando anualmente a ritmos próximos ao 20%, con Europa apostando polo aumento da súa capacidade produtiva coa posta en marcha de novas plantas de fabricación (foundries). Os chips fotónicos son esenciais para as necesidades do desenvolvemento tecnolóxico na automoción, comunicacións, computación cuántica, defensa, dispositivos médicos e electrónica de consumo.Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo.
Director/a:
Francisco Javier Díaz Otero
Teléfono contacto:
986 81 37 85
Email contacto:
nextchip@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición
18/05/2026 – 28/05/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
02/06/2026 – 04/06/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
32 horas
Docencia non presencial
4 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Citexvi, Campus Universitario Vigo
Plataformas virtuais de teledocencia: campus remoto, teams e moovi
Horario
Luns a vernes de 15:30 a 19:30
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
Precio xeral 282
Coste alumno 0
Financiado coa Cátedra NextChip da Universidade de Vigo (http://nextchip.es/) polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
Obxectivos
O título busca formar aos participantes para xestionar proxectos e activos tecnolóxicos, así como as bases para a creación de empresas de base tecnolóxica. A formación é maiormente práctica, co fin de preparar aos estudantes para a súa incorporación á crecente oferta de postos cualificados nestas áreas.
Destinatarios
Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito datecnoloxía, principalmente física e enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica,… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación.
Saídas Profesionais
Os campos específicos aos que os estudantes poden acceder profesionalmente tras finalizar o curso son cada vez máis amplos dado o carácter interdisciplinario e a crecente importancia da fotónica, que, como xa se indicou, foi seleccionada como una das cinco KET pola Unión Europea, e máis en particular da fotónica integrada.
Idioma
Inglés
Competencias Específicas
CE1 Capacidade de comprensión das disciplinas involucradas na fotónica
CE2 Entender o proceso de deseño e proba de dispositivos fotónicos tanto activos como pasivos
CE3 Entender o proceso de deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
CE4 Manexo de ferramentas para o deseño de circuítos integrados fotónicos
CE5 Coñecer os principios de fabricación de PICs en sala limpa
CE6 Entender e manexar ferramentas para o empaquetado de PICs en módulos
CE7 Capacidade para simular e probar circuítos fotónicos con aplicacións cuánticas
Competencias Transversais
CT1 Capacidade para xestionar proxectos tecnolóxicos
CT2 Coñecementos de xestión de activos de propiedade intelectual e industrial
Condicións de acceso
Documentación requirida para o acceso:
- Documento de identificación
- Copia do título universitario
- Certificado de estudos previos
- Certificado de experiencia profesional ou equivalente
- Curriculum Vitae
- Carta de motivación
Criterios de selección
A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unhamellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será: currículo 60%, carta de motivación 20% entrevista persoal 20%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200611 | Gestión de Proyectos y transferencia de tecnología | Obligatoria | 3.0 |
Profesorado
Avaliación
Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
- Asistencia ás clases
- Probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo durante o curso
- Avaliación dos informes de prácticas establecidos
Titulación
Título na microcredencial “Xestión de Proxectos e transferencia de tecnoloxía”
