
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1242/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
02/02/2026 – 25/05/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
10.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Este programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos participantes no deseño e medida de chips fotónicos. A formación é maiormente práctica, co fin de preparar aos participantes para a súa incorporación á crecente oferta de postos cualificados en plantas de deseño e produción de chips fotónicos.
Este título é unha das 4 microcredenciais que levan á obtención do título de Experto no desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada. A Cátedra NextChip (http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo.
A Cátedra NextChip (http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
Director/a:
Francisco Javier Díaz Otero
Teléfono contacto:
986 81 37 85
Email contacto:
nextchip@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
17/11/2025 – 14/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
26/01/2026 – 28/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
96 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Citexvi, Campus Universitario Vigo
Plataformas virtuais de teledocencia: campus remoto, teams e moovi
Horario
Luns a vernes de 15:30 a 19:30
Conforman o programa 88 horas de formación síncrona presencial e 8 horas síncronas virtuais
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
100% financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia
Obxectivos
Nesta fomación os participantes aprenderán a deseñar e probar circuítos integrados fotónicos:
- Que conteñan dispositivos pasivos.
- Que conteñan compoñentes activos, como láseres, moduladores, amplificadores ópticos, fotodiodos de alta velocidade, etc.
- Que conteñan compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
Destinatarios
Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito datecnoloxía, principalmente física e enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica,… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación.
Saídas Profesionais
Os campos específicos aos que os estudantes poden acceder profesionalmente tras finalizar o curso son cada vez máis amplos dado o carácter interdisciplinario e a crecente importancia da fotónica, que, como xa se indicou, foi seleccionada como una das cinco KET pola Unión Europea, e máis en particular da fotónica integrada.
Idioma
Inglés
Competencias Específicas
- Capacidade de comprensión das disciplinas involucradas na fotónica
- Entender o proceso de deseño e proba de dispositivos fotónicos tanto activos como pasivos
- Entender o proceso de deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
- Manexo de ferramentas para o deseño de circuítos integrados fotónicos
- Coñecer os principios de fabricación de PICs en sala limpa
- Entender e manexar ferramentas para o empaquetado de PICs en módulos
- Capacidade para simular e probar circuítos fotónicos con aplicacións cuánticas
Competencias Transversais
- Capacidade para xestionar proxectos tecnolóxicos
- Coñecementos de xestión de activos de propiedade intelectual e industrial
Condicións de acceso
Documentación requirida para o acceso:
- Documento de identificación
- Copia do título universitario
- Certificado de estudos previos
- Certificado de experiencia profesional ou equivalente
- Curriculum Vitae
- Carta de motivación
Criterios de selección
A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unhamellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será: currículo 60%, carta de motivación 20% entrevista persoal 20%
Metodoloxía
- Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos pasivos
- Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos activos
- Deseño e proba de circuítos integrados de RF pasivos
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200609 | Diseño y medida de circuitos integrados fotónicos | Obligatoria | 10.0 |
Profesorado
Avaliación
Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
- Asistencia ás clases
- Probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo durante o curso
- Avaliación dos informes de prácticas establecidos
Titulación
Microcredencial “Deseño e medida de circuitos integrados fotónicos”
