
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1238/2
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde
Inicio e fin
27/04/2026 – 29/05/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
6.0 ECTS
Estado
Matrícula
Descrición
A actividade de “Certificación Universitaria como Directivo Público Profesional no eido da sanidade” (CUDPP-SANIDADE) consiste nunha metodoloxía de avaliación e certificación de méritos e capacidades que recoñezan ao participante como experto en Dirección Pública Profesional. A presente formación non pretende formar ao directivo, senón recoñecer académicamente a súa capacidade mediante título universitario e como título propio da Universidade de Vigo.
Director/a:
Enrique José Varela Álvarez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
evalvarez@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
13/04/2026 – 21/04/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
21/04/2026 – 24/04/2026
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
50 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma Teleformación UVIGO
Horario
Luns a Venres de 16:00 a 20:00
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 564 € | 507.6 € | 479.4 € |
Observacións aos prezos
Prezo final unha vez aplicada a subvención: 169,2 euros (*)
*Corresponde ao prezo final unha vez aplicado o 70% de desconto para persoas entre 25 e 64 anos grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Bolsa Microcredenciais Xunta 2025/26. Axuda do 100% (**)
**Axudas do 100% para persoas desempregadas, discapacitadas ou violencia de xénero acreditada (sempre que teñan entre 25 e 64 anos). Solicítaa antes do 27 de abril. Consulta a convocatoria.
Outros descontos
Os socios de SEDAP e a Asociación de dirección Pública Profesional serán bonificados co 30% da cuantía restante. Se teñen entre 25 e 64 anos, o custe do curso será de balde.
Obxectivos
O obxectivo da actividade é outorgar un certificado universitario, como título propio da Universidade de Vigo, que garante que o/a participante reúne as habilidades directivas básicas para o desempeño do exercicio da dirección pública profesional.
Destinatarios
Saídas Profesionais
Desenvolvemento dun proceso de coaching virtual síncrono sobre catro casos prácticos baseados en Competencias Esenciales de Dirección Pública (CEDP) e posterior elaboración de cada caso por parte do participante. Cada un deles debe servir para ilustrar alo menos unha das habilidades seguintes:
– Liderado para o cambio
– Marco de Integridade Profesional
– Xestión de Recursos Públicos
A cuarta habilidade a elección do participante experto/profesional entre:
– Orientación ao valor público (outcome)
– Xestión de Equipos de Alto Rendemento
– Cultura da Comunicación
– Cultura da Innovación
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Dirixir a outras persoas
- Adaptar os estilos de liderado á asistencia sanitaria
- Exercer cos colegas un rol de liderado orientado aos obxectivos
- Respeitar o código ético de conduta
- Desenvolver obxectivos e estratexias
Competencias Transversais
- Cumplir os compromisos
- Traballar en equipo
- Promover o desenvolvemento persoal
- Pensar de maneira innovadora
- Aplicar principios de sostibilidade á asistencia sanitaria
Condicións de acceso
Documentación necesaria: Documento de identidade
Seleccionar o que proceda:
– Copia do título universitario
– Certificado de estudos previos
– Certificado de experiencia profesional ou equivalente
– Curriculum Vitae
– Vida laboral
Criterios de selección
– 4 anos no posto directivo asimilable a nivel funcionarial 29 ou 30: 70%-
– 30 créditos de formación continuada acreditada ou 180 horas en actividades formativas de xestión ou dirección: 20%
– 15 actividades formativas, relatorios ou publicacións sobre temas de xestión ou dirección: 10%
Profesorado
Avaliación
O procedemento de aprendizaxe e defensa ante os equipos de avaliadores está baseado na sistemática STAR de Situación, Tarefa, Acción e Resultado, para o cal vaise desenvolver o seguinte proceso: O candidato realizará unha defensa oral da súa solución adoptada. Cada un dos candidatos exporá o caso a un tribunal constituido polo seu coach e dous avaliadores Os criterios que se seguirán na valoración do caso serán: Exposición centrada no eido do caso. Idoneidade do caso proposto como exemplo de técnicas de xestión, metodoloxía, eficiencia e efectividade suficiente á resolución de situacións reais. Accións do candidato, valorando para elo os comportamentos que máis amosan que dispón das Competencia Esenciais de Dirección Pública. A claridade na defensa, tanto nos medios audiovisuales como na exposición oral, e cantos matices consideren os membros do Tribunal, incluindo neste eido a metodoloxía empregada, o rigor co que se executou, e a documentación presentada. Innovación no eido da Dirección Pública Profesional, abordando temas de actualidade ou pouco implantados e que representen un esforzo engadido á elaboración do caso.
Titulación
Microcredencial en ” Certificación Universitaria como directivo público profesional no eido da sanidade”
