
Microcredenciales
Ámbito: Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismoCódigo: TCS:1235/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
19/11/2025 – 08/04/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
1.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso, en formato de microcredencial universitaria, ofrece unha formación práctica e aplicada sobre o uso de ferramentas Lean para a mellora da calidade asistencial en saúde, adaptando metodoloxías de xestión eficaces ao contexto sanitario cun enfoque centrado no paciente. A formación combina fundamentos teóricos con dinámicas participativas, casos reais e simulacións prácticas, incorpora o uso de tecnoloxías, indicadores (KPIs) e cadros de mando para unha avaliación obxectiva da mellora continua, e conta coa experiencia de profesionais con traxectoria tanto académica coma asistencial, o que garante a adquisición de competencias útiles e transferibles de xeito inmediato aos contornos profesionais, contribuíndo a xerar unha cultura de mellora continua no ámbito sanitario
Director/a:
Antonio Sartal Rodríguez
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
antoniosartal@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
10/10/2025 – 24/10/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
03/11/2025 – 10/11/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
8 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Hospital Álvaro Cunqueiro
Horario
As clases terán lugar os mércores 19/11/2025, 03/12/2025, 14/01/2026, 04/02/2026, 04/03/2026 y 08/04/2026 de 8:00 a 9:30 Horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 94 € | 84.6 € | 79.9 € |
Observacións aos prezos
IMPORTANTE- Este curso será gratuíto para todo o alumnado interesado. Custe 0€
O alumnado entre 25 e 64 anos, contará cunha financiación do 70% , xa que esta microcredencial está enmarcada dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
O resto das cuantías, serán subvencionadas na súa totalidade pola cátedra da Fundación Pública Gallega de Investigación Biomédica Galicia Sur.
Obxectivos
O obxectivo principal do curso é dotar ao persoal do ámbito sanitario das competencias necesarias para aplicar os principios e ferramentas Lean na mellora da calidade asistencial. Preténdese que o alumnado sexa capaz de identificar ineficiencias nos procesos, deseñar solucións prácticas e implementar dinámicas de mellora continua sustentadas en indicadores obxectivos e no uso de tecnoloxías de apoio. Así mesmo, búscase fomentar unha cultura organizativa baseada no liderado, na aprendizaxe colaborativa e no respecto ás persoas.
Destinatarios
O curso está dirixido a profesionais do ámbito sanitario (medicina, enfermaría, farmacia hospitalaria, xestión sanitaria) e a persoal técnico vinculado á mellora da calidade asistencial. Recoméndase contar con formación universitaria previa ou experiencia profesional en contornas asistenciais que permita o aproveitamento dos contidos e das dinámicas prácticas.
Saídas Profesionais
Ao rematar a titulación, o alumnado será capaz de aplicar metodoloxías Lean para analizar, deseñar e mellorar procesos asistenciais, empregando ferramentas de xestión visual, cadros de mando e indicadores de calidade. Disporá de habilidades para liderar equipos en dinámicas de mellora continua, fomentar a cultura de seguridade do paciente e integrar solucións tecnolóxicas que optimicen a eficiencia organizativa.
Competencias Específicas
- Comprender os principios do Lean Management e o seu valor aplicado ao ámbito sanitario.
- Identificar ineficiencias e desperdicios nos procesos asistenciais.
- Empregar ferramentas Lean (5S, A3, Ishikawa, PDCA, VSM) para deseñar melloras prácticas.
- Integrar o uso de indicadores (KPIs), cadros de mando e TIC no seguimento da calidade asistencia.
- Aplicar enfoques de liderado e cultura de mellora continua en contextos clínicos reais.
Competencias Transversais
- Desenvolver capacidade de análise crítica e resolución de problemas en contextos complexos.
- Mellorar as habilidades de comunicación e traballo en equipo multidisciplinar.
Condicións de acceso
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA O ACCESO:
Documento de identidade
Copia do título universitario ou u documento que valide a súa experiencia no ámbito sanitario.
Criterios de selección
Orde de preinscriciónProfesionais do ámbito sanitario.
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200574 | Herramientas de gestión eficaz para la mejora de la calidad asistencial en salud | Obligatoria | 1.0 |
Profesorado
Avaliación
A avaliación poderá combinar unha proba tipo test individual, orientada a comprobar a comprensión dos conceptos clave, cunha presentación grupal dun caso práctico de mellora asistencial elaborado durante o curso. A participación activa nas dinámicas, debates e exercicios prácticos será considerada tamén como parte da avaliación continua.
Titulación
Microcredenciai en “Ferramentas de xestión eficaz para mellorar a calidade da atención sanitaria”
