
Experto
Ámbito: Dereito e especialidades xurídicasCódigo: TCS:1215/1
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Xurídico Social
Inicio e fin
19/01/2026 – 26/03/2026
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
20.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Desde hai décadas a Comunidade Europea está a promover a utilización de medios adecuados en solución de conflitos por medio de recomendacións e directivas, como vías alternativas e/o complementarias da vía xudicial. Ademais, a recente Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de Medidas de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza, incorporou un abanico de medios adecuados de solución de conflitos, MASC, como requisito de procedibilidade, para o incentivo do seu uso na promoción da cultura de paz.
No ámbito xurídico non podemos ignorar ese cambio de paradigma na resolución de conflitos que se foi desenvolvendo, dado que os procedementos xudiciais tradicionais resultan obsoletos, lentos e caros. A nova Lei Orgánica 1/2025, a lei de mediación, o próximo Estatuto da terceira persoa neutral están a contribuír a que os medios adecuados de solución de controversias como a mediación, a conciliación, o dereito colaborativo, entre outros, estean a consolidarse como procedementos de resolución de conflitos.
Este programa desenvolvese en tres grandes liñas: a regulación dos medios adecuados de solución de controversias, a aplicación administrativa e xurisdicional e os aspectos psicolóxicos, técnicas, competencias e estratexias na resolución dos conflitos.
Coa superación da formación de experto, o alumnado en posesión das titulacións previstas na Lei 5/2012, do 6 de xullo, en mediación civil e mercantil (título oficial universitario ou de formación profesional superior) adquiren a formación específica que esixe esta Lei 5/2012 para actuar como mediador no ámbito civil (incluída a mediación familiar) e mercantil.
Así mesmo, adquiren a formación específica en Dereito Colaborativo, segundo os estándares da IACP (International Academy of Collaborative Professionals) e en todos os Medios adecuados de solución de controversias en vía non xurisdicional con regulación especial, regulados na Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
Este título de experto/a está conformado por 4 microcredenciais universitarias, que son títulos curtos, certificables en toda Europa e que permiten unha estructura modular, puidendo combinarse en credenciais máis amplas. Ademais, están enmarcadas dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contan cunha financiación do 70% para persoas entre 25 e 64 anos.
Director/a:
Esther Pillado González
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
epillado@uvigo.es; blotero@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
20/10/2025 – 30/12/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
07/01/2026 – 13/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
150 horas
Docencia non presencial
90 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Ciencias Xurídicas e doTraballo / Plataforma de teledocencia Moovi
Horario
- Número de horas presenciais: 150 horas
- Número de horas virtuais síncronas: 30 horas
- Número de horas virtuais asíncronas (ao teu ritmo): 60 horas
Microcredencial 1: Métodos adecuados de solución de conflitos
- Módulo I
-Docencia asíncrona: 19/01-23/01 e 26/01-30/01
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00h): 22/01,23/01,29/01 e 30/01
Microcredencial 2: Negociación e técnicas de mediación
- MÓDULO II: Negociación e técnicas de mediación
-Docencia asíncrona: 02/02-06/02 e 09/02-13/02
-Docencia síncrona virtual (16:00 A 20:00h): 03/02 e 04/02
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00h): 05/02 e 06/02 - MÓDULO III: prácticas
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00h): 09/02, 10/02, 11/02, 12/02 e 13/02
Microcredencial 3: Mediación en asuntos civís e mercantís
- MÓDULO IV: Mediación civil, mercantil e familiar
-Docencia asíncrona: 23/02-27/02
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00h): 26/02 y 27/02 - MÓDULO V: prácticas
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00h): 03/03,04/03, 05/03, 06/03 - MÓDULO VI: Discapacidade, infancia, maiores e mediación
-Docencia asíncrona: 09/03-13/03
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00h): 12/03 y 13/03
Microcredencial 4: Dereito colaborativo e conciliación privada
- MÓDULO VII: Dereito colaborativo e conciliación privada
-Docencia asíncrona: 16/03- 20/03
-Docencia síncrona virtual (16:00 A 20:00h): 16/03 e 17/03
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 20:00h): 18/03 - MÓDULO VIII: Práctica colaborativa e proceso conciliador
-Docencia síncrona presencial (16:00 A 21:00 h):20/03, 23/03, 24/03,25/03 e (9:00-14:00h e 16:00-21:00h) 26/03
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 950 € | 855 € | 807.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Este título de experto/a está conformado por 4 microcrenciais. Estas catro microcredenciais están enmarcadas dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contan cunha financiación do 70% para persoas entre 25 e 64 anos. O alumnado pagará un 30% do prezo que lle corresponda.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Obxectivos
– Dar a coñecer os ámbitos de aplicación dos medios adecuados de solución de conflitos.
– Dotar dos coñecementos necesarios para desenvolver os procedementos de Mediación, Conciliación Privada e Dereito Colaborativo e demais MASC regulados na Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
– Incorporar unha visión interdisciplinaria.
Destinatarios
A todas aquelas persoas que, desde as súas distintas formacións de orixe, teñan interese por especializarse nos diferentes Medios Adecuados de Solución de Conflitos.
Saídas Profesionais
Coa superación desta formación de experto, aqueles alumnos que estean en posesión das titulacións previstas na Lei 5/2012, do 6 de xullo, en mediación civil e mercantil (título oficial universitario ou de formación profesional superior) adquiren a formación específica que esixe esta Lei 5/2012 para actuar como mediador no ámbito civil (incluída a mediación familiar) e mercantil.
Así mesmo, adquiren a formación específica en Dereito Colaborativo, segundo os estándares da IACP (International Academy of Collaborative Professionals) e en todos os Medios adecuados de solución de controversias en vía non xurisdicional con regulación especial, regulados na Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
Idioma
Castelán
Condicións de acceso
Requerimentos de acceso ao título:
– Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.
– Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
– Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos e acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.
Aqueles alumnos que xa conten cunha formación específica en mediación nunha institución debidamente acreditada conforme a Ley 5/2012, de mediación en asuntos civís e mercantís, recoñeceráselles 4 ECTS correspondentes aos Módulo IV (Aspectos xerais da Mediación. Mediación civil, mercantil e familiar.) e Módulo V (Prácticas. Mediación civil, mercantil e familiar.). Tendo que cursar 2 ECTS relativos o Módulo IV Discapacidade, infancia, maiores e mediación.
Criterios de selección
- Curriculum Vitae 50%
- Expediente académico 50%
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Copia do título universitario
2) Certificado de estudos previos
3) Certificado de experiencia profesional ou equivalente
4) Curriculum Vitae
5) Vida laboral
6) Expediente Académico
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200553 | Métodos adecuados de solución de conflictos | Obligatoria | 5.0 |
| 200554 | Negociación y técnicas de mediación | Obligatoria | 5.0 |
| 200555 | Mediación en asuntos civíles y mercantiles | Obligatoria | 6.0 |
| 200556 | Derecho colaborativo y conciliación privada | Obligatoria | 5.0 |
Profesorado
Avaliación
Cada semana en liña ao alumno colgaráselle material para o estudo da materia da semana, e exporase unha actividade que en función da materia poderá ser unha tarefa práctica, teórica, un foro, un test, etc. que puntuará o 40% do módulo, sendo o outro 60% avaliable nas actividades presenciais. Para obter o título será necesario asistir ao 85 por cento das horas lectivas, así como superar as tarefas con “apto”.
Titulación
Experto/a en medios adecuados de solución de conflitos
Fe de erratas: O primeiro módulo ten unha duración de 4 ECTS e non 5 como di no apartado de materias.
