Auga, termalismo e saúde

Experto

Ámbito: Ciencias biomédicasCódigo: TCS:1193/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Ciencias da saúde

Inicio e fin

18/09/2025 – 30/06/2026

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

20.0 ECTS

Estado

En curso

18 prazas

 

Descrición

O título de Experto en Auga, termalismo e saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal. O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.

O Módulo 1 enfocase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais. O Módulo 2 céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal, na formulación de produtos para o coidado da pel. O Módulo 3 aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.

O programa inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permitirá ao estudantado aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.

Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición. Consulta os prazos de preinscrición e matrícula aquí.

  • 1º prazo de preinscrición: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2025
  • 1º prazo de matrícula: do 14 de xullo ao 24 de xullo de 2025
  • 2º prazo de preinscrición: do 30 de xullo ao 29 de agosto de 2025
  • 2º prazo de matrícula: do 11 de setembro ao 12 de setembro de 2025

 

Director/a:

Mª Inmaculada Franco Matilla e María José Pérez Álvarez

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

mjperez@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
30/07/2025 – 29/08/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
11/09/2025 – 12/09/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

136 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

60 horas

Lugar de impartición
As clases presenciais e de laboratorio serán impartidas na Facultade de Ciencias e nas visitas a empresas do sector. A formación virtual será a través do Campus remoto da Universidade de Vigo. Para a documentación e titorización empregarase a plataforma de teledocencia MooVi.

  • Nº de horas síncronas presenciais: 97 h 
  • Nº de horas síncronas virtuais: 39 h 
  • Nº de horas de prácticas externas: 60 h 

 

Horario

Xoves e venres pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

Os módulos 1 e 2 impartiránse no primeiro cuatrimestre. O módulo 3 e as prácticas externas terán lugar no segundo cuatrimestre. 

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
200 € 180 € 170 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

O título establece os seguintes obxectivos de aprendizaxe para o alumnado que supere as materias do mesmo, co fin de formar persoas expertas no emprego dos recursos termais:

  • Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.
  • Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.
  • Coñecer as normativas aplicables ao recurso.
  • Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.
  • Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.
  • Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras.
  • Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.
  • Identificar as súas necesidades formativas e organizar o seu aprendizaxe de forma autónoma.

 

Destinatarios

Titulados universitarios e titulados de Formación Profesional de Grado Superior con experiencia profesional.

 

Saídas Profesionais

As capacidades, coñecementos e habilidades que debe adquirir o estudantado ao rematar os estudos de experto son:

  • Coñecer e comprender o papel da auga na dinámica terrestre, a súa protección e valoración como recurso.
  • Analizar a importancia da calidade microbiolóxica e química das augas.
  • Coñecer as normativas aplicables ao recurso.
  • Coñecer as indicacións das augas para as distintas patoloxías en función das súas características físico-químicas e as diferentes técnicas de aplicación.
  • Coñecer os fundamentos da pel e os factores que poden afectar a saúde cutánea.
  • Poder aplicar seus coñecementos na resolución de problemas nos ámbitos laborais ou profesionais co uso de ideas creativas e innovadoras.
  • Adquirir a capacidade de recopilar e interpretar datos e informacións sobre as que fundamentar conclusións no seu ámbito.

 

Competencias Específicas

  • Capacidade de aprendizaxe autónomo.
  • Capacidade para a resolución de problemas e toma de decisións.
  • Capacidade para a investigación e innovación no ámbito profesional.
  • Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas.
  • Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
  • Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novos contornos relacionados coa súa área de estudo.
  • Que o alumnado saiba comunicar de forma clara as súas conclusións e os coñecementos e razóns finais que as sustentan.
  • Que o alumnado sexa capaz de aplicar as ferramentas, técnicas e tecnoloxías adecuadas para a definición, desenvolvemento e análise de proxectos de mellora e innovación.
  • Coñecemento, xestión, descrición e identificación de forma detallada e integrada de todos os aspectos do termalismo.
  • Coñecemento, comprensión e identificación das aplicacións terapéuticas e preventivas do termalismo.
  • Coñecemento e comprensión da estrutura e propiedades das augas minerais e termais e de todos os produtos hidrominerais.
  • Coñecemento, comprensión e manexo dos aspectos dermocosméticos do termalismo.
  • Coñecemento e comprensión dos indicadores de calidade da auga mineral desde o punto de vista terapéutico, biolóxico, químico, xeolóxico e cosmético.
  • Ter coñecementos dos aspectos éticos e legais do termalismo.
  • Coñecemento e comprensión dos requisitos técnicos para o deseño óptimo das instalacións térmicas.
  • Recoñecemento dos distintos niveis de organización nos centros termais.
  • Comprender os riscos asociados ao termalismo.
  • Coñecementos de investigación, innovación e valorización nas distintas áreas do termalismo.

 

Condicións de acceso

– Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.

– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.

REQUIRIMENTOS DE ACCESO AOS TÍTULOS MODULARES :

– Cumprir os requisitos de acceso ao título de experto.

– Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

– Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

1) Título académico

2) Expediente académico

3) Experiencia profesional

4) DNI

 

Criterios de selección

1. Expediente académico: 90%

2. Experiencia profesional: 10%

 

Metodoloxía

 

Materias

id nome caracter créditos
200496 Hidrogeología Obligatoria 0.9
200497 Calidad química del agua Obligatoria 1.3
200498 Calidad microbiológica del agua Obligatoria 1.3
200499 Régimen jurídico de las aguas mineromedicinales y termales Obligatoria 0.5
200500 Innovación en termalismo Obligatoria 1.0
200501 Dermocosmética Obligatoria 2.0
200502 Dermocosméticos elaborados con agua minero-medicinal y sus derivados Obligatoria 2.0
200503 Indicaciones de la medicina termal Obligatoria 5.0
200504 Aplicaciones terapéuticas de la medicina termal Obligatoria 3.0
200505 Prácticas externas Obligatoria 3.0

 

Profesorado

  • D. Antonio Freire Magariños, Gala Termal e Iberik
  • Dra. Carmen Paula Gómez Pérez, Universidade de Vigo
  • Dr. Eder Peña Quimbaya, Universidad de Caldas (Colombia)
  • Dra. Elena Falqué López, Universidade de Vigo
  • Dr. Francisco Maraver Eyzaguirre, Universidad Complutense de
    Madrid
  • Dra. Herminia Domínguez González, Universidade de Vigo
  • Dra. Inmaculada Franco Matilla, Universidade de Vigo
  • Dr. Jose Angel Cid Fernández, Universidade de Vigo
  • Dr. Jose Luis Legido Soto, Universidade de Vigo
  • Dr. Juan Gestal Otero, Universidad de Santiago de Compostela
  • Dra. Julia Carballo Rodríguez, Universidade de Vigo
  • Dra. Mª Concepción Pérez Lamela, Universidade de Vigo
  • Dra. Mª Dolores Fernández Marcos, Caldaria Termal SL
  • Dra. Mª Dolores Pérez Torres, Universidade de Vigo
  • Dra. Mª Lourdes Mourelle Mosqueira, Peloides Termales SL
  • Dra. Maria Del Carmen Valenzuela Rico, Balneario de Archena
  • Dra. María José Pérez Álvarez, Universidade de Vigo
  • Dra. Maria Lorena Vela, Universidad Complutense de Madrid
  • D. Pablo García Vivanco, Farmacia Prieto-Vivanco
  • Dr. Pedro Antonio Araujo Nespereira, Universidade de Vigo
  • Dr. Roberto Bustillo Bolado, Universidade de Vigo
  • Dra. Rosa Meijide Failde, Universidade da Coruña
  • D. Salvador Ramos Rey, Talaso Atlántico
  • Dna. Sofía Salgado Pontón, Universitat Rovira i Virgili

 

Observacións sobre as prácticas

As prácticas en empresas traballarán:

1. Aplicación práctica da teoría: Permiten integrar os coñecementos teóricos nun entorno real de traballo, mellorando a comprensión do sector.

2. Desenvolvemento profesional: O estudantado adquire competencias específicas do sector termal, como a xestión das augas termais e o benestar, aumentando a sua empregabilidade.

3. Fomento da empregabilidade: A experiencia práctica facilita a inserción laboral e o contacto con posibles futuros empregadores.

4. Formación integral: Asegura unha preparación completa, combinando teoría con práctica real, e mellora a comprensión do uso terapéutico das augas termais.

En resumen, as prácticas ofrecen unha formación máis completa e práctica, esencial para o desenvolvemento profesional e a conexión co sector do termalismo.

 

Avaliación

Cada materia avaliará a asistencia, participación e actividades propostas. A o finalizar cada módulo farase un exame conxunto dos coñecementos das materias impartidas no dito modulo. A nota final comporase da calificación obtida no exame e o 40 % restante, de forma ponderada según a carga docente de cada materia, das outras actividades evaluadas.

No caso dás prácticas externas avaliaranse mediante a realización dunha memoria que terá que ser entregada unha semana, como máximo, despois da finalización da práctica.

1º oportunidade: Módulo 1: 21 de novembro de 2025; Módulo 2: 23 de xaneiro de 2026; Módulo 3: 30 de abril de 2026

2º oportunidade: Módulo 1: 24 de xuño de 2026; Módulo 2: 25 de xuño de 2026; Módulo 3: 26 de xuño de 2026

 

Titulación

Experto/a en auga, termalismo e saúde

 

Máis información

http://cpfp.uvigo.gal/