Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopediaCódigo: TCS:1156/1
Área de interese principal: Ciencias da saúde | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
28/02/2025 – 23/03/2025
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
O curso avanzado de posgrao de Fisioterapia deportiva en extremidades é unha formación que trata de profundar na resposta terapéutica que dende a fisioterapia se pode dar nas lesións traumáticas no eido deportivo, sendo estas as máis habituais neste ámbito. A relevancia da formación para estudantes e profesionais de Fisioterapia radica na integración que se fai de diferentes técnicas de tratamento, como é a vendaxe, as técnicas manipulativas e o exercicio terapéutico, xunto cunha valoración do/a paciente, de cara a acadar unha boa e rápida evolución do/a mesmo/a, facilitando unha máis rápida reincorporación á actividade deportiva.
A denominación do curso fai referencia, por outra parte, a que esas lesións no eido deportivo vanse a centrar naquelas que se producen nos diferentes segmentos corporais das extremidades, tanto superiores (cintura escapular – ombro, cóbado, pulso e man) como inferiores (cadeira, xeonllo, nocello e pé). Algunhas das patoloxías sobre as que se vai a profundar na súa valoración e tratamento dende a proposta de Fisioterapia indicada (vendaxes, técnicas manipulativas e exercicio terapéutico) son tan relevante no eido deportivo como as cervicobraquialxias, a síndrome do impingement ou belisco subacromial, epicondilalxia, a síndrome do pronador, o túnel carpiano, a síndrome do corredor, a escordadura de nocello ou a fascite plantar.
Na actualidade é grande o interese pola práctica deportiva e o número de practicantes vai incrementando ano a ano. Isto fai que tamén se vexa aumentado o número de lesións e que darlle solución de forma axeitada e co menor impacto en canto ao tempo fóra da práctica deportiva sexa un obxectivo fundamental, tanto para o/a deportista como para o/a profesional que o/a trate. Este curso pretende facilitar nos seus participantes incrementar a súa competencia clínico-asistencial para dar resposta dunha forma efectiva e rápida aos/ás deportistas que sofren unha lesión. Na formación facilitarase a integración de coñecementos que xa posúen con novas perspectivas de actuación, integrando técnicas pasivas e activas de tratamento, o que tamén busca que os/as pacientes sexan co-responsables do seu propio tratamento. A experiencia dos docentes neste eido pode facilitar acadar os obxectivos desta formación, o que poderá ser positivo para os/as participantes da mesma e dos/das seus/súas pacientes.
Director/a:
Gustavo Rodríguez Fuentes, Pablo Hernández Lucas
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
gfuentes@uvigo.gal, phernandez@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/11/2024 – 26/02/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
01/01/2025 – 27/02/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
50 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultad de Fisioterapia, Campus de Pontevedra
Horario
O curso desenvolverase entre o 28 de febreiro de 2025 e o 23 de marzo de 2025 (28 de febrero e 1, 2, 21, 22 e 23 de marzo).
Venres de 15:00 a 21:00 horas; sábados de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; domingos de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas.
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
300 € | 270 € | 255 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
Aprender a valorar a hipomobilidade e hipermobilidade articular.
Integrar valoración e tratamento en casos clínicos reais.
Coñecer como combinar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico notratamento de lesións en deportistas.
Alcanzar a destreza necesaria para aplicar as manipulacións das articulacións das extremidades.
Destinatarios
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia e estudantes de Fisioterapia que, cando menos, no curso 2024-25 estivesen en 3º curso do Grao de Fisioterapia.
Saídas Profesionais
Ao rematar o presente curso avanzado de posgrao, o alumnado terá os coñecementos básicos da aplicacións combinada máis axeitada das técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións traumáticas deportivas a nivel das articulacións dos membros superiores e inferiores.
Estes coñecementos permitiralle ao alumnado poder empregar as citadas técnicas de tratamento en diferentes centros laborais: centros deportivos, clubs deportivos, centros de fisioterapia, hospitais, centros de saúde, etc.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
Coñecer o concepto de hipo e hipermobilidade.
Coñecer as indicacións e contraindicacións das manipulacións con impulso.
Coñecer como e cando usar a vendaxe propioceptiva no/a deportista.
Coñecer como e cando integrar o exercicio terapéutico no/a deportista.
Lembrar as principais consideracións biomecánicas das articulacións das extremidades.
Aprender a integrar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións deportivas das articulacións do membro superior.
Aprender a integrar as técnicas de vendaxe, manipulación e exercicio terapéutico nas principais lesións deportivas das articulacións do membro inferior.
Competencias Transversais
Capacidade para comunicarse oralmente de forma efectiva cos/coas pacientes.
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora continua, así como de adaptación a novas situacións.
Desenvolverse con creatividade, organización e liderado cos/coas pacientes.
Condicións de acceso
1) Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.
2) Alumnado do Grao en Fisioterapia de 4º curso.
3) Alumnado do Grao en Fisioterapia de 3º curso.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación.
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos.
Metodoloxía
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200469 | Fisioterapia deportiva en extremidades | Obligatoria | 5.0 |
Profesorado
Gustavo Rodríguez Fuentes
Pablo Hernández Lucas
Avaliación
A avaliación consistirá na realización dun exame ao final do curso e a entrega dun traballo.
O exame será de tipo test e haberá que sacar un 5/10 para superalo.
O traballo, desenvolto de forma individual ou por parellas, consistirá na presentación dun caso clínico relativo a unha das patoloxías máis prevalentes das extremidades no eido deportivo, onde se terá que presentar as características clínicas do caso clínico, a valoración feita (probas, test específicos…) e o plan de tratamento a desenvolver tendo en conta as técnicas vistas ao longo do curso.
Ademais, esixirase unha asistencia, cando menos, do 80% das horas do curso.
Titulación
Diploma de curso avanzado de posgrado en Fisioterapia deportiva en extremidades