Experto
Ámbito: Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidadesCódigo: TCS:1146/1
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
09/09/2024 – 24/01/2025
Modalidade
Modalidad no informada
Créditos ECTS
16.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
O título propio de Experta/o en Edición ten como obxectivo que o alumnado adquira as competencias profesionais necesarias básicas que lle permitan incorporarse ao mundo laboral por conta propia ou allea, tanto para traballar nunha ou para unha editorial, coma para prestar servizos editoriais a outras entidades que poden incorporar entre as súas actividades a edición, como por exemplo, museos, servizos de publicacións, institucións públicas etc.
O título divídese en cinco materias que seguen todas as fases da cadea de valor do libro. Logo dunha introdución ao sector da edición en Galicia e aos perfís profesionais que se dan neste mercado, o estudantado irá coñecendo unha a unha as diferentes fases da cadea de produción dun libro, dende a concepción dos contidos e o deseño do libro como obxecto, até a xestión de dereitos e equipos de traballo, pasando pola corrección dos textos e das probas de imprenta, así como a comercialización e comunicación do produto. A docencia combina teoría e práctica. Esta última realízase a partir de textos e proxectos reais de editoras profesionais que están no mercado galego.
Director/a:
Ana Luna Alonso
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
aluna@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/06/2024 – 05/09/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/07/2024 – 06/09/2024
Modalidade
Docencia presencial/virtual
60 horas
Docencia non presencial
60 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Tradución – plataforma moovi
Horario
O curso desenvolverase entre o 9 de setembro de 2024 e o 24 de xaneiro de 2025.
Haberá dúas sesións semanais de 4 horas. Unha sesión será presencial, e outra, en modalidade virtual síncrona.
Cada semana, as sesións serán de dous módulos distintos a fin de facilitar ao alumnado a elaboración de tarefas dunha semana para a seguinte.
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
800 € | 720 € | 680 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Formar ao alumnado na edición de libros e outros materiais afíns, tanto en formato impreso coma dixital, para ofrecer servizos editoriais profesionais.
- Familiarizar o alumnado cos diferentes ámbitos da edición (comercial, institucional, académica e educativa).
- Capacitar o alumnado para a toma de decisións motivada e xustificada en calquera das tarefas relacionadas coa edición.
- Dotar o alumnado das competencias necesarias básicas para incorporarse ao mundo laboral no sector editorial.
- Formar o alumnado na xestión de equipos de distintos profesionais (ilustración, tradución, autoría…) segundo as características de cada proxecto editorial.
- Capacitar o alumnado para facer escollas adecuadas de deseño editorial e impresión atendendo ás características de cada proxecto de edición
- Crear no alumnado unha motivación pola calidade e a profesionalidade.
- Proporcionar ao alumnado ferramentas para o emprendemento no sector do libro.
- Dotar o alumnado de coñecementos sobre a relevancia do sector do libro, en particular, nas industrias culturais en Galicia e destas en Xeral.
- No sector do libro en Galicia abrangue, entre outros contidos, os da relevancia do sector dentro das industrias culturais, datos socioeconómicos da produción editorial en Galicia (facturación, emprego…), políticas editoriais e fluxos de importación/exportación (a relevancia da tradución), a cadea do valor do libro, editoras presentes no mercado (perfís, relación, etc.), perfís ligados á produción editorial, asociacións profesionais, políticas públicas de promoción do libro e da lectura etc.
- Na produción editorial céntrase máis na vertente intelectual da publicación e na xestión do proxecto, abrangue, entre outros, os contidos seguintes: inicio dun proxecto editorial, a importancia do catálogo e da súa coherencia, formación e xestión de equipos multidisciplinares, dereitos de autoría e propiedade intelectual, estimación económica dun proxecto editorial etc.
- O módulo de deseño editorial abrangue todas as cuestións relativas á vertente máis material do libro, dende as artes gráficas (encadernación, tipos de papel, impresión etc.) até a composición dos textos (partes do libro, deseño, relación texto-imaxe, tipografías etc.).
- Na parte de preedición, estudaranse e practicaranse os distintos procedementos aos que se someten texto e imaxe antes de entrar en produción, así como as ferramentas e recursos dispoñibles. A preimpresión abordará as distintas fases de control de calidade polas que pasa unha publicación antes de entrar definitivamente en imprenta, con particular atención á revisión de galeradas e probas de tinta.
- O último módulo corresponde ao peche da cadea de valor e nel estudaranse, entre outros temas, cales son as canles de distribución do libro (distribuidoras, librarías, eventos, bibliotecas…), como funciona a publicidade e o márketing dun libro, e que ferramentas de comunicación existen.
Destinatarios
Estudantes e profesionais que queiran traballar nunha editorial, prestar servizos editoriais a outras entidades que poden incorporar entre as súas actividades a edición, por exemplo, museos, servizos de publicacións, institucións públicas etc.
A demanda social ven avalada pola importancia do sector do libro en Galicia. Segundo datos do último barómetro da cultura galega elaborado polo Consello da Cultura de Galicia, documento que describe o estado, evolución, necesidades e perspectivas das empresas culturais galegas, o sector do libro é a segunda actividade de maior peso na nosa cultura.
Ademais de todo isto, cómpre ter en conta que Vigo é a quinta cidade do Estado español en produción editorial (atendendo á concentración de empresas por número de habitantes), polo que, ao cursar esta formación na Universidade de Vigo, o alumnado estará nun contexto idóneo no que vivir de preto o mundo da edición.
Saídas Profesionais
1. Capacidade para xestionar un proxecto editorial dende o principio até a fin: dende oconcepto até a súa comercialización
2. Capacidade para xestionar e coordinar un equipo multiprofesional para un proxecto editorial
3. Capacidade para facer unha estimación económica dun proxecto editorial
4. Coñecementos básicos en deseño e maquetación editorial
5. Coñecementos básicos en edición de textos
6. Coñecementos sobre os diferentes ámbitos de edición e as súas particularidades
7. Capacidade para preparar texto e imaxe para a súa posterior edición
8. Capacidade para avaliar a calidade dunha publicación antes da súa entrada en imprenta
9. Habilidade para empregar os recursos e estratexias de márketing precisas para comunicar ocarácter diferencial dunha publicación
Idioma
100% galego
Competencias Específicas
Coñecer os diferentes elos da cadea de valor do libro
Coñecer as características do sector editorial galego
Saber xestionar un proxecto editorialSaber coordinar un equipo formado por diferentes profesionais do eido da ediciónSer capaz de avaliar a calidade dunha publicación e dun catálogo editorial
Coñecer en que consiste a composición de libros e saber executala a nivel elemental
Coñecer as características e funcionamento das artes gráficas
Dominar os recursos e estratexias de márketing precisas para a comunicación dun produto Editorial
Saber preparar textos e documentos para a súa posterior edición
Saber calcular os tempos e custos precisos para desenvolver correctamente un proxecto de edición tanto en papel coma dixital
Saber tomar decisións axeitadas nas escollas da execución material da publicación
Saber executar os controis de calidade precisos antes de que unha publicación entre en impresión
Comprender a importancia estratéxica do sector do libro na economía galega
Coñecer as dinámicas das industrias culturais en Galicia
Coñecer formas de emprendemento dentro da economía social
Condicións de acceso
TITULADOS/AS UNIVERSITARIOS:-
– Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue ou acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
En ambos os casos, calquera titulación, preferentemente da área de Humanidades, ben que para o ingreso tamén se valorarán aquelas persoas que, tendo un perfil doutra área, demostren a idoneidade mediante formación específica ou experiencia profesional.
ESTUDANTES UNIVERSITARIOS:
– Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
PROFESIONAIS:
– Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade de acordo con a normativa vixente.
O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Título ou títulos académicos de nivel superior, ou título que acredite ter superados 120 créditos ECTS dunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
2) Expediente académico.
3) Certificados de formación específica.
4) Documentos que acrediten a experiencia profesional relacionada.
5) Acreditación dos coñecementos de lingua galega.
6) Carta de motivación.
Criterios de selección
CRITERIOS DE ADMISIÓN:
1) Titulación de acceso: 15%
2) Nota media do expediente académico: 15%
3) Formación específica 15%
4) Experiencia profesional relacionada: 15%
5) Competencia en lingua galega: 15%
6) Carta de motivación: 15%
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200434 | El sector del libro y la edición en Galicia | Obligatoria | 3.0 |
200435 | Producción editorial | Obligatoria | 4.0 |
200436 | Diseño editorial | Obligatoria | 3.0 |
200437 | Preedición y preimpresión | Obligatoria | 2.0 |
200438 | Comercialización y comunicación | Obligatoria | 3.0 |
200439 | Trabajo fin de título | Obligatoria | 1.0 |
Profesorado
- Ana Luna Alonso: profesora titular de Tradución da UVigo, integrante do grupo de investigación Bitraga e especialista en políticas editoriais de tradución.
- Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez: licenciados en Arquitectura pola ETSA da Universidade da Coruña, integran o estudio de deseño Desescribir, cuxos traballos acadaron múltiples premios nacionais e internacionais. En 2012 fundan Fabulatorio, editora especializada en proxectos de arte, deseño e cultura visual…
- Isidro Dozo Valladares: licenciado en Publicidade e Comunicación pola UVigo, con máis de 20 anos de experiencia. En 2016 cofunda Catro Ventos Editora (Premio Galego aos Valores Cooperativos en 2021).
- Laura Sáez: licenciatura en Tradución e mestrado en Edición da USC. É editora, tradutora, escritora e, como editora, fundou e dirixe a editorial PatasdePeixe.
- Patricia Buján Otero: profesora asociada de Tradución, integrante do grupo de investigación Bitraga, tradutora, correctora e editora (Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega).
- Xosé Antón González Serén: licenciatura en Historia e mestrado en Edición de Libros da Universidade de Salamanca. Conta con 20 anos de experiencia profesional na edición (entre outros, Obradoiro-Santillana, Através Editora).
Avaliación
A avaliación comprende a avaliación por materia e a avaliación xeral do curso.
A avaliación por materia consistirá na avaliación da propia participación activa na clase e na elaboración dunha tarefa final coas distintas prácticas elaboradas durante a materia.
A avaliación xeral do curso consistirá na avaliación do portafolio elaborado pola/o estudante con cada unha das tarefas finais de materia.
O alumnado disporá de dúas oportunidades de avaliación por materia.
Para acadar o título, a/o estudante deberá superar cada unha das avaliacións da materia e a avaliación final.
No caso de non superar o ensino do título propio, o estudantado poderá solicitar un certificado de asistencia tras xustificar a súa necesidade. Neste certificado faranse constar as materias superadas e non superadas.
Titulación
Experto/a en Edición. A cadea do libro: deseñar, executar e resolver proxectos editoriais