
Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1140/3
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
11/01/2027 – 21/02/2027
Modalidade
Asíncrona (en liña)
Créditos ECTS
6.0 ECTS
Estado
Descrición
Este curso de formación analiza a relevancia no seu tempo e a transcendencia posterior do drama de José Zorrilla Don Juan Tenorio (1844), unha das obras máis universalmente coñecidas da literatura española. Organízase en seis temas que se van desenvolver en seis semanas e ofrece unha formación especializada de nivel medio, orientada ao alumnado dun grao do ámbito humanístico ou a calquera estudante que amose curiosidade por saber máis deste personaxe e do seu contexto de creación.
Os contidos do curso son fundamentalmente audiovisuais, de creación propia. A modalidade asíncrona favorece a accesibilidade a esta formación complementaria dos estudos oficiais, única adicada a un clásico da literatura no SUG.
Director/a:
Montserrat Ribao Pereira
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
ribao@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición
02/10/2026 – 15/12/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
02/10/2026 – 22/12/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
0 horas
Docencia non presencial
150 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus Remoto UVigo
Horario
Ao tratarse dun título que se vai impartir asíncronamente o horario é o que o alumnado decida libremente
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 54 € | 48.6 € | 45.9 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
- Fomentar o sentido crítico na abordaxe actual dos textos literarios.
- Dotar ao alumnado de ferramentas para a análise significativa dos textos.
- Formar ao alumnado nun dos clásicos más salientables da literatura española, dende diferentes perspectivas críticas.
- Capacitar ao alumnado para coñecer as características propias do Tenorio e a súa pervivencia cultural no século XIX.
- Proporcionar ferramentas para analizar o texto dramático de Zorrilla, no seu contexto sociocultural, estético e teatral.
- Fomentar o espírito crítico e dar valor á lectura dos textos clásicos.
- Mostrar a confluencia de diferentes tradicións artísticas na escritura e nas reescrituras deTenorio.
Destinatarios
- Estudantes interesados na literatura española.
- Estudantes do ámbito humanístico que queiran afondar nas técnicas de análise de un clásicoteatral.
- Cualquera persoa que requira esta formación para o seu desenvolvemento persoal ou profesional.
Saídas Profesionais
O curso de formación universitaria está orientado a proporcionar unha intensificación nocoñecemento que sexa relevante na actividade profesional, actual ou futura, do alumnado, neste caso calquera ámbito relacionado coa literatura, a súa análise ou divulgación.
Idioma
100% Castelán
Competencias Específicas
- Coñecer a relevancia de don Juan Tenorio na literatura española.
- Saber argumentar criticamente as razóns que fan dun texto un clásico da literatura.
- Ser quen de manexar ferramentas específicas para a análise de textos teatrais.
- Dominar a terminoloxía propia do estudo literario e espectacular dun drama.
Competencias Transversais
- Comprender a importancia dos clásicos literarios máis aló do seu tempo de escritura.
- Valorar a lectura crítica e o coñecemento humanísitco.
Condicións de acceso
Estar matriculado nalgunha titulación superior.
Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudios previos
3) Copia certificación académica de los créditos superados en un grado universitario
Criterios de selección
Orde de preinscrición
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200403 | Enredos y reyertas en la literatura española: Don Juan Tenorio, de José Zorrilla | Obligatoria | 6.0 |
Profesorado
Montserrat Ribao Pereira
Avaliación
A avaliación farase a través de seis cuestionarios (un por tema) de resposta múltiple, que o alumnado poderá responder e entregar en calquera data da semana na que estea aberto o tema correspondente. Quen non supere algún dos seis cuestionarios terá a oportunidade de superar o curso respondendo correctamente ao 50% das preguntas que, sobre o curso completo, se fagan nun cuestionario final ao rematar o curso.
Titulación
Leas e liortas na literatura española: Don Juan Tenorio, de José Zorrilla
