
Especialista
Ámbito: Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentosCódigo: TCS:1138/2
Área de interese principal: Ciencias | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
28/11/2025 – 27/06/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
48.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Os retos da industria alimentaria actual xa non se limitan á calidade e seguridade dos alimentos; a sustentabilidade tamén xoga un papel importante, tanto na adquisición de materias primas como nos procesos de transformación ás que se someten. Por iso, unha das áreas clave de investigación e innovación no sector alimentario céntrase en promover un cambio nos patróns de produción e consumo de alimentos cara a un futuro sostible. Neste título propio pretendemos incluír unha serie de materias dirixidas á formación de estudantado de posgrao nesta materia e que complementarán tamén a formación continua das persoas tituladas nas titulacións oficiais que ofrece a Facultade de Ciencias no ámbito das Ciencias Agroambientais e dos Alimentos.
Nun momento no que a sustentabilidade é unha das pedras angulares dos sistemas produtivos dos países desenvolvidos, cómpre complementar a formación dos profesionais do sector alimentario en aspectos relacionados coa circularidade neste sector produtivo, en todos os elos da cadea produtiva, aplicando o principio de “da granxa á mesa”, e procurando, polo tanto, a sustentabilidade en todo o proceso, é dicir, no sector produtivo, no sector da distribución, etc.
Director/a:
Antonio Cid Samamed
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
acids@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
02/10/2025 – 17/11/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/11/2025 – 25/11/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
420 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
MOOVI / CAMPUS REMOTO UVIGO
Horario
O curso desenvólvese en 420 horas virtuais síncronas.
Venres de 16:00 a 18:00, e sábados de 9.00 a 13.00 (primeiro cuadrimestre) e de 10.00 a 12.00 (segundo cuadrimestre)
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 669 € | 602.1 € | 568.65 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
O obxectivo é formar profesionais especializados na procura da alimentación sostible ao longo detoda a cadea alimentaria, buscando aplicar os fundamentos da economía circular ao sector alimentario.
Destinatarios
Persoas licenciadas ou graduadas no ámbito científico e tecnolóxico con interese no ámbito agroambiental e alimentario.
Saídas Profesionais
As competencias, coñecementos e habilidades que os estudantes deben adquirir ao rematar atitulación son:
- Analizar os conceptos de sustentabilidade ambiental, social e económica.
- Identificar os conceptos de ecodeseño, economía circular e economía social.
- Avaliar o ciclo de vida dos produtos e o seu impacto social e ambiental.
- Avaliar os procesos produtivos mediante indicadores ambientais e aplicar a tecnoloxía adecuada para mellorar a súa sustentabilidade.
- Seleccionar materiais e tecnoloxías para o deseño e desenvolvemento de envases de alimentos.
- Saber propoñer e poñer en práctica estratexias de valorización de subprodutos na industria alimentaria.
- Diagnosticar a eficiencia dos procesos na industria alimentaria e implementar estratexias para a súa mellora.
- Propoñer as modificacións necesarias na dieta actual para a posta en marcha de proxectos gastronómicos sustentables.
Idioma
Inglés 100%
Competencias Específicas
- Ser capaz de aplicar os principios de sustentabilidade nos procesos de procesamento econservación dos alimentos e no desenvolvemento de produtos alimenticios.Incorporar principios de sustentabilidade nos procesos de procesamento e conservacióndos alimentos e no desenvolvemento de produtos alimenticios.
- Ser capaz de propoñer, dirixir e implementar proxectos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e conservación de alimentos e desenvolvemento de produtos alimenticios.
- Aplicar formulacións e tecnoloxías adecuadas para o desenvolvemento de sistemas e produtos alimentarios seguros e saudables con propiedades fisicoquímicas e sensoriais diferenciadas.
- Propoñer, dirixir e executar proxectos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e conservación de alimentos e desenvolvemento de produtos alimenticios.
- Ser capaz de aplicar os principios de sustentabilidade á cadea alimentaria, non sómediante procesos máis eficientes senón tamén identificando novas fontes de proteínas para o desenvolvemento dunha economía máis competitiva, sostible e inclusiva.
- Incorporar principios de sustentabilidade nos hábitos alimentarios e de cociña.
- Aplicar formulacións e tecnoloxías axeitadas para desenvolver dietas seguras e saudables con propiedades fisicoquímicas e sensoriais diferenciadas.
Competencias Transversais
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade para a resolución de problemas e toma de decisións.
- Capacidade para a investigación e innovación no ámbito profesional.
- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais nodesenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexiónssobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos exuízos.
- Que o estudantado posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
- Que o estudantado saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que o estudantado saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas queas sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Que o estudantado sexan capaces de aplicar as ferramentas, técnicas e tecnoloxías adecuadas para a definición, desenvolvemento e análise de proxectos de mellora, innovación e investigación de produtos e procesos da industria alimentaria.
- Que o estudantado sexan capaces de incorporar os principios de sustentabilidade nos proxectos de mellora, innovación e investigación de produtos e procesos da industria alimentaria.
- Que o estudantado sexan capaces de incorporar os principios de sustentabilidade nos proxectosde mellora, innovación e investigación de produtos e procesos da nutrición humana.
Condicións de acceso
– Estar en posesión dun titulo de Licenciado/Graduado no ámbito científico e tecnolóxico, con preferencia nas seguintes titulacións: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería Técnica en Industrias Agrarias e Alimentarias, Enxeñería Agraria, Ciencias Ambientais, Nutrición Humana e Dietética, Química, Bioloxía, Farmacia, Bioquímica, Biotecnoloxía.
– Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
– Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
– Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.
Criterios de selección
Expediente académico 100%
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200408 | Diseño de productos y procesos sostenibles en la industria alimentaria | Obligatoria | 6.0 |
| 200409 | Envases alimentarios sostenibles | Obligatoria | 6.0 |
| 200410 | Eficiencia de procesos de la industria alimentaria | Obligatoria | 6.0 |
| 200411 | Gastronomía sostenible | Obligatoria | 6.0 |
| 200412 | Nuevos alimentos más sostenibles | Obligatoria | 6.0 |
| 200413 | Sosteniblidad en la cadena alimentaria | Obligatoria | 6.0 |
| 200414 | Valoración de subproductos | Obligatoria | 6.0 |
| 200440 | Trabajo de fin de título | Obligatoria | 6.0 |
Profesorado
Avaliación
A avaliación das materias realizarase inmediatamente despois da finalización de cada cuadrimestre a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (contando con 2 convocatorias)
O Traballo de Fin do Título presentarase en primeira convocatoria o día 26/06/2026 e o día 20/07/2026 en segunda convocatoria.
Titulación
Sustentabilidade alimentaria
