Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1122/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
11/09/2024 – 31/01/2025
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
15.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Este curso desenvolve as competencias básicas para a realización de plans de seguridade da información, apoiando aos órganos directivos no desenvolvemento e implantación de Sistemas de Xestión da Seguridade da Información (SXSI), así como na realización de auditorías dos sistemas existentes, de acordo coa normativa ISO 27001 e o Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
Trátase dunha formación que combina sesións síncronas virtuais con prácticas que o estudante pode realizar de forma asíncrona. O curso ten unha orientación eminentemente práctica e proporciona tutorización personaliza ao estudante.
Este título desenvólvese ao amparo dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España para a promoción de cátedras de ciberseguridade en España e está financiado polo PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA- NEXT GENERATION EU.
Director/a:
Manuel Caeiro Rodríguez
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
manuel.caeiro@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
04/09/2024 – 09/09/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
04/09/2024 – 10/09/2024
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
0 horas
Docencia non presencial
100 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus Remoto UVigo
Horario
Martes e xoves de 16 a 19h
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
O curso está financiado con Fondos Europeos NEXTGENERATION e non terá custo para o alumnado.
Obxectivos
O obxectivo desta formación é proporcionar as competencias básicas iniciais para colaborar no ciclo completo de xestión de riscos de seguridade da información dunha organización. Partindo do inventario de activos e da identificación de ameazas e vulnerabilidades relacionadas coa ciberseguridade, o estudante será capaz de realizar a avaliación dos riscos e propoñer as medidas máis axeitadas, entre elas os controis de seguridade e a mitigación e prevención de riscos que mellor aborden a seguridade. obxectivos establecidos na estratexia da organización. Tamén será o responsable de supervisar a eficacia dos controis e dos niveis de risco, elaborar plans de continuidade do negocio e resposta a incidentes.
Destinatarios
Este curso está orientado ás persoas que forman parte as Forzas Armadas e aos reservistas de especial dispoñibilidade que requiran mellorar as súas capacidades dixitais no ámbito da ciberseguridade e que lles permita coñecer as tecnoloxías que teñen por obxectivo garantir a seguridade das instalacións, equipos, recursos, redes e servizos.
Saídas Profesionais
Este curso desenvolve as competencias básicas para un perfil técnico de consultor de riscos IT e ciberseguridade.
Idioma
100% en castelán
Competencias Específicas
- Desarrollar, manter, informar e comunicar o ciclo completo de xestión de riscos
- Garantizar que tódolos riescos de ciberseguridade permanezan nun nivel aceptable para os activos da organización
- Xestionar un inventario dos activos da organización
- Identificar e avaliar ameazas e vulnerabilidades relacionadas coa ciberseguridade dos sistemas de TIC
- Identificación do panorama de ameazas, incluidos os perfís dos atacantes e a estimación do potencial dos ataques
- Desenvolver a estratexia de xestión de riscos de ciberseguridade dunha organización
- Avaliar os risxos de ciberseguridade e propoñer as opcións de tratamento de riscos máis apropiadas, incluidos os controis de seguridade e a mitigación e prevención de riscos que mellor aborden a estratexia da organización.
- Supervisar a eficacia dos controis de ciberseguridade e os niveis de risCo.
- Desenvolver un plan de continuidade de negocio
Condicións de acceso
Persoal das forzas armadas ou reservistas de especial dispoñibilidade.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
– Copia documento de identidade
Criterios de selección
Competencia no uso de aplicacións ofimáticas, especialmente follas de cálculo
Metodoloxía
- Introdución á seguridade e á xestión de riscos en sistemas de información (0,6 ECTS)
- Seguridade de activos (0,6ECTS)
- Metodoloxías de modelado de ameazas (0,6 ECTS)
- Xestión da seguridade baseada en risco (1,8 ECTS)
- Controis e medidas de seguridade (1,2 ECTS)
- Documentación de procedementos e políticas de seguridade (0,6 ECTS)
- Xestión da seguridade no sector público (1,2 ECTS)
- Proba e avaliación dos sistemas de xestión de seguridade da información (1,32ECTS)
- Continuidade de negocio (1,8 ECTS)
- Traballo fin de curso (5,24 ECTS)
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200375 | Sistemas de Gestión de Seguridad de la Información. Consultor de Riesgos IT y Ciberseguridad | Obligatoria | 15.0 |
Profesorado
Avaliación
Ao longo do curso iranse propoñendo diversas probas de avaliación consistentes en cuestionarios a realizar na plataforma con distintos tipos de preguntas. Cada cuestionario ten unha puntuación máxima de 10, e a nota media de todos os cuestionarios ten un peso do 50% sobre a nota final, debendo obter unha nota media mínima de 4 sobre 10 para superar o curso.
Adicionalmente, no curso propoñerase a realización dun pequeno proxecto cuxo peso na avaliación final é do 50%, debendo obter tamén unha nota mínima de 4 sobre 10 para superar o curso.
Os alumnos contan con dúas oportunidades para a realización das probas de avaliación de cada módulo teórico:
– A ordinaria na última data de cada un dos mesmos (1 de marzo de 2025 e 11 de xullo de 2025) respectivamente.
– A extraordinaria o 18 de xullo de 2025 para o módulo teórico I e 19 de xullo 2025 para o módulo teórico II.
A data para a defensa do Traballo Fin de Máster será o 24 de xullo de 2025 en primeirac onvocatoria e o 28 de novembro de 2025 en segunda convocatoria.
Titulación
Diploma de curso formación universitaria en Sistemas de Xestión de Seguridade da Información. Consultor de Riscos IT e Ciberseguridade.