Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1112/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
27/05/2024 – 29/11/2024
Modalidade
Presencial / virtual
Créditos ECTS
15.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Neste curso aprenderás a aplicar unha ampla gama de coñecementos e habilidades relacionadas coas metodoloxías e enfoques de xestión Agile, Scrum, Kanban e Lean no ámbito profesional. Respecto a Agile, comprendendo o seu enfoque centrado nas persoas, colaboración, adaptabilidade e entrega de valor. Isto complementarase co estudio en detalle de Scrum, un dos frameworks áxiles máis populares. Obterás unha comprensión de ScRum, aprendendo sobre os roles e responsabilidades, como o Product Owner, o Scrum Master e o Equipo de Desenvolvemento xunto as súas prácticas máis habituais como as reunións diarias de Scrum, a planificación e as revisións, así como os diferentes artefactos que se empregan, sendo todo elo enfocado a diferentes tipoloxías de organizacións e industrias (Non solo as de desenvolvemento informático).
Por outro lado, poderás profundar na metodoloxía visual de xestión de fluxo e traballo con Kanban. Aprenderás a deseñar os taboleiros característicos da metodoloxía Kanban, establecer límites de traballo no progreso, xestionar o fluxo e utilizar métricas para unha mellora continua.
Por último, todo elo, complementarase coa revisión de aplicacións e enfoques dos principios de Lean e como se poden empregar na transformación das organizacións permitindo identificar e optimizar procesos e mellorar a eficiencia operativa da organización.
No curso tamén se traballarán conceptos transversais propios de organizacións áxiles, revisando estratexias e mellores prácticas aprendendo sobre a xestión do cambio, da creación dunha cultura áxil, da formación de equipos de alto rendemento e da implantación de prácticas áxiles en diferentes áreas funcionais.
Director/a:
Francisco Javier Rodriguez Martinez / Lorena Otero Cerdeira
Email contacto:
franjrm@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
14/02/2024 – 24/05/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
29/04/2024 – 24/05/2024
Modalidade
Docencia presencial/virtual
150 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Informática, Campus de Ourense e plataformas de telefomación: Web Uvigo + EVOLCAMPUS + ZOOM PROFESIONAL
Horario
Luns e Mércores de 17:30 a 21:30
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
Formación gratuita, 100% financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Obxectivos
- O curso de Transformación Áxil de Organizacións (TAO) ten como obxectivo formar aos estudantes con coñecementos extensos sobre os diversos tipos de metodoloxías áxiles que existen no mercado e que son utilizadas pola maior parte das empresas.
- Aumentar o rendemento e a coordinación dos estudantes ao encontrarse e traballar con diferentes membros do equipo siguiendo metodologías ágiles.
- Coñecer as metodoloxías áxiles que empregan as empresas e aprender a traballar con elas co obxectivo de obter un rendemento adecuado.
Destinatarios
A natureza deste curso é formar aos estudantes para preparalos de cara ao traballo en equipo nunha empresa na que se organicen e traballen de forma conxunta cos diferentes membros do equipo no ámbito das metodoloxías áxiles, por elo, este curso está principalmente destinado a calquera persoa interesada no ámbito do desenvolvemento das metodoloxías áxiles sen a necesidade de ter unha titulación universitaria. Non se precisa ter estudios previos de maneira que podan acceder a brindar os seus coñecementos e habilidades ao mundo laboral das empresas que utilizan os coñecementos impartidos neste curso e similares, para organizar o traballo e realizar un proxecto en equipo de forma eficaz empregando ferramentas de metodoloxías áxiles.
Se se posúen titulacións universitarias o aproveitamento desde curso é moito maior dado que desa forma podese conxugar os coñecementos propios dun campo específico coa aplicación destas metodoloxías áxiles.
Saídas Profesionais
Unha vez o alumno termine de forma correcta o curso, haberá adquirido os seguintes coñecementos:
- Metodoloxía Agile.
- Metodoloxía Kanban.
- Metodoloxía Lean.
- Metodoloxía Scrum.
Os cales, lle permitirán traballar en diferentes empresas con equipos que empreguen algún tipo de metodoloxía áxil para o desenvolvemento dos seus proxectos e traballos. Isto permitiralle ao estudante desenvolver o seu traballo de forma adinte en empresas de deseño, programación, QA… E desenvolvemento xeral de distintos tipos de funcionalidades.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
- Coñecer as metodoloxías áxiles: Kanban, Lean, Scrum e Agile e como son aplicadas polas empresas.
- Traballar en equipo no ámbito das metodoloxías áxiles, proporcionando axuda ao equipo dunha empresa mediante estratexia adecuada.
- Aplicar e participar nas metodoloxías áxiles en equipo.
- Aprender competencias dixitais.
Competencias Transversais
- Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos na práctica.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de Organización e planificación en base a información obtida.
- Capacidade de entender a linguaxe e propostas doutros especialistas.
Condicións de acceso
Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.
Criterios de selección
Criterios de admisión:
- Adecuación da súa actividade previa ou formación previa aos obxetivos do curso: 30%
- Adecuación de formación ao seu desenvolvemento profesional presente e futuro: 30%
- Entrevista personal e cuestionario: 40%
Documentación requirida:
- Cubrir formulario de admisión: ligazón ao cuestionario
- DNI
- Título ou certificado de estudos
- Currículum vítae
Metodoloxía
Neste curso, instruiranse aos alumnos nos seguintes contidos:
- Metodoloxía Agile (3.75 ECTS)
- Metodoloxía Kanban (3.75 ECTS)
- Metodoloxía Lean (3.75 ECTS)
- Metodoloxía Scrum (3.75 ECTS)
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200363 | Transformación Ágil de Organizaciones | Obligatoria | 15.0 |
Avaliación
A avaliación deste curso consta de probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo de forma continua durante o curso tendo en conta a asistencia a docencia e o correcto visionado dos contidos presentes na plataforma. Contase cun exame final de recuperación para aos alumnos que o necesiten. No caso de non aprobar o curso, realizarase unha proba de recuperación, a nota da cal, substituirá a nota media das anteriores.
A proba de recuperación realizarase só no caso de non haber superado o curso coas primeiras probas. Nela, avaliarase todo o curso.
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en Transformación Áxil de Organizacións.