Estatística con R para profesionais da saúde

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Matemáticas e estatísticaCódigo: TCS:1099/1
Área de interese principal: | Área de interese secundaria:

Inicio e fin

02/11/2023 – 15/12/2023

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

4.0 ECTS

Estado

Finalizado

100 prazas

 

Descrición

O programa estatístico R é gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R (R Project), e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas no ámbito das ciencias da saúde.

O curso inclúe diversas técnicas estatísticas básicas utilizadas no ámbito da saúde, con datos e exemplos paso a paso alcanzables para usuarios non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual, totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Moovi

Acreditado! Concedido o recoñecemento como actividade de formación continua da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (Sistema Nacional de Saúde), para todos os profesionais sanitarios titulados.

 

Director/a:

Antonio Vaamonde Liste

Email contacto:

vaamonde@uvigo.es

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
02/10/2023 – 01/11/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
02/10/2023 – 02/11/2023

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

40 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Plataforma de teledocencia Moovi

 

Horario

O curso ten lugar desde o 1 de novembro ata o 15 de decembro de 2023, de forma totalmente non presencial, mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Moovi, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, con horario continuo e flexible. O alumno pode elixir cada día o momento do seu acceso aos materiais docentes, prácticas e probas, debendo cumprir os prazos de envío de traballos, informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
140 € 126 € 119 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 119€ (subir documentación á aplicación no prazo de matrícula)

Instruccións para subir documentación: https://bit.ly/3MDRTb4

 

Obxectivos

O alumnado adquirirá as competencias necesarias para aplicar todos os métodos incluídos nos contidos aos seus propios datos, interpretando correctamente os resultados, e verificando todas as hipóteses ou supostos de cada método empregado.

 

Idioma

Castelán 100%

 

Condicións de acceso

1) Titulados/as universitarios

2) Alumnos/as universitarios

3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade que reúnan requisitos legais para cursar estudos universitarios

4) De forma excepcional e, sempre que non superen o 50% do total de alumnos do curso, poderán ser admitidos os mesmos profesionais que non reúnan requisitos

 

Metodoloxía

  • Introdución a R

Introdución ao programa estatístico ‘R’. Instalación. Sintaxe. Operacións elementais.

  • Estatística básica con R

Estatística Básica con R. Táboas de Frecuencias, medias e medidas de resumo.

  • Gráficos con R

Gráficos con R. Diagrama de barras. Diagrama de sectores. Histograma. Diagrama de dispersión. Diagrama de caixas. Outros gráficos

  • Correlación e regresión

Correlación e regresión. Regresión lineal. Regresión loxística

  • Inferencia estatística

Intervalos de confianza. Contraste de hipótese. Análise da varianza

  • Inferencia non paramétrica

Contrastes de hipóteses non paramétricos: Kruskal-Wallis. Mann-Whitney. Outros contrastes

  • Elementos de epidemioloxía con R

Prevalencia. Incidencia. Risco Relativo. Razón de Predominios (OR)

  • Módulos prácticos con R

Aplicación, paso a paso, das distintas técnicas estatísticas básicas aplicadas nas ciencias da saúde, utilizando datos específicos adecuados para cada unha delas. Resolución de problemas e exemplos. Aplicación polo alumno dos diferentes métodos con outros datos distintos.

 

Materias

id nome caracter créditos
200335 Estadística con R para profesionales de la salud Obligatoria 4.0

 

Profesorado

  • Antonio Vaamonde Liste
  • Ricardo Luaces Pazos

 

Avaliación

Presentación de 7 tarefas e memorias de prácticas: 87,5% da nota final

Exame mediante cuestionario de avaliación en liña (a través de Moovi): 12,5% da nota final