Tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1091/2
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

03/02/2025 – 14/05/2025

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

15.0 ECTS

Estado

Preinscrición

35 prazas

 

Descrición

Esta é unha das titulacións propias do Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo, enmarcada dentro da convocatoria de Capacitación dixital para o eido do transporte, a loxística e a mobilidade que está 100% financiada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no Plan de Recuperación Transformación e Resilencia e financiada polo Fondo Europeo de Recuperación – Next Generation EU. Sen necesidade da ABAU ou de formación universitaria previa, estas formacións, impartidas en castelán, están abertas a toda a cidadanía europea ou con permiso de residencia no territorio español. Este título impartirase en Ourense na Escola Superior de Enxeñaría Informática de forma presencial, con opción a cursalos 100% virtual de forma síncrona, permitindo así acceder a calquera persoa independentemente da súa situación xeográfica

Impartirase na Escola de Enxeñaría Industrial, na súa sede do Campus Universitario, e formará ao alumnado nas solucións de dixitalización e automatización de almacéns loxísticos e nos sistemas de simulación aplicados ó movemento de produtos nas instalacións. Con prácticas no laboratorio de manutención e loxística industrial das instalacións da universidade, o escenario perfecto para completar a formación en sistemas de transporte autónomos AGV, aplicacións e sistemas robotizados, xemelgos dixitáis, control de datos e interconectividade (IoT, “Internet of Things”) entre outros

 

Director/a:

Julio Garrido Campos

Teléfono contacto:

986812230

Email contacto:

jgarri@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
01/10/2024 – 30/01/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula
20/01/2025 – 31/01/2025

Inscrición / Matrícula

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

150 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial (sede campus)

 

Horario

Días: luns, martes e mércores

Horario: 17:30-21:00

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
0 € 0 € 0 €

Observacións aos prezos
Formación gratuíta, 100% subvencionada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Obxectivos

O obxectivo da acción formativa é dar a coñecer aos profesionais actuais ou potenciais dos sistemas loxísticas as últimas ferramentas dixitais que son susceptibles de ser aplicadas nos subsistemas que están relacionadas co transporte de pezas e produtos industriais, con especial énfase nos sistemas intra-loxística e a súa interacción cos sistemas de transporte e de almacenaxe. Tamén abordará a planificación e deseño destes sistemas, non só o seu coñecemento de formadescritiva e funcional. Veranse ferramentas de simulación para o dimensionamiento de sistemas loxísticos. Farase fincapé na comunicación distribuída, Internet of Things, serán obxecto de interese, así como as ferramentas de codificación e realización de sistemas dixitalizados e, en xeral, as tecnoloxías que caracterizan a Industria 4.0. Será tamén un obxectivo dar a coñecer as tecnoloxías avanzadas en operatividade loxística como os sistemas robóticos e de maquinaria especializada para o movemento e manipulación de produtos.

 

Destinatarios

Esta formación 100% subvencionada, está aberta a toda a cidadanía europea ou con permiso de residencia no territorio español, sen necesidade de ABAU ou formación universitaria previa. Para o mellor aproveitamento da formación o perfil está orientado a persoas con experiencia profesional ou tituladas (ciclo, grao…) en ámbitos tecnolóxicos ou industriais. Ademais de ter coñecementos básicos en informática. 

Orientado tanto a profesionais actuais e futuros do sector da da intra-loxística industrial, que comprende, entre outros: sistemas de almacenaxe industrial, sistemas transportadores automáticos de pezas dentro de plantas industriais (manutención industrial), sistemas de manipulación automática de pezas (principios básicos de robótica e máquina especializada).

 

Idioma

Castelán 100%

 

Competencias Específicas

  • Coñecer a arquitectura dixital dos sistemas de intra-loxística industrial.
  • Coñecer as tecnoloxías dixitais base(hardware e software) para a realización de sistemas de intra-loxística industrial.
  • Coñecer o principio de funcionamento dixital dos medios loxísticos industriais representativos: manutención, almacenaxe, manipulación, packaging.
  • Capacidade de toma de decisións de deseño e dimensionamiento de sistemas loxísticos industriais empregando ferramentas dixitais.
  • Capacidade de toma de decisións de deseño para a integración dixital de sistemas intralogísticos industriais con outros procesos.

 

Condicións de acceso

Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recolleitos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.

 

Criterios de selección

Documentación requirida: 

  1.  Documento de identificación (Nome, DNI, situación laboral, especificación de coñecementos previos básicos de informática etc.)/ etc.)
  2. Copia do título ou certificado de estudos previos ou en curso (Se ha lugar)
  3. Documentación acreditativa de experiencia laboral (Se ha lugar)
  4. Documentación acreditativa de coñecementos previos básicos de informática (titulacións materias cursadas relacionadas). Na súa falta, explicación textual do alcance dos devanditos coñecementos.

Criterios de admisión: 

  • Orde de solicitude 60%
  • Cumprimento dos requisitos de acceso 40%

 

Metodoloxía

  • Introdución á Industria 4.0 e a súa implicación nos sistemas loxísticos industriais.
  • Sistemas e medios para operacións de loxística industrial dixital e automática: Tecnoloxías electrónicas dixitais base (sensorización e accionamento, control, seguridade) e medios loxísticos representativos (sistemas loxísticos industriais de manutención e almacenaxe). 
  • Internet of Things e a súa aplicación a sistemas loxísticos: Tecnoloxías para acceder aos datos no marco das Internet of Things e a súa aplicación a sistemas loxísticos.
  • Deseño e planificación de sistemas loxísticos: contornas de simulación e a súa aplicación á loxísticos: Análise e deseño de operacións loxísticas, incluíndo fabricación, almacenamento, manexo de materiais, e loxística. Ferramentas dixitais de asistencia ao deseño (simulación).
  • Tecnoloxías para sistemas de loxísticos industriais de transporte autónomo: Tecnoloxías dixitais asociadas aos sistemas de transporte autónomo, incluíndo as principais tecnoloxías de detección e percepción, de posicionamento e de control.
  • Sistemas robóticos para os loxística e manipulación: Sistemas robóticos e de maquinaria especializada para dar soporte a operacións loxísticas.

 

Materias

id nome caracter créditos
200337 Tecnologías de digitalización aplicadas a la logística industrial Obligatoria 15.0

 

Profesorado

  • Enrique Riveiro Fernández: Graduado en Enxeñería Industrial (Electrónica Industrial e Automática). Máster en Mecatrónica. Experiencia en proxectos I+D+i industriais de simulación de sistemas loxísticos, automatización, IIoT etc. Docente na EEI no ámbito da automatización industrial, simulación de sistemas, dixitalización e robótica.
  • Josué Rivera Andrade: Enxeñeiro en Mecatrónica. Master en Mecatrónica. Experiencia como Enxeñeiro de planta e de mellora de procesos industriais. Experiencia en proxectos I+D+i de automatización e robótica. Docente na EEI no ámbito da automatización industrial, redes de comunicación e robótica.
  • Julio Garrido Campos: Dr. Enxeñeiro de Telecomunicacións. Experiencia en proxectos I+D+i industriais de Automatización de maquinaria e de sistemas loxísticos. Profesor da EEI no ámbito da automatización e dixitalización industrial e mecatrónica.

 

Titulación

Curso de formación universitaria en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial.

 

Máis información

http://cpfp.uvigo.gal