Negociación colectiva e individual no ámbito laboral

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1078/4
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

17/09/2025 – 27/11/2025

Modalidade

Semipresencial

Créditos ECTS

8.0 ECTS

Estado

Finalizado

40 prazas

 

Descrición

Trátase dun curso organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. O obxectivo é profundar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais.

O curso é semipresencial e ten una duración de 82 horas  (64 presenciais e 18 asíncronas). Impártese martes e xoves en horario de 16:30 a 20:30 horas.

 

Director/a:

Jaime Cabeza Pereiro, Rosa María Rodríguez Martín Retortillo

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

jcabeza@uvigo.es, rosarodriguez@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado e Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/07/2025 – 10/09/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/09/2025 – 12/09/2025

Matrícula pechada

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

64 horas

Docencia non presencial

18 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
As clases presenciais serán na sede da Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, R/García Barbón, nº 72, C.P. 362021, en Vigo. E as clases online a través da plataforma de teledocencia Moovi

 

Horario

Martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
30 € 27 € 25.5 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

A organización deste curso busca afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais. Unha formación especializada en negociación colectiva que proporcione aos seus destinatarios as ferramentas necesarias para poder afrontar os conflictos individuais e colectivos no ámbito laboral coas ferramentas axeitadas.

A negociación colectiva conforma, na actualidade, unha das materias máis necesarias de desenvolver, dada a conflictividade laboral froito das situación de crise.

Os contidos do presente curso, estruturados en 6 módulos de carácter teórico e práctico, proporcionan uns coñecementos completos e integrais que permiten profundizar no marco normativo necesario para afrontar as situación de conflicto.

Unha vez superado o curso, o estudantado estará en posesión das seguintes competencias e habilidades:

  1. Adquirir capacidade para manexar as fontes xurídicas laboráis e o marco normativo da negociación colectiva.
  2. Coñecer as fontes do Dereito da negociación colectiva.
  3. Ser que de deseñar estratexias de negociación no contexto do conflicto laboral.
  4. Ser quen de xestionar as situación de conflicto laboral.
  5. Ser quen de intervir en procedementos de negociación colectiva

 

Destinatarios

Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación, as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.

Tamén poderán acceder ao curso persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso, sen que estas superen o 50% do total do alumnado.

 

Saídas Profesionais

Este curso aporta un valor engadido aos profesionais das relacións laborais, pois lles permitirá desenvolver tarefas de asesoramento na negociación, técnicas de negociación colectiva, e tamén deseñar estratexias para alcanzar mellores condicións de traballo e ferramentas que reduzan as desigualdades na empresa.

 

Idioma

  • Galego (50%)
  • Castelán (50%)

 

Competencias Específicas

  • Ser quen de interpretar os conceptos básicos que permiten reflexionar sobre o sentido e alcance da negociación colectiva nas relacións laboráis e no ámbito organizacional.
  • Ser quen de contextualizar a negociación colectiva no plano normativo internacional,europeo e interno nos distintos ámbitos sociais, en particular, no eido das relacións laborais.
  • Ser quen de asesorar laboralmente ás entidades empresariais, persoas traballadoras einterlocutores sociais en materia de negociación colectiva.
  • Ser quen de identificar a negociación colectiva como instrumento de fomento e promoción da mellora das condicións laborais de traballadoras e traballadores.
  • Ser quen de negociar en situacións de conflicto nas empresas.
  • Ser quen de identificar a normativa que conforma o dereito colectivo.

 

Competencias Transversais

Acercar ao alumnado ás estratexias e actuacións dirixidas a promover e fomentar a negociación colectiva nas empresas.

 

Condicións de acceso

1) Titulados/as universitarios.

2) Alumnos/as da universidade.

3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.

4) De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

1) Documento de identificación

2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos

 

Criterios de selección

1) Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado: 60% ponderación.

2) Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde: 40% ponderación.

 

Metodoloxía

O curso se estructura en 6 módulos:
1) Concertación social e negociación colectiva
2) Contidos e plans de igualdade
3) Comunicación e intelixencia emocional
4) Aspectos estratéxicos da negociación
5) Os acordos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos individuais
6) Análise de casos reais e práctica

 

Materias

id nome caracter créditos
200323 Negociación colectiva e individual en el ámbito laboral Obligatoria 8.0

 

Profesorado

 

Avaliación

  • Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas
  • Superación dos cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en Negociación colectiva e individual no ámbito Laboral