Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionaisCódigo: TCS:1078/3
Área de interese principal: Xurídico Social | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
17/09/2024 – 21/11/2024
Modalidade
Modalidad no informada
Créditos ECTS
8.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Se trata dun Curso organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
O curso ten por obxecto profundar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais.
O curso é semipresencial e ten una duración de 82 horas (64 presenciáis y 18 asíncronas). Se imparte os martes e xoves en horario de 16:30 a 20:30 horas.
La docencia ON LINE se hará a través del portal MOOVI de la Universidad de Vigo. En él se pondrá a disposición de los alumnos la documentación necesaria para seguir el curso.
Director/a:
Jaime Cabeza Pereiro, Rosa María Rodríguez Martín Retortillo
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
jcabeza@uvigo.es, rosarodriguez@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado e Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
04/07/2024 – 09/09/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
22/08/2024 – 10/09/2024
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
64 horas
Docencia non presencial
18 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Horario
Martes e xóves en horario de 16:30 a 20:30 horas
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
30 € | 27 € | 25.5 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
A organización deste curso busca afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais. Unha formación especializada en negociación colectiva que proporcione aos seus destinatarios as ferramentas necesarias para poder afrontar os conflictos individuais e colectivos no ámbito laboral coas ferramentas axeitadas.
A negociación colectiva conforma, na actualidade, una das materias máis necesarias de desenvolver, dada a conflictividade laboral froito das situación de crise.
Os contidos do presente curso, estruturados en 6 módulos de carácter teórico e práctico, proporcionan uns coñecementos completos e integrais que permiten profundizar no marco normativo necesario para afrontar as situación de conflicto.
Unha vez superado o curso, o estudantado está en posesión das seguintes competencias e habilidades:
- Adquirir capacidade para manexar as fontes xurídicas laboráis e o marco normativo da negociación colectiva.
- Coñecer as fontes do Dereito da negociación colectiva.
- Ser que de deseñar estratexias de negociación no contexto do conflicto laboral.
- Ser quen de xestionar as situación de conflicto laboral.
- Ser quen de intervir en procedementos de negociación colectiva
Destinatarios
Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación, as persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.
Tamén poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
Saídas Profesionais
Este curso aporta un valor engadido aos profesionais das relacións laborais, pois lles permitirá desenvolver tarefas de asesoramento na negociación, técnicas de negociación colectiva, e tamén deseñar estratexias para alcanzar mellores condicións de traballo e ferramentas que reduzan as desigualdades na empresa.
Idioma
Galego (50%)
Castelá (50%)
Competencias Específicas
- Ser quen de interpretar os conceptos básicos que permiten reflexionar sobre o sentido e alcance da negociación colectiva nas relacións laboráis e no ámbito organizacional.
- Ser quen de contextualizar a negociación colectiva no plano normativo internacional,europeo e interno nos distintos ámbitos sociais, en particular, no eido das relacións laborais.
- Ser quen de asesorar laboralmente ás entidades empresariais, persoas traballadoras einterlocutores sociais en materia de negociación colectiva.
- Ser quen de identificar a negociación colectiva como instrumento de fomento e promoción da mellora das condicións laborais de traballadoras e traballadores.
- Ser quen de negociar en situacións de conflicto nas empresas.
- Ser quen de identificar a normativa que conforma o dereito colectivo.
Competencias Transversais
– Acercar ao alumnado ás estratexias e actuacións dirixidas a promover e fomentar anegociación colectiva nas empresas.
Condicións de acceso
1) Titulados/as universitarios.
2) Alumnos/as da universidade.
3) Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4) De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación.
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos.
Criterios de selección
1) Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
2) Persoas que posúan a titulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.
Metodoloxía
O curso estrutúrase en 6 módulos:
1) Concertación social e negociación colectiva.
2) Acordos e plans de igualdade.
3) Comunicación e intelixencia emocional.
4) Aspectos estratéxicos da negociación.
5) Os acordos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos e individuais.
6) Análise de casos reais e práctica.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200323 | Negociación Colectiva e Individual en el ámbito Laboral | Obligatoria | 7.3 |
Profesorado
– Persoal da Universidade de Vigo: Jaime Cabeza Pereiro, Rosa Rodríguez Martín-Retortillo, Marta Fernández Prieto, Emma Rodríguez Rodríguez, Blanca Otero Otero, Ana Belén Fernández Souto, José Rúas Araújo, Xurxo Airas Cotobad
– Persoal docente de outras universidades: Carmen Sáez Lara, María Emilia Casas Baamonde, Ylanda Maneiro Vázquez, Antonio Baylos Grau, Belén Cardona Rubert
– Persoal docente externo: José Mª Casas de Ron, Carolina Álvarez Landesa, Demetrio Fernández López, José Manuel Maceira Blanco, Andrea Varela Barcia, Alba Silvosa Veiga, Xesús Castro Baamonde, Iria Estévez Casqueiro, María do Tránsito Fernández Fernández, Héctor López de Castro Ruiz, Eduardo González Gil, Matías Movilla García, Balbino Irisarri Castro, Mónica González Otero, Beatriz Sueiro Padín.
Avaliación
– Asistencia superior ao 80% das unidades docentes impartidas.
– Superación dos cuestionarios teórico-prácticos correspondentes a cada tema do curso.
Titulación
Diploma de curso de formación universitaria en negociación colectiva e individual no ámbito laboral