Didáctica da ficción e creación literaria

Diploma de curso avanzado de posgrado

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1059/2
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades

Inicio e fin

02/09/2024 – 13/11/2024

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

8.0 ECTS

Estado

Finalizado

35 prazas

 

Descrición

O curso avanzado de posgrao Didáctica da Ficción e Creación literaria está concibido como unha materia que forme parte do currículo do estudante universitario, esencial na súa formación, por canto supón preparalo na interpretación de textos e na mellora das destrezas da lingua escrita: ambas habilidades son imprescindibles para o desenvolvemento no mundo académico. Así, o curso pretende paliar deficiencias no dominio desas ferramentas básicas.A lectura en profundidade e a manipulación artística da linguaxe son procesos que preparan ao estudante en calquera titulación para mellorar o seu nivel académico e profesional.Ao mesmo tempo, o curso enfíase como reforzo da necesaria normalización lingüística, toda vez que a teoría e a praxis da materia se leva cabo a partir da lingua galega. Poñer en relación a lingua e a literatura galegas co máis destacado da literatura universal serve para prestixiar a nosa cultura e xustificar os trazos distintivos tanto da Universidade de Vigo como do Campus de Ourense, nunha cidade que ten a literatura como fío vertebrador da súa cultura desde o século XIX.

 

Teléfono contacto:

Xosé Ramón Gutiérrez Izquierdo

Email contacto:

ramong@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrao e Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
12/02/2024 – 29/08/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/03/2024 – 30/08/2024

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

90 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade Ciencias da Educación e Traballo Social de Ourense

 

Horario

Luns, martes e mércores de 19 a 21,30h. Xoves 5, 12 e 19 de setembro de 18 a 21:30h. Xoves 3 de outubro de 18 a 21:30h.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
80 € 72 € 68 €

Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 68,00 €. Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)

 

Obxectivos

  1. Adquirir coñecementos avanzados sobre a singularidade da literaturacomo forma específica de coñecemento.
  2. Saber identificar e saber empregar os elementos estruturais para elaborartextos narrativos.
  3. Saber recoñecer o subtexto na ficción e en calquera outro tipo de discurso.
  4. Saber aplicar os coñecementos adquiridos para crear textos literarios e facer extensivasesas destrezas para calquera outra produción escrita, non exclusivamente artística.
  5. Ser capaces de conxugar a dialéctica entre tradición e renovación no discursonarrativo.
  6. Ser capaces de seleccionar os elementos estruturais narrativos precisos segundoa intencionalidade estética e ética que se pretende.
  7. Adquirir as técnicas informáticas de presentación dun texto segundo as convenciónseditoriais.8. Saber aplicar e transmitir as destrezas adquiridas en contextos diversos, informativosou pedagóxicos.

 

Destinatarios

  • Persoas que cumpran os requisitos de acceso ao título de mestrado propio (artigo 26 do Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Uvigo).
  • Persoas que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.

 

Saídas Profesionais

  1. Uso correcto da lingua escrita
  2. Capacidade para combinar os modos de discurso en calquera tipo de texto escrito
  3. Emprego das ferramentas informáticas na elaboración e presentación de textos

 

Competencias Específicas

  • Saber captar os sentidos subxacentes nun texto literario
  • Capacidade para combinar os elementos estruturais nun relato
  • Recoñecer a versosimilitude realista ou fantástica dun texto literario
  • Utilizar correctamente a modulación dos tempos verbais na narrativa
  • Recoñecer e saber empregar diversos estilos no modo de discurso narrativo
  • Saber utilizar os diálogos de maneira funcional
  • Capacidade para empregar as descricións alén da súa función ornamental
  • Idear textos creativos sen propósito doutrinal a priori
  • Saber utilizar a informática para a composición e presentación dun texto ficcional
  • Saber aplicar os procedementos ficcionais noutros tipo de discurso

 

Competencias Transversais

  • Recoñecer os condicionantes históricos nun texto de ficción
  • Recoñecer os motivos e a temática social nun relato ou nunha novela
  • Aprender a utilizar a lingua e o vocabulario con precisión
  • Utilizar as ferramentas informáticas para crear, corrixir e mellorar un texto

 

Condicións de acceso

  1. Membros da comunidade universitaria que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS.
  2. Graduados ou licenciados universitarios.
  3. Comprensión oral e escrita da lingua galega.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA: (Só en caso de non ter superados 120 ECTS en estudos en curso)

  1. Documento de identificación
  2. Copia do título universitario ou certificado de estudos previos

 

Criterios de selección

  1. Estudantes e graduados do Campus de Ourense
  2. Estudantes e graduados pola universidade de Vigo.
  3. Estudantes e graduados doutras universidades.

As persoas aceptadas por orde de preinscrición poderán facer a matrícula unha vez aberto o prazo. A fin de que non queden prazas libres, se unha vez feita a matrícula non se fai o pagamento correspondente no prazo de sete días hábiles, a dirección do curso pode anular esa matrícula impagada e dar entrada a outra persoa preinscrita.As persoas que non poidan facer o curso debido a que haxa máis solicitudes que prazas, poden enviar un correo a ramong@uvigo.es para que se teña en conta a súa preferencia nunha edición posterior deste curso avanzado de posgrao.

 

Materias

id nome caracter créditos
200274 La literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos y estilos literarios Obligatoria 3.0
200275 Didáctica de la narración y creatividad Obligatoria 1.0
200276 Práctica de la creación literaria Obligatoria 1.5
200277 Lectura, corrección y comentarios de ejercicios narrativos Obligatoria 2.5

 

Profesorado

Xosé Ramón Gutiérrez Izquierdo

Maria Mercedes Gonzalez Vazquez

José Carlos Caneiro Pérez

 

Avaliación

  1. Constatación das lecturas diarias dos textos breves que previamente se porán a disposición dos asistentes para o seguimento das clases.
  2. Creación de textos breves elaborados polos participantes.
  3. Presentación dun relato breve (2 folios por unha cara) o día 10 de novembro de 2024.

 

Titulación

Diploma de curso avanzado de posgrao en didáctica da ficción e creación literaria

 

Máis información

http://cpfp.uvigo.gal