Fundamentos de deseño técnico con Solidworks

Diploma de curso de formación universitaria

Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1041/3
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

01/09/2025 – 24/09/2025

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

6.5 ECTS

Estado

Finalizado

33 prazas

 

Descrición

Formación sobre deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD 3D de última xeración.

 

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

armesto@uvigo.es

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
02/06/2025 – 21/07/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/07/2025 – 24/07/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

60 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial

 

Horario

1,2,3, 4 e 5 de setembro, de 9h a 14h. 8,9,10,11,12,15 e 16 de setembro, de 15:30h a 20:30h

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
295 € 265.5 € 250.75 €

Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

A través deste curso, búscase que o/a asistente:

  •  Adquira os coñecementos imprescindibles para traballar con SolidWorks.
  •  Familiarícese coa contorna de traballo.
  •  Coñeza as ferramentas máis comúns.
  •  Aprenda a debuxar esbozo.
  •  Realice modelos en 3 dimensións de pezas simples.
  •  Saiba como realizar a ensamblaxe básica de conxuntos.
  •  Deseñe planos básicos de pezas e ensamblaxes.
  •  Saiba realizar análise FEM de pezas simples.

 

Destinatarios

Orientado ao alumnado Universitario, alumnado de formación profesional e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas CAD 3D de última xeración.

 

Saídas Profesionais

As persoas participantes aprenderán a realizar deseños técnicos industriais mediante a aplicación dunha das ferramentas CAD 3D de última xeración máis utilizadas na industria.

 

Competencias Específicas

  • Iniciarse nos principios de deseño avanzado asistido por computador.
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de sólidos.
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de ensamblaxes.
  • Adquirir capacidades técnicas de deseño para o modelado de chapa.
  • Adquirir capacidades de documentación e integración da información.
  • Adquirir capacidades básicas para a realización de simulacións FEM.

 

Competencias Transversais

  • Resolución de problemas
  • Creatividade
  • Uso das TIC
  • Procura de información

 

Condicións de acceso

  • Titulados/as universitarios.
  • Titulados/as de formación profesional.
  • Alumnos/as universitarios.
  • Alumnos/as de formación profesional.
  • Profesionales directamente relacionados con a especialidade que cumpran os requisitos de acceso á universidade.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:1) Documento de identificación.2) Alumnado Universitario: certificado de matrícula (curso académico actual).3) Titulados/as Universitarios/as ou de Formación Profesional: título oficial.4) Profesionais: certificado de estudos previos, vida laboral e certificado da empresa o declaración xurada.

 

Criterios de selección

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de solicitude de preinscrición.

 

Metodoloxía

1. Principios de deseño. Iniciación ao deseño avanzado asistido por computador 

2. Técnicas de deseño. Modelado con sólidos 

3. Técnicas de deseño. Modelado de ensamblaxes 

4. Técnicas de deseño. Modelado de superficies 

5. Técnicas de deseño. Modelado de chapa 

6. Proxecto técnico de modelo industrial. Documentación e integración da información 

7. Simulación FEM 

8. Iniciación práctica ao deseño avanzado asistido por computador 

9. Prácticas de modelado con sólidos 

10. Prácticas de modelado de ensamblaxes 

11. Prácticas de modelado de superficies 

12. Prácticas de modelado de chapa 

13. Prácticas de elaboración de documentación e integración da información 

14. Prácticas de simulación FEM. Simulación FEM sobre pezas 

15. Prácticas de simulación FEM. Simulación FEM 

16. Traballo final de curso 

 

Materias

id nome caracter créditos
200148 Fundamentos de diseño técnico con Solidworks Obligatoria 6.5

 

Profesorado

 

Avaliación

Para a avaliación do alumnado terase en conta:

1º Asistencia presencial ás clases (polo menos 75% das sesións)

2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.

Data límite entrega traballo fin de curso (primeira oportunidade): 17/09/2025

Data límite entrega traballo fin de curso (segunda oportunidade): 24/09/2025

 

Titulación

Diploma de curso de formación universitaria en Fundamentos de Deseño Técnico con SolidWorks