Experto en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media

Experto

Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1027/2
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

30/09/2024 – 04/05/2025

Modalidade

Asíncrona (en liña)

Créditos ECTS

25.0 ECTS

Estado

En curso

20 prazas

 

Descrición

O título de experto universitario en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media está concibido como programa modular no que catro dos seus cinco módulos (módulos 1, 2, 3 e 4) poden cursarse individualmente como cursos avanzados de posgrao.

O título está pensado dende unha perspectiva dobre. A partir dun punto de vista sincrónico, estúdase a produción literaria do tempo dos reis Enrique III (1370-1406) e Juan II (1405-1455) no seu contexto social, político e cultural, para abordar, diacrónicamente xa, a relectura que deses nomes e dese contexto leva a cabo na literatura posterior, ata os nosos días. A reescritura do tempo do Rey Doente e do seu fillo Juan, coloca ante a recepción áurea, oitocentista e contemporánea un século de esplendor literario e extraordinaria conflitividade no fin da Idade Media, que os intelectuais de cada tempo len, relén e adaptan para falar, en definitiva, da súa propio presente.

A partir desta proposta, que se desenvolve en catro módulos, un quinto aborda técnicas e ferramentas para adaptar esta temática ao ensino en calqueira nivel.

Os catro módulos teóricos poden cursarse por separado e de forma independente como cursos avanzados de posgraduado. A duración de cada módulo é de cinco semanas e certifica oficialmente 5 créditos ECTS. Desenvolveranse de forma virtual asíncrona, de modo que o alumnado poida seguir o seu propio ritmo de aprendizaxe a partir dos materiais textuais e audiovisuais que se inclúen na plataforma de docencia do curso. Para complementar este traballo individual, ofrécese a posibilidade de que o alumnado que o desexe asista de forma virtual síncrona a unha sesión de dúas horas semanais a través do campus remoto da Universidade de Vigo, en horario que se fixará unha vez iniciado o curso. A avaliación levará a cabo a través de cuestionarios dispoñibles na plataforma de docencia.

Os módulos que poden cursarse individualmente son os seguintes:

  • Módulo 1 (5 ECTS) – Corte e poesía no outono da Idade Media en Castela – Docencia 30/09/2024 a 03/11/2024
  • Módulo 2 (5 ECTS) – Reescrituras do poder político medieval: a monarquía e os seus contrapoderes no teatro español do século XVII -Docencia: 04/11/2024 a 08/12/2024
  • Módulo 3 (5 ECTS) – A reescritura romántica da Idade Media. Juan II de Castela e a súa corte – Docencia: 20/01/2025 a 23/02/2025
  • Módulo 4 (5 ECTS) – A Idade Media revisitada. Os primeiros Trastámara de Castela na literatura contemporánea – Docencia: 24/02/2025 a 30/03/2025

Quen superase os catro módulos teóricos ten a posibilidade realizar un traballo práctico (módulo 5) baixo a tutela dalgún dos docentes do programa e transformar os cinco módulos (catro teóricos + un práctico) nun título propio de Experto da Universidade de Vigo (25 créditos ECTS en total).

Mais información en: http://expertoenliteratura.webs.uvigo.es/formacion/

 Os prezos de matrícula de cada módulo son as que seguen: alumnado en xeral 150 € por módulo, alumnado da Universidade de Vigo, persoas desempregadas ou acreditación dunha discapacidade de, polo menos, o 33%, 127,5 € por módulo.

 

Director/a:

Montserrat Ribao Pereira

Teléfono contacto:

986 812 346

Email contacto:

expertoenliteratura@uvigo.es

Entidade organizadora:

Facultade de Filoloxía e Traducción. Departamento de Literatura española e Teoría da literatura

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/06/2024 – 06/09/2024


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/07/2024 – 13/09/2024

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

0 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición

Docencia asíncrona (en liña)

 

Horario

O curso consta de cinco módulos. Cada módulo, composto por cinco temas, desenvolverase asincronamente en cinco semanas entre os meses de outubro de 2024 e maio de 2025:

O alumnado poderá adaptar o avance nos temas á súa dispoñibilidade horaria. A atención personalizada nos foros será diaria, de luns a venres; as titorías síncronas no campus remoto terán lugar un día por semana en horario que se concretará antes do inicio do curso.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
750 € 675 € 637.5 €

Observacións aos prezos

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula

 

Obxectivos

  • Formar ao alumnado na análise literaria de obras complexas, no seu contexto literario e sociocultural.
  • Formar ao alumnado na interpretación crítica de textos literarios de notable repercusión no seu tiempo e hoxe apartados do canon académico.
  • Proporcionar ao alumnado ferramentas especializadas para o traballo con textos literarios de diferentes xéneros e de contido histórico.
  • Proporcionar ao alumnado ferramentas para xerar contidos educativos sobre a escritura e as reescrituras da Idade Media.

 

Destinatarios

Persoas tituladas universitarias interesadas na literatura española, particularmente persoal docente e egresados/as de titulacións do ámbito humanístico.

 

Saídas Profesionais

Profesionais con capacidade de análise textual de obras complexas no seu contexto político e cultural.

Profesionais con capacidade de síntese crítica para redescubrir a relevancia dos produtos literarios situados ás beiras do canon.

Profesionais con coñecementos en literatura de tipo histórico e especializados sobre o sentido da reescritura da Idade Media.

Profesionais con habilidade para o manexo de diferentes ferramentas electrónicas para o estudo e análise da literatura.

Profesionais con habilidade para xerar contidos literarios e prácticas textuais innovadoras o ámbito docente.

 

Idioma

Castelán

 

Competencias Específicas

  • Coñecer as características máis salientables do contexto da poesía de corte na baixa Idade Media castelá e/ou as reescrituras modernas e contemporáneas de que ese contexto é obxecto.
  • Coñecer os parámetros de identidade que os séculos XVII e/ou XVIII-XIX identifican nos feitos do reinado de Enrique III e Juan II.
  • Recoñecer a finalidade política da reescritura moderna e/ou contemporánea do tempo de Enrique III e Juan II.
  • Valorar o patrimonio literario española que se coloca nas beiras do canon.
  • Descubrir criticamente textos pouco coñecidos da literatura española.
  • Ser quen de analizar textos literarios pouco coñecidos no seu contexto de creación.
  • Dominar os recursos electrónicos indispensables para o traballo autónomo en literatura cortesá e/ou de contido histórico.
  • Crear materiais docentes e/ou didácticos a partir da escritura literaria da Idade Media e/ou as súas reescrituras.
  • Reflexionar sobre a propia aprendizaxe, a metodoloxía de estudo das reescrituras literarias e as posibilidades didácticas das mesmas.

 

Condicións de acceso

a) Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.

b) Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.

c) Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.

d) Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

 

Criterios de selección

Orde de preinscrición

 

Metodoloxía

 

Materias

id nome caracter créditos
200242 Corte y poesía en el otoño de la Edad Media en Castilla Obligatoria 5.0
200243 Reescrituras del poder político medieval: la monarquía y sus contrapoderes en el teatro español del siglo XVII Obligatoria 5.0
200244 La reescritura romántica de la Edad Media. Juan II de Castilla y su corte Obligatoria 5.0
200245 La Edad Media revisitada. Los primeros Trastámara de Castilla en la literatura contemporánea Obligatoria 5.0
200273 La literatura de y sobre la Edad Media en el aula Obligatoria 5.0

 

Profesorado

Montserrat Ribao Pereira, Profesora Titular de Literatura española, especialista en literatura del siglo XIX. Es IP del grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo), el Grupo de Innovación Docente ALITES y al equipo de investigación NOCELBA (Plan Nacional de Investigación, AEI) desde 2016 hasta la actualidad. Es coordinadora de la Biblioteca virtual y base de datos TECER.

Leticia Placín Alonso, Especialista en José María Bonilla. Doctoranda de M. Ribao Pereira. Pertenece al grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo) y al equipo de investigación NOCELBA (Plan Nacional de Investigación, AEI).

José Montero Reguera, Catedrático de Literatura española, especialista en literatura de los siglos XVI y XVII. Pertenece al grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo) y al Grupo de Inovación Docente ALITES.

Antonio Chas Aguión, Catedrático de Literatura española, especialista en literatura de la Edad Media. Pertenece al grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo), al Grupo de Innovación Docente ALITES y es IP del equipo de investigación NOCELBA (Plan Nacional de Investigación, AEI) desde 2016 hasta la actualidad. Es coordinador de la Biblioteca virtual y base de datos TECER.

María Ceide Rodríguez, Especialista en Jerónimo Morán. Tesis doctoral dirigida por M. Ribao Pereira. Pertenece al grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo).

María Teresa Del Préstamo Landín, Especialista en Manuel Fernández y González. Tesis doctoral dirigida por M. Ribao Pereira. Pertenence al grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo).

Fátima Codeseda Troncoso, Especialista en romances históricos del siglo XIX. Tesis doctoral dirigida por M. Ribao Pereira. Pertenence al grupo de investigación Ediciones y estudios de Literatura Española (Universidade de Vigo).

 

Avaliación

A avaliación farase módulo por módulo.

Cada uno dos cinco temas dos módulos 1, 2, 3 e 4 contén un exercicio de avaliación, consistente nun cuestionario de resposta múltiple ao que o alumnado debe responder axeitadamente (disporá de unha oportunidade) para poder avanzar no tema seguinte. Os cinco cuestionarios electrónicos (un por tema) poderán realizarse e entregarse asíncronamente cando cada alumno/a considere oportuno, unha vez completadas o resto das tarefas incluídas en cada tema. Superará o módulo quen supere os cinco cuestionarios dos que consta.

A avaliación do módulo 5 consistirá na elaboración dunha proposta docente ou didáctica persoal a propósito da escritura ou reescritura da Idade Media na literatura española, de acordo coas indicacións oportunas e baixo a supervisión do equipo docente. A proposta será entregada e avaliada electrónicamente a través de MooVi.

 

Titulación

Experto/a en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media