
Especialista
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1022/4
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía
Inicio e fin
12/09/2025 – 06/06/2026
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
30.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
Na automoción é imparable a incorporación da electrónica tanto nos produtos como nosprocesos produtivos. Existe nas empresas deste ámbito a necesidade de reciclaxe eactualización de coñecementos, habilidades e capacidades do persoal que por formación etitulación non traballan no ámbito dos circuítos e sistemas electrónicos.
Neste Título faise unha revisión dos coñecementos e habilidades relacionadas ca selección,especificación e deseño de circuítos electrónicos que se incorporan no automóbil con especial énfase nos dispositivos de Electrónica de Potencia, nos sensores e circuítos de acondicionamento de sinal, nos circuítos e protocolos de comunicación, nos sistemas de adquisición de datos e no uso do microcontroladores para construír centralitas e unidades de control.
Este ano contamos con dous prazos de preinscrición e matrícula para os títulos de mestrado, especialista e experto/a. Lembra que para matricularte é necesario facer previamente a preinscrición. Consulta os prazos de preinscrición e matrícula aquí.
- 1º prazo de preinscrición: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2025
- 1º prazo de matrícula: do 14 de xullo ao 24 de xullo de 2025
- 2º prazo de preinscrición: do 30 de xullo ao 29 de agosto de 2025
- 2º prazo de matrícula: do 11 de setembro ao 12 de setembro de 2025
Director/a:
Óscar López
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
olopez@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
30/07/2025 – 29/08/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
11/09/2025 – 12/09/2025
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
270 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial (sede campus) / MOOVI
Horario
Venres de 16:00 a 21:00 horas e sábados de 9:00 a 14:00 horas
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 1475 € | 1327.5 € | 1253.75 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Obxectivos
O obxectivo do curso é a especialización en Electrónica Industrial de Enxeñeiros que por formación teñan escasos coñecementos nesa área de actividade, e que a súa actividadeprofesional estea a esixir unha actualización dos mesmos. O nivel de coñecementos adquiridos polo alumnado permitiralles entender a funcionalidade dos dispositivos e circuítos que forman un equipo electrónico como compoñente de automoción, así como participar na especificación de novos circuítos neste ámbito.
Destinatarios
PERFIL DE INGRESO
Os destinatarios do Curso son Enxeñeiros non especialistas en Electrónica Industrial que pola súa actividade profesional precisen de coñecementos para entender, manexar ou realizar especificacións de funcionamento de equipos electrónicos. Con esta formación, estes enxeñeiros poderán participar en proxectos ou actividades nos que se incorporen ou utilicen dispositivos ou circuítos electrónicos, mellorando a comprensión do funcionamento e optimizando os resultados.
REQUIRIMENTOS DE ACCESO AO TÍTULO
Para acceder a este título deberá cumprir algunha das seguintes condicións:
- Posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou equivalente
- Ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial
- Ter o título de Enxeñeiro Industrial
- Ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada
Saídas Profesionais
O remate a titulación o alumando terá:
- Os coñecementos necesarios para entender e aplicar as especificacións dos circuítos e sistemas electrónicos que se incorporan nun automóbil.
- Coñecementos sobre o funcionamento dos sensores e dos circuítos de acondicionamento de sinal.
- A capacidade de entender e aplicar as especificacións dos protocolos de comunicación utilizados na automoción.
- A capacidade para facer e negociar as especificacións funcionais e eléctricas dos equipos de verificación de funcionamento dos compoñentes electrónicos.
- Coñecemento sobre a estrutura e bloques funcionais que forman as unidades de control (ECUs) dun automóbil.
- Habilidade para usar programas informáticos de simulación de circuítos e sistemas electrónicos.
Idioma
80% castelán e 20% galego
Competencias Específicas
- CE1 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos electrónicos
- CE2 Coñecer e saber usar os bloques funcionais de Electrónica
- CE3 Saber usar ferramentas informáticas de simulacion de circuitos electrónicos
- CE4 Coñecer, identificar e saber usar dispositivos de electrónica de potencia
- CE5 Coñecer tecnoloxías de electrónica dixital
- CE6 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microcontroladores
- CE7 Coñecer os fundamentos e aplicacións de sensores no ámbito da automoción
- CE8 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos para a adquisición de datos
- CE9 Coñecer, identificar e saber usar circuitos e protocolos de comunicación de información en automoción
- CE10 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de adquisición de datos
- CE11 Capacidade para configurar e programar sistemas de adquisición de datos
- CE12 Coñecer, identificar e saber usar sistemas de control baseados en microcontroladores
- CE13 Capacidade para programar sistemas de control baseados en microcontroladores
Condicións de acceso
Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recollidos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.
Para acceder a este título deberá cumprir algunha das seguintes condicións:
- Posuír o título de Enxeñeiro Mecánico (Grao ou Máster) ou equivalente
- Ter o título de Grao dalgún dos graos que dan acceso o Máster de
Enxeñeiro Industrial que non sexa específico de Electrónica Industrial - Ter o título de Enxeñeiro Industrial
- Ter calquera outra titulación Universitaria que a Comisión Académica considere adecuada
Documentación requirida:
1) Certificado de Titulación Académica
Criterios de selección
1) Grao ou Máster en Enxeñería Mecánica: 100%
2) Grao en Enxeñería Industrial: 95%
3) Grao que habilita o acceso ao Máster en Enxeñería Industrial: 90%
4) Outras titulacións que a Comisión Académica considere adecuadas: 80%
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200073 | Dispositivos electrónicos y electrónica analógica | Obligatoria | 3.7 |
| 200075 | Electrónica de potencia en automoción | Obligatoria | 2.3 |
| 200076 | Electrónica digital y microcontroladores | Obligatoria | 3.0 |
| 200077 | Sensores | Obligatoria | 3.0 |
| 200078 | Electrónica para la adquisición de datos | Obligatoria | 3.0 |
| 200079 | Comunicación de información en automoción | Obligatoria | 3.0 |
| 200080 | Sistemas de adquisición de datos | Obligatoria | 3.0 |
| 200081 | Microcontroladores – Programación | Obligatoria | 3.0 |
| 200082 | Proyecto de sistema electrónico de adquisición de datos | Obligatoria | 3.0 |
| 200083 | Proyecto de sistema electrónico de control basado en microcontrolador | Obligatoria | 3.0 |
Avaliación
A avaliación das materia do curso vaise facer de forma asíncrona. En cada materia haberá un exame de tipo test ou preguntas obxectivas e de desenvolvemento para avaliar os contidos da parte teórica da materia. Este exame será asíncrono e terá que estar realizado polo alumnado unha semana despois de ter rematado o período presencial da materia.
A avaliación completase co informe das prácticas realizadas. O alumnado deberá presentar un documento cos resultados dos traballos realizados no laboratorio, a medida que se fagan as prácticas e no prazo máximo dunha semana despois de rematalas. No caso de unha avaliación negativa, o alumnado disporá de una segunda oportunidade para superar a materia nas datas establecidas pola Comisión Académica.
Titulación
Especialista Universitario/a en Electrónica para Compoñentes de Automoción

