Especialista
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüísticaCódigo: TCS:1020/3
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Arte e humanidades
Inicio e fin
20/10/2024 – 12/05/2025
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
30.0 ECTS
Estado
En curso
Descrición
A localización de videoxogos é un ámbito emerxente que xera moitas saídas profesionais e necesidades laborais a día de hoxe. A Universidade de Vigo converteuse nun centro de relevancia internacional coa creación do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo, que, nas súas seis edicións ata a data, converteuse nun referente para os estudos de desenvolvemento de videoxogos de todo o mundo. Segue sendo unha formación única en todo o mundo e a continuidade do título, co gran éxito de matrícula de cada edición, seguirá mantendo á Universidade como un punto de referencia na formación neste ámbito.
Este título ofrece a formación máis exhaustiva no ámbito da localización tradicional como se profunda en ámbitos específicos actuais tales como a interpretación especializada. Todo iso, impartido por profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional para que o alumnado posúa unha visión real, completa e próxima da práctica profesional.
Saleta González fálanos da súa experiencia no seu paso polo ETIV (Video, 0´60´´)
UVigo, canteira de tradución de videoxogos Atlántico Diario 28/10/2024
Alba Calvo, profesora do ETIV, premio á mellor tradución de videoxogos de España “Si, pódese vivir de esto” 29/10/2024 La Voz de Galicia
“Vigo es una de las ciudades de referencia para la industria del videojuego. Hay una cantera de traductores que se impulsa desde el título propio, creado por Óscar Ferreiro, Ramón Méndez y José Yuste, de Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego de la Universidad de Vigo” 27/10/2024 La Voz de Galicia.
Máis información na web do grupo Paratraducción
Director/a:
Óscar Ferreiro Vázquez, Ramón Méndez González, José Yuste Frías, Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
etivigo@gmail.com
Entidade organizadora:
Facultade de Filoloxía e Tradución
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/06/2024 – 13/10/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
15/07/2024 – 14/10/2024
Modalidade
Docencia presencial/virtual
200 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
opcionais 50 horas
Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Tradución. Newton 9 (Pavillón C)
Horario
Xoves e venres de 16h a 21h (salvo festivos e pontes, cun cronograma dispoñible na páxina web para que o alumnado coñeza as datas)
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
1400 € | 1260 € | 1190 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula
Estudantado do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional(UVigo): 840,00 €
Obxectivos
O título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) ofrece unha visión completa de todos os ámbitos deste sector, con vistas a formar especialistas no exercicio profesional da tradución e interpretación. Os obxectivos do curso son:
– Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente o labor localizadora na industria do videoxogo.
– Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de revisión e control de calidade (testeo) de videoxogos.
– Adquirir os coñecementos e as competencias específicas que se necesitan para desempeñar adecuadamente os labores de interpretación especializada na industria do videoxogo.
– Adquirir os coñecementos e as competencias transversais que se necesitan para saber traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do día a día da industria do videoxogo.
Saídas Profesionais
O alumnado será quen de localizar un videoxogo en calquera rama de especialización (tradución, revisión, tradución para a prensa, interpretación, etc.) así como traballar en equipo.
Competencias Específicas
Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa na titulación específica en Tradución e Interpretación
Capacidade para aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación de forma profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemáticas dentro do ámbito de estudo
Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes ao ámbito de estudo, así como capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos
Lograr transmitir información, ideas e solucións a un público tanto especializado como xeneralista
Competencias Transversais
- Capacidade para tomar decisións
- Capacidade para traballar en equipo
- Capacidade para xestionar o tempo e o traballo
- Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións
- Capacidade para xestionar as emocións
- Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito
- Capacidade de organización e xestión de proxectos
- Capacidade para liquidar problemáticas culturais transversais
- Capacidade analítica e resolución de problemas
- Capacidade de adaptación a cada situación
Condicións de acceso
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante.
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Documento de identificación
- Currículum académico, investigador e profesional
- Expediente académico
- Carta de motivación
Criterios de selección
1) Tipo de titulación de acceso 25%
2) Nota media do expediente académico 15%
3) Formación específica 15%
4) Experiencia profesional relacionada 15%
5) Carta de motivación 30%
Metodoloxía
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200049 | Teoría de la localización | Obligatoria | 5.0 |
200050 | Práctica de la localización | Obligatoria | 12.0 |
200051 | Actividades transversales de la localización | Obligatoria | 8.0 |
200316 | Trabajo final del título | Obligatoria | 5.0 |
Profesorado
- Óscar Ferreiro Vázquez, profesor do departamento de Tradución e Lingüística
- Ramón Méndez González, profesor do departamento de Tradución e Lingüística
- José Yuste Frías, profesor do departamento de Tradución e Lingüística
- José Ramón Calvo Ferrer, Tradución e Lingüística do eido da tradución de videoxogos
- Iago Álvarez Graña, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- Gabriel Álvarez Martínez, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- Mª Francisca Barceló Avila, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
- Marc Bernabé Costa, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- David Caballero Fernández, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- Alba Calvo Porrúa, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
- Nicolás Casal Fernández, Programador en Polygon‐e experto no campo dos videoxogos
- Uxío Couto Carballido, Actor de dobraxe profesional experto no campo dos videoxogos
- Diana Díaz Montón, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
- Alfredo López Pérez, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- Josué Martínez Rodríguez, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- Fernando Moreiras Corral, Tradutor profesional experto no campo dos videoxogos
- Silvia Pradini Aranda, Tradutora profesional experta no campo dos videoxogos
Observacións sobre as prácticas
Prácticas externas extracurriculares opcionais. 50 horas.
As prácticas son unha boa experiencia tanto para o alumnado como para as empresas que buscan novos talentos.
Por iso mesmo, o título ofrece a posibilidade de organizar prácticas extracurriculares coas empresas que poidan mostrar interese nelas. As devanditas prácticas serían extracurriculares e estarían supeditadas ao interese de empresas en ofrecelas. Asegúranse un mínimo de 5 prácticas.
Nas edicións anteriores, houbo prácticas con empresas como: Inlingo, GameReactor, Corvus Belli, Gato Salvaje, Polygon‐E, Localize Direct, LocaliseMe, Wordlab, Riotloc, Tesura, Melgocinema ou MUVI, entre outras.
Avaliación
As probas de avaliación terá lugar ao final da formación de cada materia, cun traballo final que se entregara o último día de curso.Para completar o título, o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as probas de avaliación. As prácticas, ao seren optativas, non serán obrigatorias e non influirán na obtención do título.
Titulación
Especialista Universitario/a en Tradución para a Industria do Videoxogo