Unha oportunidade para a formación e reciclaxe das persoas traballadoras
O Centro de Posgrao e Formación Permanente imparte cursos de formación en colaboración coas empresas, entidades e institucións, como fórmula para responder as demandas formativas relacionadas co emprego.
Os títulos propios, polas súas características de flexibilidade e autonomía, permiten deseñar de forma áxil actividades formativas adaptadas ás necesidades de cada empresa cunha garantía de calidade avalada pola Universidade de Vigo.
As accións formativas poden estar orientados a traballadores sen titulación universitaria previa ou a graduados universitarios que necesitan unha reciclaxe profesional ou adquirir competencias novas ou altamente especializadas que demanda o sector empresarial
Todos os programas formativos, tanto abertos como a medida, conlevan un título ou diploma emitido pola Universidade de Vigo.
Títulos propios
Podes consultar a oferta actual de estudos orientados á especialización profesional
Formación a demanda
Formación adaptadas ás necesidades concretas de traballadores de empresas, institucións ou outras entidades
Estas formacións poden ser bonificadas. Para mais información visita a páxina web da Fundae
EN QUE PODEMOS AXUDARCHE?
Se desexas obter máis información contacta con nós: